Saltar ao contido

Joël Egloff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoël Egloff

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Mosela, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, guionista Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm7290855 BNE: XX1623714 Editar o valor en Wikidata

Joël Egloff, nado no ano 1970 no departamento de Mosela, é un guionista e escritor francés que vive en Metz.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de rematar o bacharelato de letras en 1988 no instituto J.-V. Poncelet de Saint-Avold, Egloff continuou os seus estudos de historia en Estrasburgo e máis tarde matriculouse na escola de cinema ESEC (École supérieure libre d’études cinématographiques) en París.

Escribiu guións e traballou como axudante de dirección. Tamén é autor de cinco novelas, incluíndo L'Étourdissement, pola que obtivo o Premio do Libro Inter no ano 2005.

Na súa obra L’Homme que l’on prenait pour un autre (Buchet-Chastel, 2008) combina poesía e humor negro. En 2017, a súa primeira novela, Edmond Ganglion & fils foi adaptada para o cinema baixo o título de Grand Froid, por Gérard Pautonnier.

  • Edmond Ganglionares & fils (1999)
  • Ce que je fais là assis par terre (2003)
  • L'Étourdissement (2004)
  • L’Homme que l’on prenait pour un autre (2008)
  • J’enquête (2016)

Relato curto

[editar | editar a fonte]
Coleccións de relatos curtos
Relatos curtos
  • "Ta maison, l’assurance te la remboursera". Le Figaro littéraire (20 de xullo de 2007)
  • "La Grande Réparation". Bienvenue en Transylvanie : neuf histoires de vampires antoloxía. París: Points n° 2971, 02/2013, p. 127-141. (ISBN 978-2-7578-3287-5)

Premios e galardóns

[editar | editar a fonte]
  • 1999: Premio Alain-Fournier por Edmond Ganglion & fils.
  • 2000: Premio Erckmann-Chatrian por Os asollados.
  • 2004: Gran premio do humor negro por Ce que je fais là assis par terre.
  • 2005: Premio do Libro Inter e Premio dos libreiros á novela Édouard-Leclerc por L'Étourdissement.
  • 2012: Gran premio da SGDL por Libellules.

Adaptacións das súas obras

[editar | editar a fonte]
  • 2007: L'Étourdissement
  • 2010: Ce que je fais là assis par terre

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]
  • 2007: Les Ensoleillés
  • 2014: L’Étourdissement

Longametraxe

[editar | editar a fonte]
  • 2017: Grand Froid, baseada na novela Edmond Ganglion & fils.
  1. rinoceronte.gal (ed.). "Os asollados". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía crítica

[editar | editar a fonte]
Crónicas
  • FERNIOT, Christine. « Étourdis et confus ». Télérama, 12 janvier 2008, n° 3026.
  • FILLON, Alexandre. « Un autre monde ». Livres hebdo, 23 de novembro de 2007, n° 711, p. 39.
Entrevistas
  • LABAT, Julien. « L’art de l’absurde ». Page des libraires, janvier-février 2008, n° 118, p. 24.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]