Jan-Ove Waldner
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de outubro de 1965 (59 anos) Estocolmo, Suecia |
Altura | 180 cm |
Actividade | |
Ocupación | xogador de pimpón |
Deporte | tenis de mesa |
Participou en | |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
25 de setembro de 2000 | table tennis at the 2000 Summer Olympics – men's singles (en) (medalla de prata olímpica) |
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 |
6 de agosto de 1992 | table tennis at the 1992 Summer Olympics – men's singles (en) (medalla de ouro olímpica) |
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 |
Premios | |
| |
Jan-Ove Waldner, nado en Estocolmo o 3 de outubro de 1965,[1][2] é un xogador de tenis de mesa retirado sueco. Foi coñecido como "o Mozart do tenis de mesa",[3][4] e está considerado un dos mellores xogadores de tenis de mesa de todos os tempos. É unha lenda do deporte en Suecia e na China,[3] onde é coñecido como 老瓦 Lǎo Wǎ ("Vello Waldner") ou 常青树 Cháng Qīng Shù ("Árbore Sempre Verde"),[5] a causa da súa extraordinaria lonxevidade e competitividade.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jan-Ove Waldner naceu en Estocolmo en 1965. O seu potencial deportivo foi recoñecido dende moi novo e destacou en 1982 cando chegou á final do Campionato Europeo con dezaseis anos, perdendo contra o seu compañeiro manicho Mikael Appelgren, que nese momento era considerado o sucesor lóxico do Campión do Mundo sueco Stellan Bengtsson. Mentres aínda estaba a desenvolver o seu xogo, Waldner, xunto con outros xogadores suecos, viaxou a un campo de adestramento de nivel nacional na China, e sorprendeuse pola dedicación e a solidariedade dos xogadores chineses. Dende entón indicou que aprendera moito da súa estadía, e a partir de aí estableceu o seu obxectivo primordial de obter o éxito no tenis de mesa.
Na China, país que adora o tenis de mesa, é sen dúbida o sueco máis coñecido,[3] é un dos deportistas máis célebres. Está considerado como o xogador tecnicamente máis completo de todos os tempos, e case sen discusión o xogador non chinés de máis éxito.
Recibiu a Medalla de Ouro Svenska Dagbladet Gold Medal en 1992.
En 2010 Waldner gañou o seu noveno campionato de Suecia contra Pär Gerell, que naceu o mesmo ano que Waldner gañou o seu primeiro título de campión nacional.
Xogou para TTC Rhön-Sprudel Fulda-Maberzell na Bundesliga alemá ata maio de 2012. Ese mes, Stefan Frauenholz, presidente de Fulda-Maberzell, confirmou que Jan-Ove Waldner finalizara o seu contrato co club. Esta foi a fin da súa carreira na elite internacional, con corenta e seis anos.[6][7]
En 2012 comezou a xogar para Spårvägens BTK.[8]
O 11 de febreiro de 2016, Waldner xogou o seu último xogo na primeira liga sueca para Ängby/Spårvägen e anunciou oficialmente a súa retirada como xogador.[9]
Cando se retirou, Waldner levaba xogando na elite por máis de trinta anos, algo infrecuente no mundo do tenis de mesa debido a que a coordinación man-ollo e a rapidez das reaccións son esenciais. Algúns dos xogadores chineses cos que xogou nos últimos tempos foron adestrados por aqueles cos que xogou na década de 1990, que á súa vez foran adestrado por aqueles contra os que xogou na década de 1980.
É un dos sete xogadores que competiu nos cinco primeiros xogos olímpicos dende a introdución do tenis de mesa en 1988. Tamén é un dos únicos cinco xogadores masculinos que logrou un grand slam (Campionatao do Mundo e Copa Mundial individual e Campionato Olímpico individual), que logrou en 1992.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jan-Ove Waldner profile Arquivado 23 de outubro de 2008 en Wayback Machine.. Swedish Table Tennis Federation
- ↑ Biography of WALDNER Jan-Ove Arquivado 9 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.. ITTF.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Bishop, G. (23 de agosto de 2008). A Swedish face for China’s beloved sport. The New York Times.
- ↑ Clarey, C. (23 de agosto de 2004). For 'table tennis Mozart,' few high notes. International Herald Tribune.
- ↑ Jan-Ove “Evergreen” Waldner – Table Tennis Legend. Game Tables Online
- ↑ "Table Tennista Europe". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2019. Consultado o 22 de agosto de 2019.
- ↑ Páxina web Fulda-Maberzell, consultado o 19 de xullo de 2012
- ↑ "Spårvägens BTK men's team in the 2012/13 season". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2019.
- ↑ "Waldner Officially retired". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2019. Consultado o 22 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Suecia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Svenskar i världen (Swedes in the World), edición da primavera de 2005, revista sueca.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Swedish championship statistics
- Jan-Ove Waldner vs. Mikael Appelgren – 1990 U.S. Open Table Tennis Championships Video en Wayback Machine (archived 2010-02-11)
- Chinese TV interview mixed with video clips of his career
- Jan-Ove Waldners website for Chinese fans
- Jan-Ove Waldners website for English speaking fans
- Waldner retires