Saltar ao contido

Jesús Dopico Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Dopico Ferreiro
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1902 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 1970 Editar o valor en Wikidata (67/77 anos)
México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónviolinista, político Editar o valor en Wikidata

Jesús Dopico Ferreiro,[1] nado en Ferrol o 24 de decembro de 1902 e finado en México cara a 1975, foi un violinista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Presentouse ao público como violinista nun concerto no teatro Jofre de Ferrol en xullo de 1923.[2] Fixo estudos en París subvencionado pola Deputación da Coruña, e foi diplomado no Conservatorio de París. Foi solista do Teatro Lírico Nacional e foi nomeado catedrático de violín no Conservatorio Rexional da Coruña en novembro de 1935.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse no batallón de Milicias Populares Galegas.[4] Militou en Izquierda Republicana e afiliouse á UGT.[5] Foi axente da Dirección General de Seguridad.[6] Coa derrota da República pasou a Francia. Exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz no barco Ipanema o 7 de xullo de 1939.[7] Foi o primeiro presidente do Padroado da Cultura Galega de México. Foi responsable da área de Música no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón dirixido por Pedro Martul Rey. Colaborou na publicación do libro do Padroado Presencia de Galicia en México (1954).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]