Saltar ao contido

Isópodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Isópodo»)
Isópodos
Isopoda

Rango fósil: 300 Ma - actualidade

Armadillidium sp., un isópodo presente en Galicia
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Subclase: Eumalacostraca
Superorde: Peracarida
Orde: Isopoda
Latreille, 1817
Subordes
  • Véxase o texto

A dos isópodos (Isopoda) é unha orde de crustáceos malacostráceos eumalacostráceos da superorde dos peracáridos, a que presenta máis diversidade biolóxica.

Comprende unhas 10 000 especies, distribuídas en nove subordes, de ampla distribución en toda clase de medios, especialmente no mariño, aínda que tamén existen especies dilciacuícolas e mesmo terrestres.

Estudos filoxenéticos e dos fósiles, dan indicios de que esta orde data polo menos do paleozoico, hai uns 300 millóns de anos.

Características

[editar | editar a fonte]

O seu corpo consta de tres rexións ou tagmas: cabeza, tórax e abdome.

A cabeza posúe dous pares de antenas; o primeiro está ben desenvolvido e utilízano para explorar, saborear e ulir a comida; o segundo é pequeno e invisíbel externamente.

O tórax está formado por oito segmentos, cada un dos cales ten un par de patas; o primeiro segmento ten fusionada a cabeza; os sete segmentos restantes forman o pereion.

Ao final do abdome presentan un par de apéndices chamados urópodos.

Adoitan seren de pequeno tamaño, e algunhas especies teñen a capacidade de enrolarse formando bólas.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Armadillidium granulatum, un isópodo terrestre desenrolándose.
Exemplos de isópodos mariños.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1817 polo sacerdote católico e notábel entomólogo francés Pierre André Latreille.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico da orde, Isopoda, é un substantivo neutro plural do latín científico que está formado polos elementos iso- e -poda, tirados do elemento do grego antigo ἰσο- iso-, derivado do termo ἴσος ísos, 'igual', e o substantivo πούς, ποδός poús, podós, 'pé', 'pata', facendo referencia a que todas as patas que posúen estes animais son iguais.[3] O termo foi usado por primeira vez en 1835 en francés como isopode.[3] Isto contrasta cos seus parentes os anfípodos (Amphipoda), que teñen dous tipos de patas torácicas.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A orde dos Isopoda divídese, segundo Martin e Davis, en nove subordes.[4]

Porén, o ITIS considera ademais a

  1. Scholtz, Gerhard (2008). "Scarab beetles at the interface of wheel invention in nature and culture?". Contributions to Zoology (National Museum of Natural History Naturalis) 77 (3). ISSN 1875-9866. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Isopoda Latreille, 1817 no ITIS.
  3. 3,0 3,1 isopod no Online Etymology Dictionary.
  4. Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF). Natural History Museum of Los Angeles County. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 14 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brandt, A. & Poore, G. C. B. (2003): "Higher classification of the flabelliferan and related Isopoda based on a reappraisal of relationships". Invertebrate Systematics 17: 893-923.
  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (1990): Invertebrates. Sunderland, MA (USA): Sinauer Associates. ISBN 0-87893-098-1.
  • Schotte, M., B. F. Kensley & S. Shilling (1995): "World list of Marine, Freshwater and Terrestrial Crustacea Isopoda". Washington, D.C., USA: National Museum of Natural History Smithsonian Institution. Ver en liña en Isopod.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.