Saltar ao contido

Jesús Carballo Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jesús Carballo García»)
Modelo:BiografíaJesús Carballo Taboada

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1874 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Santander, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarqueólogo, espeleólogo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orde relixiosaSociedade de San Francisco de Sales Editar o valor en Wikidata

BNE: XX880892 BUSC: carballo-taboada-jesus-1874-1961

Jesús Carballo García, tamén coñecido como Jesús Carvallo García e Jesús Carballo Taboada, nado en Santiago de Compostela o 15 de marzo de 1874 e finado en Santander o 30 de novembro de 1961, foi un músico e arqueólogo salesiano. Traballou principalmente en Santander (Cantabria) durante máis de medio século.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou orixinalmente a carreira eclesiástica como salesiano. Pasou logo á clerecía secular e foi incardinado no bispado de El Burgo de Osma. Formouse en Ciencias Naturais, en que chegou a doutorarse pola Universidade de Madrid.

Ademais de coñecido arqueólogo no ámbito local santanderino, foi tamén un virtuoso músico e políglota. Escribiu novelas históricas sobre escenarios prehistóricos e protohistóricos.

Á súa chegada a Santander foille encomendada a dirección do novo colexio salesiano, daquela aínda en construción. Creou en Santander a Sección de Espeleoloxía da Real Sociedad Española de Historia Natural. De feito, foi pioneiro en España en utilizar este termo para referirse ao estudo das cavidades naturais.

Nunha comunicación presentada en 1908 no Primeiro Congreso de Naturalistas Españois de Zaragoza afirmaba:

En España, a Espeleoloxía pasa desapercibida, malia o extraordinario incremento que vai tomando no estranxeiro, e apenas a coñecen quen estudan obras francesas ou alemás. As nosas xeoloxías e dicionarios universais descoñecen por completo esta palabra; por primeira vez soou este ano nun artigo meu, publicado con este fin no Boletín da Real Sociedad Española de marzo 1908 (...) O incremento extraordinario que nestes tempos tomaron as Ciencias Naturais, obrigounos a dividir cada unha delas en varios ramos, co fin de especificar e afondar máis as investigacións. Así (...) a xeología, que hai un século se limitaba a un conxunto de puras hipóteses, abrangue hoxe tan vasto campo de acción, que se viu obrigada a dividirse en Paleontoloxía, Mineraloxía, Estratigrafía e despois en Sismoloxía, Oceanografía, Vulcanografía, Hidroloxía etc., formando cada unha destas unha nova ciencia coas súas necesarias subdivisións. E agora o estudo das cavernas adquire tal desenvolvemento, que debe forzosamente separarse independente da súa nai a xeoloxía. Non debe confundirse con esta, porque se limita ao estudo completo das cavernas sen que investigue o mar, nin os desertos, nin os glaciales, nin os volcáns, como fai aquela. Outros confúndenna coa Prehistoria, sendo cousa moi diversa, porque esta se ocupa tan só do concerniente ao home, mentres que a Espeleoloxía comprende, ademais disto, o estudo dos fenómenos hidrolóxicos, químicos, biolóxicos etc., das cavernas".[1]

Unha das súas principais achegas culturais foi a creación do actual Museo Regional de Prehistoria y Arqueología de Cantabria, inaugurado en 1926. Estudou diversas covas e xacementos paleolíticos, protohistóricos e romanos, e algúns xacementos paleontolóxicos do Cuaternario, principalmente de Cantabria. Son destacables as súas intervencións na Cova de El Pendo (xunto co doutor Blas Larín) e na cidade romana de Xulióbriga (coa colaboración do arqueólogo Vicente Ruiz Argilés), ambas en Cantabria. Nunha das súas viaxes por motivos de saúde descubriu unha serie de pinturas na Cova de Ibeas, na Serra de Atapuerca (Burgos).

Foi membro do Centro de Estudios Montañés, comisario provincial de escavacións arqueolóxicas, director do Museo Provincial de Prehistoria e membro de entidades relacionadas co patrimonio arqueolóxico.

Morreu en Santander o 30 de novembro de 1961 tras unha longa e prolífica traxectoria profesional e literaria, de destacada vocación divulgadora. A cidade propuxo en 2007 trasladar os seus restos ó Panteón de Hombres Ilustres do camposanto santanderino.

  • Prehistoria Universal y Especial de España. Imprenta Vda. L. del Horno. Madrid. (1924).
  • El Rey de los Trogloditas. Santander. (1949).
  • Descubrimiento de la cueva y pinturas de Altamira por don Marcelino S. de Sautuola. Santander. Patronato de las Cuevas Prehistóricas. (1950).
  • Marcelino Sanz de Sautuola. Antología de Escritores y Artistas Montañeses, t. XIV. Santander. (1950).
  • Fida, la hija del último druida galaico. Aldus, S.A. Santander. (1951).
  • La Cueva de Altamira y otras cuevas con pinturas en la Provincia de Santander. 2ª edición ampliada. Patronato de las Cuevas Prehistóricas de la Provincia de Santander. Santander. (1951).
  • La caverna de Las Monedas y sus interesantes pinturas. Patronato de las Cuevas Prehistóricas de la Provincia de Santander. Santander. (En colaboración con Alfredo García Lorenzo).(1953).
  • Investigaciones Prehistóricas. Deputación Provincial. Santander. (1957).
  • Investigaciones Prehistóricas, II. Deputación Provincial. Santander. (1960).
  1. MIRET PÉREZ, Francesc. 1997, "Espeleología en el Primer Congreso de Naturalistas Españoles. Zaragoza 1908". Boletín del Museo Andaluz de la Espeleología 11:7-16. Museo Andaluz de la Espeleología, Granada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011. 
  • Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 
  • Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos. 
  • Crespo López, M.: Jesús Carballo Taboada: apuntes biográficos, bibliografía y documentos inéditos de su época salesiana (1873-1913). Altamira: Revista del Centro de Estudios Montañeses, ISSN 0211-4003, Nº 56. (2000).
  • Madariaga de la Campa, B. e Balbuena, C.: El Instituto de Santander (Estudios y documentos). Institución Cultural de Cantabria. Santander. (1971).
  • Montes Barquín, R. e Sanguino González, J. (Directores): La Cueva de El Pendo. Actuaciones arqueológicas 1994-2000. Concello de Camargo, Goberno de Cantabria, Asemblea de Cantabria. Santander. (2001).
  • Moure Romanillo, A.: Prehistoria de Cantabria: más de un siglo de historiografía y bibliografía. En: Suárez Cortina, M. (ed.): Historia de Cantabria: un siglo de historiografía y bibliografía (1900-1994), t. I: 37-68. Fundación Marcelino Botín. Santander. (1995).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]