Saltar ao contido

Izaak Mikołaj Isakowicz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIzaak Mikołaj Isakowicz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1824 Editar o valor en Wikidata
Lisec, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte29 de abril de 1901 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Lviv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Lychakiv, поле 4 49°49′57″N 24°03′11″L / 49.83246, 24.05304 Editar o valor en Wikidata
Membro da Cámara dos Lords de Austria
12 de decembro de 1882 –
Arcebispo católico
19 de marzo de 1882 –
← Grzegorz Józef Romaszkan (en) TraducirJózef Teodorowicz →
Membro da Dieta de Galitzia e Lodomeria
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica armenia Editar o valor en Wikidata
EducaciónSeminary in Lviv (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1882–), sacerdote católico (1848–), diácono (1848–), político Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónAlbin Dunajewski (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Izaak Mikołaj Isakowicz[1] (en armenio: Իսահակ Միկոլայ Իսակովիչ; en ucraíno: Ісаак Миколай Ісакович), nado o 6 de xuño de 1824 en Lysets (Reino de Galicia e Lodomeria, hoxe Ucraína) e finado o 29 de abril de 1901 en Lviv, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Lviv dende 1882 até o seu pasamento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Naceu o 6 de xuño de 1824 en Lysets, nunha familia da nobreza armenia. Era fillo de Samuel e Rypsymy, de apelido de solteira Słowacki, emparentada co poeta Juliusz Słowacki. Logo de rematar os seus estudos en Stanisławów en 1844, entrou no seminario en Lviv.

Sacerdocio

[editar | editar a fonte]

Foi ordenado sacerdote o 6 de agosto de 1848 polo arcebispo Samuel Cyryl Stefanowicz, e posteriormente exerceu diversos encargos: foi vigairo en Tysmenytsia en 1848, vigairo en Stanisławów a partir de 1849, capelán en Suceava (Bucovina) a partir de 1861, preboste e custodio do santuario mariano de Stanisławów a partir de 1865, cóengo honorario do capítulo armenio de Lviv a partir de 1871, deán de Stanisławów a partir de 1877, e administrador de Tysmenytsia a partir de 1881.

Renovou por dúas veces a igrexa de Stanisławów, a primeira entre os anos 1855 e 1858, a segunda logo dun incendio en 1868. Ocupouse da difusión do culto á imaxe da Nai de Deus da Graza, entón na igrexa armenia de Stanisławów, e obtivo en 1870 unha indulxencia especial do papa Pío IX para o santuario. Escritor de literatura cristiá, publicou entre 1856 e 1879 varios libros, principalmente no campo homilético; os títulos máis famosos como "Ojcze nasz" (O Noso Pai) teñen sido reimpresos en varias ocasións. Defendeu tamén a permanencia do rito armenio na obra publicada en Viena en 1861 "Odprawa autorowi".

Involucrouse tamén no eido social, e entre 1867 e 1882 foi concelleiro da cidade de Stanisławów. Tamén a partir de 1869 presidiu o orfanato para nenos de Stanisławów e a cooperativa de crédito municipal, e foi organizador dun internado feminino para estudiantes. Apoiou financeiramente a moitos estudantes, entre eles ao seu sobriño, o destacado pintor Teodor Axentowicz.

Pontificado

[editar | editar a fonte]

Logo do pasamento do arcebispo Grzegorz Józef Romaszkan foi elixido o 12 de xaneiro de 1882 como novo arcebispo polo clero diocesano. O 19 de marzo obtivo a aprobación do emperador Francisco Xosé I, e o 3 de xullo a confirmación da súa elección polo papa León XIII. Recibiu a consagración episcopal o 28 de agosto de 1882 de mans do bispo de Cracovia Albin Dunajewski, e tivo como co-consagrantes aos bispos auxiliares de Lviv dos Latinos, Seweryn Morawski, e de Lviv dos Ucraínos, Sylvestr Sembratovych.

Busto do arcebispo na catedral armenia de Lviv.

Estabeleceu unha parroquia en Suceava (Bucovina) en 1891, e en 1898 dedicou a capela á Virxe do Perpetuo Socorro en Lviv, no mosteiro das Irmás Bieitas Armenias. Aumentou o clero diocesano ao aceptar nel aos sacerdotes armenios de rito latino. Logo dunha petición de Isakowicz, a Congregación para a Propagación da Fe reformou o breviario armenio en 1892, e en 1896 aprobou os estatutos do capítulo da catedral armenia de Lviv.

Tumba do arcebispo no cemiterio Lychakiv de Lviv.

Finou o 29 de abril de 1901 en Lviv. Segundo a súa vontade, no canto de flores fixéronse doazóns á escola secundaria de Cieszyn. Foi enterrado no cemiterio Lychakiv, a carón da tumba do tamén arcebispo de Lviv Samuel Cyryl Stefanowicz.

  • Kazania i nauki na wzystkie uroczystości w przeciągu całego roku. Lviv. 1856. 
  • "Ojcze nasz" na ośm nauk passyjnych rozłożony tudzież przypowieści Chrystusowe w naukach passyjnuch wykładane. Lviv. 1860. 
  • Odprawa autorowi broszury "Głos do ziomków obrządku ormiańko-katolickiego". Viena. 1861. 
  • Kazania niedzielne w przeciągu całego roku. Lviv. 1862. 
  • Kazania pasyjne. Cracovia. 1872. 
  • Dwa kazania powiedziane w uroczystość ś. Stanisława Kostki w kościele OO. Jezuitów oraz w Święto Niepokalanego Poczęcia N. P. Maryi. Lviv. 1883. 
  • Wszystkim wiernym archidyecezyi naszej, duchownym i świeckim pozdrowienie i błogosławieństwo w Panu. Lviv. 1898. 

Conmemoracións

[editar | editar a fonte]

En 1905 foi inaugurado un busto do arcebispo na catedral armenia de Lviv, esculpido en mármore branco por Juliusz Wojciech Bełtowski. Até 1939, unha rúa e unha escola en Lviv levaban o seu nome. O 15 de maio de 2001 o cardeal Franciszek Macharski inaugurou unha placa conmemorativa polo centésimo aniversario da súa morte no mosteiro carmelita de Cracovia; neste mesmo mosteiro hai un retrato do arcebispo. A Galería de Arte de Lviv acolle outro retrato do arcebispo, obra de Teodor Axentowicz.

Co gallo do centésimo aniversario do seu pasamento, o patriarca de Cilicia Narsés Pedro XIX viaxou de Beirut a Lviv. O 4 de novembro de 2001 pregou na tumba do arcebispo, e no mesmo día celebrou unha misa na catedral greco-católica de San Xurxo e un funeral na catedral armenia. Tamén pregou na igrexa armenia de Ivano-Frankivsk, hoxe catedral da Igrexa ortodoxa autocéfala ucraína.

  1. Os armenios de Galicia tiñan como lingua propia o polaco.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Grzegorz Józef Romaszkan
 Arcebispo de Lviv 
1882 - 1901
Sucesor:
Józef Teofil Teodorowicz