Saltar ao contido

Isidoro Cid Rivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsidoro Cid Rivo
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1899 Editar o valor en Wikidata
Seixalbo, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1333

Isidoro Cid Rivo, nado en Seixalbo (Ourense) o 29 de xaneiro de 1899,[1] foi un mestre galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre en Paderne, trasladado a Vigo en 1934. Vencellado ao PCE, foi secretario da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo,[2] secretario da Sociedade de amigos da URSS e secretario do Ateneo de Vigo.[3]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido durante tres meses de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense.[4] Saíu de Lisboa cara Uruguai xunto coa muller e tres fillas. Foi xulgado en Vigo por rebelión militar e declarado en rebeldía. En Montevideo traballou na Casa de Galicia como cobrador. Foi secretario da delegación da UGT no Uruguai. Colaborou en España Democrática e posiblemente na audición radial Sempre en Galicia.

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 16. 
  2. Álvarez Castro, Xosé (2019). "Sindicalistas en Vigo (e 2)"
  3. Fernández González, Manuel (2005). La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República (PDF) (Tese) (en lingua castelá). USC. .
  4. "Maestros pontevedreses suspendidos", La Voz de Galicia, 13-8-1936, p. 6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]