Saltar ao contido

Inxeba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Inxeba
Ficha técnica
Título orixinalInxeba
DirectorJohn Trengove
ProdutorElias Ribeiro
Cait Pansegrouw
GuiónJohn Trengove
Thando Mgqolozana
Malusi Bengu
IntérpretesNakhane Touré
MúsicaJoão Orecchia
FotografíaPaul Ozgur
MontaxeMatthew Swanepoel
EstreaFestival de Sundance: 22 de xaneiro de 2017
Duración88 minutos
OrixeSudáfrica Suráfrica
Francia
Alemaña Alemaña[1]
XéneroDrama
Recadación$30 678 (USA)[2][3]
R598 571 (Suráfrica)[4]
Na rede
IMDB: tt6333070 Filmaffinity: 386517 Allocine: 252148 Rottentomatoes: m/the_wound_2017 Mojo: thewound Allmovie: v673673 Metacritic: movie/the-wound Netlix: 80170992 Editar o valor en Wikidata

Inxeba[5] (do xosa: "ferida") é un filme surafricano de 2017 dirixido por John Trengove.[6] Estreouse na Competición de Cine Dramático do Mundo no Festival de Cinema de Sundance de 2017[7] e na sección Panorama do Festival de Cine de Berlín.[8] O filme abriu o Festival Internacional de Cine LGBT de Tel Aviv en 2017.[9] Foi escollido como candidato de Suráfrica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios,[10][11] pasando á lista de preclasificados de decembro,[12] mais finalmente non foi nomeado.

A historia conta unha relación oculta entre dous homes no contexto do ritual de iniciación xosa do Ulwaluko.[13][14] Xolani, obreiro dunha fábrica, únese aos homes da súa comunidade na cerimonia anual nas montañas do Cabo Oriental. Ademais de servir de mentor dos iniciados, Xolani agarda o evento xa que lle brinda a oportunidade de restablecer a súa relación sexual e romántica con Vija. Cando Xolani é asignado como mentor de Kwanda, un mozo de Johannesburgo, axiña se decata de que Kwanda tamén é homosexual, e Kwanda pronto descobre a natureza da relación entre Vija e Xolani. Axiña xorden tensións entre os tres.[15]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Nakhane Touré como Xolani
  • Bongile Mantsai como Vija
  • Niza Jay Ncoyini como Kwanda
  • Siphosethu "Seth Singer" Ngcetane como Nkosi
  • Loyiso Lloyd N Ngqayana como iniciado de Vija
  • Sibabalwe Esbie Ngqayana como Zuko
  • Halalisani Bradley Cebekhulu como Lukas
  • Inga Qwede como Ncedo
  1. "The Wound (2017)". Unifrance. Consultado o 16 de outubro de 2017. 
  2. "The Wound". Box Office Mojo. IMDb. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2017. Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  3. "Inxeba (2017)". The Numbers. Nash Information Services. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2017. Consultado o 21 de outubro 2017. 
  4. O'Reilly, Athena; Madibogo, Julia (8 de febreiro de 2018). The Sowetan, ed. "Inxeba cast members moved to safe house amidst security threats". Tiso Blackstar Group. Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  5. Tjiya, Emmanuel (30 de xaneiro de 2018). The Sowetan, ed. "‘Inxeba’ (The Wound) film review". Tiso Blackstar Group. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. TFL Extended (ed.). "The Wound". TorinoFilmLab. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2017. Consultado o 21 de decembro de 2016. 
  7. Erbland, Kate (30 de novembro de 2016). IndieWire, ed. "Sundance 2017 Announces Competition and NEXT Lineups, Including Returning Favorites and Major Contenders". Penske Business Media. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  8. Press Office (20 de decembro de 2016). "Berlinale Panorama 2017: The Wound Selected to Open Panorama's Main Programme / Focus on "Black Worlds" and "Europa Europa"". Berlin International Film Festival. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 21 de decembro de 2016. 
  9. TLVFest (ed.). "The Wound". Tel Aviv Cinematheque. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2017. Consultado o 8 de xuño de 2017. 
  10. Blignaut, Charl (1 de outubro de 2017). Channel24, ed. "Xhosa initiation film Inxeba (The Wound) selected as South Africa’s Oscars bid". News24. Consultado o 1 de outubro de 2017. 
  11. Vourlias, Christopher (1 de outubro de 2017). Variety, ed. "South Africa Enters ‘The Wound’ in Foreign-Language Oscar Race". Penske Business Media. Consultado o 1 de outubro de 2017. 
  12. Pond, Steve (14 de decembro de 2017). TheWrap, ed. "Oscars Foreign Language Shortlist Includes 'The Square,' 'A Fantastic Woman'". Consultado o 14 de decembro de 2017. 
  13. "Mdoda, Anele (29 de agosto de 2017). "Lynn Forbes & Nakhane". Real Talk with Anele. Tempada 3. Episodio 103. YouTube. SABC 3. Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  14. "Outcry Over Reclassification of Inxeba". The Callsheet. 14 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2018. Consultado o 15 de febreiro de 2018. 
  15. Sobczynski, Peter (16 de agosto de 2017). "The Wound". RogerEbert.com. Ebert Digital LLC. Consultado o 6 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]