Saltar ao contido

Imperio Gupta

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaImperio Gupta
गुप्त (sa)
गुप्त राजवंश (hi) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
CapitalPataliputra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialLingua sánscrita Editar o valor en Wikidata
RelixiónHinduísmo e budismo Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación320 Editar o valor en Wikidata
Disolución550 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porGurjara-Pratihara (en) Traducir, Império Pala (pt) Traducir, Rashtrakuta dynasty (en) Traducir, Império Heftalita (pt) Traducir e Empire of Harsha (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata

O Imperio Gupta foi un imperio que existiu desde principios do século IV da nosa era ata principios do século VI da nosa era. No seu apoxeo, entre os anos 319 e o 467 d.C. aproximadamente, abarcou gran parte do subcontinente indio.[1] Este período foi considerado como a Idade de Ouro da India por algúns historiadores,[2] aínda que esta caracterización foi discutida por outros historiadores.[n. 1][n. 2][5][6] A dinastía gobernante do imperio foi fundada por Gupta, e os gobernantes máis notables da dinastía foron Chandragupta I, Samudragupta, Chandragupta II e Skandagupta. O poeta sánscrito do século V da nosa era Kalidasa atribúe aos Gupta a conquista duns vinte e un reinos, tanto dentro como fóra da India, incluídos os reinos dos parasikas, dos hunas, dos kambojas, e as tribos situadas nos vales occidental e oriental do río Amu Daria, os kinnaras, os kiratas, e outros.[7][8][9]

Os puntos álxidos deste período son os grandes desenvolvementos culturais que tiveron lugar principalmente durante os reinados de Samudragupta, Chandragupta II e Kumaragupta I. Moitas epopeas e fontes literarias hindús, como Mahabharata e Rāmāyaṇa, foron exaltadas durante este período.[10] O período Gupta produciu eruditos como Kalidasa,[11] Âryabhata, Varahamihira e Vatsyayana, que fixeron grandes avances en moitos campos académicos.[12][11][13][11][14] A ciencia e a administración política alcanzaron novas cotas durante a era Gupta.[11] O período, ás veces descrito como Pax Gupta', deu lugar a logros en arquitectura, escultura e pintura que "estableceron estándares de forma e gusto [que] determinaron todo o curso posterior da arte, non só na India senón moito máis alá das súas fronteiras".[15] Os fortes lazos comerciais tamén converteron á rexión nun importante centro cultural e establecérona como unha base que influiría nos reinos e rexións próximos da India e o Sueste asiático.[16][Verificar credibilidade] Tamén se cre que os Puranas, que eran poemas anteriores e que versaban sobre diversos temas, plasmáronse en textos escritos nesta época.[15][17] Os gobernantes seguían o hinduísmo e os brahmanes floreceron no imperio Gupta, pero os Gupta tamén toleraban a persoas doutras relixións.[18]

O imperio desapareceu debido a unha serie de factores como a perda substancial de territorio e da autoridade imperial causada polos seus antigos feudatarios, así como a invasión desde Asia Central dos pobos Huna (Kidarites e Hunos Alchon).[19][20] Despois do colapso do Imperio Gupta no século VI, a India volveu a estar dividida en numerosos reinos rexionais.

A orixe dos Guptas é dubidosa.[21] Segundo unha teoría, orixináronse na actual rexión do baixo doab de Bihar e Uttar Pradesh,[22], onde se descubriron a maior parte das inscricións e das moedas dos primeiros reis Gupta.[23][24] Esta teoría tamén é apoiada polo Purana, que menciona o territorio dos primeiros reis Gupta como as áreas de Prayaga, Saketa e Magadha na conca do río Ganxes.[25][26]

Outra destacada teoría sitúa a súa orixe na rexión de Bengala, segundo o texto do monxe budista chinés do século VII Yijing. De acordo con Yijing, o rei Che-li-ki-to (identificada co fundador da dinastía Shri Gupta) construíu un templo para os peregrinos chineses preto de Mi-li-kia-si-kia-po-no (aparentemente unha transcrición de Mriga-shikha-vana). Yijing afirma que este templo estaba situado máis de 40 yojanas ao leste de Nalanda, o que significaría que estaba nalgún lugar da moderna rexión de Bengala.[27] Outra hipótese é que o primeiro reino Gupta se estendese dende Prayaga no oeste á Bengala setentrional no leste.[28]

Os rexistros dos gupta non se mencionan os varna (clase social) da dinastía.[29] Algúns historiadores, como A.S. Altekar, teorizaron que eran de orixe vaishia, xa que certos textos indios antigos prescriben o nome "Gupta" para os membros da varna vaishia.[30][31] Segundo o historiador R. S. Sharma, os vaishias -tradicionalmente asociados ao comercio- poderían converterse en gobernantes tras resistirse aos impostos opresivos dos gobernantes anteriores. [32] Os críticos da teoría da orixe vaishia sinalan que o sufixo Gupta aparece nos nomes de varios non vaishias, tanto antes como durante o período Gupta,[33] e o nome dinástico "Gupta" pode derivar simplemente do nome do primeiro rei da familia Gupta.[34]. Algúns estudosos, como S. R. Goyal, sosteñen a teoría de que os gupta eran brahmanes, porque mantiñan relacións matrimoniais con brahmanes, pero outros rexeitan esta evidencia por non ser concluínte.[35] Baseándose nas inscricións de Pune e Riddhapur da princesa gupta Prabhavatigupta, algúns estudosos cren que o nome do seu gotra (clan) paterno era "Dharana", pero unha lectura alternativa destas inscricións suxire que Dharana era o gotra da súa nai Kuberanaga.[36]

A raíña Kumaradevi e o rei Chandragupta I, nunha moeda de ouro
Moeda de Samudragupta, co piar Garuda, British Museum

O fundador da dinastía foi Sri Gupta, que gobernaba Bengala, no ano 280[37] O seu fillo e sucesor Gatotkacha gobernou probablemente en 280-319. En contraste co seu sucesor, Chandragupta I, a quen se menciona como Maharajadhiraja, el e o seu fillo Ghatotkacha figuran en inscricións como maharajá.[38] Ghatotkacha iniciou unha política de expansión anexionando pequenos reinos hindús, este gobernou ata o ano 319.

Ghatotkacha foi sucedido polo seu fillo, Chandragupta I, que gobernou entre os anos 319 e 335. Casou con Kumar Devi, unha princesa Licchavi, recibindo un importante dote tanto económica e territorial en Madadha, con capital en Pataliputra, como de prestixio o emparentarse cunha importante familia de ampla tradición na India. Ademais de politicamente tamén expandiu o imperio conquistando gran parte de Madadha, Prayaga e Saketa. Asumiu o título imperial de Maharajadhiraja.

Samudragupta

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Samudragupta.

Samudragupta sucedeu ao seu pai ao redor de 335 ou 350 d.C., e gobernou até c. 375 d.C..[39] Samudragupta continuou unha política de conquistas que consolidaron o Imperio e levou a este a un período de esplendor político, cultural e militar. A inscrición do Piar de Allahabad, composta polo seu cortesán Harishena, atribúelle extensas conquistas.[40] A inscrición afirma que Samudragupta desterrou a oito reis de Āryāvarta, da rexión do norte, incluídos os Nagas.[41] Ademais, afirma que subxugou a todos os reis da rexión boscosa, que moi probablemente se atopaba no centro da India.[42] Tamén se lle atribúe a derrota de 12 gobernantes de Dakshinapatha, a rexión meridional: a identificación exacta de varios destes reis é obxecto de debate entre os eruditos modernos,[43] pero está claro que estes reis gobernaban zonas situadas na costa oriental da India.[44] A inscrición suxire que Samudragupta avanzou até o reino da Pallava no sur, e derrotou a Vishnugopa, o rexente Pallava de Kanchi.[45] Durante esta campaña meridional, Samudragupta probablemente atravesou a zona boscosa do centro da India, chegou á costa oriental na actual Odisha, e logo marchou cara ao sur ao longo da costa do Golfo de Bengala.[46]

Evolución do territorio gupta, cos estados veciños

A inscrición do Piar de Allahabad menciona que os gobernantes de varios reinos fronteirizos e oligarquías tributaban a Samudragupta, obedecían as súas ordes e rendíanlle pleitesía.[47][9] Os reinos fronteirizos incluían a Samatata, Davaka, Kamarupa, Nepal e Karttripura.[48] As oligarquías tribais incluían a Malavas, Arjunayanas, Yaudheyas, Madrakas, e Abhiras, entre outras.[9]

Por último, a inscrición menciona que varios reis estranxeiros trataron de compracer a Samudragupta coa súa asistencia persoal; ofrecéronlle ás súas fillas en matrimonio (ou, segundo outra interpretación, regaláronlle doncelas[49]); e solicitaron o uso do selo Garudá, que representa a Gupta, para administrar os seus propios territorios.[50]. Isto é unha esaxeración: por exemplo, a inscrición enumera ao rei do reino de Simhala entre estes reis. Sábese por fontes chinesas que o rei Simhala Meghavarna enviou ricos presentes ao emperador Gupta solicitando o seu permiso para construír un mosteiro budista en Bodh Gaya: O panexirista de Samudragupta parece describir este acto de diplomacia como un acto de servilismo.[51]

Samudragupta parece que era visnuista, como o testemuña a súa inscrición en Eran,[52][53] e realizou varias cerimonias brahmánicas.[54] Os rexistros de Gupta atribúenlle facer xenerosas doazóns de vacas e ouro.[52] Levou a cabo o ritual Ashvamedha (sacrificio de cabalos), utilizado polos antigos reis e emperadores indios para demostrar a súa soberanía imperial, e emitiu moedas de ouro (véxase Moeda máis adiante) para conmemorar esta actuación.[55]

A inscrición do piar de Allahabad presenta a Samudragupta como un rei sabio e un administrador estrito, que tamén era o suficientemente compasivo como para axudar aos pobres e aos desamparados.[56] Tamén alude ao talento do rei como músico e poeta, e chámao o «rei dos poetas».[57]. Tales afirmacións son corroboradas polas moedas de ouro de Samudragupta, que o representan tocando unha veena.[58]

Samudragupta parece controlar directamente unha gran parte da chaira indoganxética na India actual, así como unha parte substancial da India central.[59] Ademais, o seu imperio comprendía unha serie de estados tributarios monárquicos e tribais do norte da India, e da rexión costeira do sueste da India.[60][44]

Ramagupta

[editar | editar a fonte]
Buda de pé en arenisca vermella, Arte de Mathura, período Gupta c. século V d.C.. Museo de Mathura[61]

Ramagupta é coñecido por unha obra do século VI, Devichandragupta, na que entrega á súa raíña aos Saka inimigos e o seu irmán Chandragupta ten que coarse no campamento inimigo para rescatala e matar o rei Saka. A historicidade destes feitos non está clara, pero a existencia de Ramagupta está confirmada por tres estatuas Jain atopadas en Durjanpur, con inscricións que se refiren a el como o Maharajadhiraja. Tamén se atopou un gran número das súas moedas de cobre na rexión de Eran-Vidisha e clasificáronse en cinco tipos distintos, que inclúen o Garudá,[62] Garudadhvaja, leó e lenda fronteiriza. As lendas Brahmi destas moedas están escritas no estilo gupta temperán..[63]

Chandragupta II "Vikramaditya"

[editar | editar a fonte]

Segundo os rexistros Gupta, Samudragupta nomeou, entre os seus fillos sucesor ao príncipe Chandragupta II, nacido da raíña Dattadevi. Chandragupta II, Vikramaditya (Valente como o Sol), gobernou desde o ano 375 até o 415. casou cunha princesa kadamba do Kuntala e de liñaxe naga (Nāgakulotpannnā), Kuberanaga. A súa filla Prabhavatigupta desta raíña Naga casou con Rudrasena II, o rei Vakataka de Deccan.[64] O seu fillo Kumaragupta I casou cunha princesa kadamba da rexión de Karnataka. Chandragupta II expandiu os seus dominios ao oeste, derrotando os Saka, Sátrapas occidentais de Malwa, Gujarat e Saurastra nunha campaña que durou ata 409. O seu principal opoñente Rudrasimha III foi derrotado no 395, e domiou aos cacicazgos de Bengala. Isto estendeu o seu control de costa a costa, estableceu unha segunda capital en Ujjain que foi o punto culminante do imperio.[Cómpre referencia] As inscricións de Kuntala indican o goberno de Chandragupta II no país de Kuntala de Karnataka.[65]A Inscrición de Hunza tamén indica que Chandragupta puido gobernar o noroeste do subcontinente indio e procedeu a conquistar Balkh, aínda que algúns estudosos tamén cuestionaron a identidade do emperador gupta.[66][67] O rei Chalukya Vikramaditya VI (r. 1076 - 1126 d.C.) menciona a Chandragupta co seu título e afirma: «Por que a gloria dos reis Vikramaditya e Nanda ía seguir sendo un obstáculo máis? El cunha orde en voz alta abolio esa (era), que ten o nome de Saka, e fixo esa (era) que ten o nome Chalukya».[68]

Moedas de ouro de Chandragupta II

A pesar da creación do imperio a través da guerra, o reinado é lembrado polo seu estilo moi influente de arte hindú, literatura, cultura e ciencia, especialmente durante o reinado de Chandragupta II. Algunhas excelentes obras de arte hindú como os paneis do Templo Dashavatara en Deogarh serven para ilustrar a magnificencia da arte gupta. Por encima de todo, foi a síntese de elementos o que deu á arte gupta o seu sabor distintivo. Durante este período, os Gupta apoiaron tamén as florecentes culturas budista e xainista e, por este motivo, existe tamén unha longa historia de arte do período Gupta non hindú. En particular, a arte budista do período Gupta sería influente na maior parte de Asia oriental e sudoriental. Moitos avances foron rexistrados polo erudito e viaxeiro chinés Faxian no seu diario e publicados posteriormente.

Kumaragupta continuou a política de consolidación e estabilidade. Asumiu o título de Mahendraditya[69] e gobernou ata 455.

Skandagupta, fillo e sucesor de Kumaragupta I, adoita ser considerado o último dos grandes gobernantes Gupta. Asumiu os títulos de Vikramaditya e Kramaditya.[70] Derrotou a ameaza de Pushyamitra, mais despois comezou a sufrir os primeiros embates serios dos hunos brancos ou heftalitas, que proviñan do noroeste. Repeleu o ataque arredor 455, pero os gastos que implicou a guerra levaron ao esgotamento dos recursos do imperio e contribuíron a acelerar a súa decadencia.[71] Tralo pasamento de Gundagupta, o imperio fragmentouse nunha parte oriental e outra occidental o que facilitou a súa desintegración.

Despois da morte de Skandagupta, o imperio decaeu claramente,[72] e as acuñacións posteriores indican a perda do control de gran parte da India occidental despois de 467–469.[1]

Kamaragupta foi sucedido por Purugupta (467-473), Kumaragupta II (473-476), Budhagupta (476-495), Narasimhagupta (495-?), Kumaragupta III (530-540), Vishnugupta (540-550) e dous reis menos coñecidos, chamados Vainyagupta e Bhanugupta. Nos anos 480, os heftalitas desbarataron as defensas dos Gupta no noroeste, e contra o ano 500 invadiron gran parte do imperio, que se desintegrou polos ataques de Toramana e do seu sucesor Mihirakula. Polas inscricións, parece que o imperio, aínda que disminuido, resistiu os hunos, xa que Bhanugupta venceu a Toramana en 510.[73][74] O emperador gupta Narasimhagupta e o rei Yashodharman de Malwa aliáronse para desviar os hunos cara ao sur da India en 528.[75] En todo ese tempo, non está clara a sucesión nin onde residía realmente o poder, mais parece que, despois de que os emperadores Bhanugupta e Narasimhagupta derrotasen os diferentes ataques, o último emperador foi Vishnugupta.

A última inscrición coñecida dun emperador Gupta é do reinado de Vishnugupta,[76] en que fai unha concesión de terra na área de Kotivarsha en 542/543.[77] A isto segue a ocupación da maior parte do norte e o centro da India polo gobernante Aulikara Yashodharman arredor de 532.[77]

Un estudo de 2019 do arqueólogo Shanker Sharma concluíu que a causa da caída do Imperio Gupta foi unha inundación devastadora que tivo lugar a mediados do século VI en Uttar Pradesh e Bihar.[78]

Gobernantes do Imperio Gupta

[editar | editar a fonte]

Organización política

[editar | editar a fonte]

O poder supremo descansaba no emperador, pero era nomeado pola asemblea quen tamén tiña competencía para analizar e xulgar as acción de goberno e tamén para asesoralo nela. Estaba formada por líderes militares, sacerdotes e representantes de corporacións e ata de clases baixas.

A función de goberno ordinaria recaía no consello de ministros formado entre 3 e 37 membros. O consello tiña sesións secretas e ás veces impuña o seu punto de vista. Os seus deberes eran regular o referente á pompa real: coroamento, desprazamentos, honras fúnebres do soberano; e tamén manter a orde para evitar a anarquía. Dentro dos asuntos externos debían realizar as relacións diplomáticas, asinar tratados e rexistrar a información sobre os tributos recibidos do estranxeiro.

Por debaixo atopábase o escalafón de recadadores de impostos e os oficiais reais, quen vixiaban as diferentes ramas da economía.

O exército

[editar | editar a fonte]
Moeda de ouro da era Gupta cun rei Gupta sostendo un arco

O Imperio Gupta non podería triunfar sen unha boa organización militar. As fontes principais de información neste campo son chinesas e de observadores occidentais, aínda que hai un documento indio contemporáneo considerado clásico, o Siva-Dhanur-veda, que ofrece unha visión interna do sistema militar dos Guptas.

Os Gupta parece que basearon o seu exército nos arqueiros de infantaría, equipados cun grande arco de metal ou de bambú e frechas de bambú con punta metálica. A diferenza do arco composto empregado polos seus inimigos asiáticos, o arco deste deseño sería menos propenso á deformación nas condicións de humidade que prevalecen na rexión. O arco indio foi unha arma poderosa, capaz dun gran poder de penetración e efectiva contra os arqueiros a cabalo invasores. Empregáronse eixes de ferro contra os elefantes acoirazados, e frechas de lume como parte do arsenal dos arqueiros. Os nobres utilizaban arcos de aceiro, menos correntes que os de bambú, de grande alcance e poder de penetración. Os arqueiros estaban protexidos pola infantaría, equipada con escudos, xavelinas e espadas longas. Tamén coñecían as catapultas e outras máquinas de asedio sofisticadas.

Seica amosaron pouca predilección polos arqueiros a cabalo. Os seus triunfos militares debéronse probablemente ao uso combinado de elefantes, cabalería acoirazada e arqueiros a pé.[79] Así mesmo, contaban cunha mariña de guerra que controlaba as augas rexionais.

O colapso do Imperio Gupta ante os hunos non foi debido a defectos inherentes ao exército, senón a problemas internos, como estaba a ocorrer tamén na Europa occidental e na China.

Durante o reinado de Chandragupta II, o exército estaba formado por 500 000 infantes, 50 000 cabaleiros, 20 000 carros e 10 000 elefantes, máis unha armada duns 1200 barcos. Chandragupta II dominaba a totalidade do subcontinente indio; o Imperio Gupta foi o máis poderoso do mundo durante o seu reinado, mentres que o Imperio Romano estaba en declive.

Disposición inicial das pezas do chaturanga.

Foi un período de esplendor das artes e floreceu o sánscrito.

Astronomía e matemáticas

[editar | editar a fonte]

Os estudosos deste período destacan a Varaja Mijira e Aryabhata, dous astrónomos e matemáticos moi importantes. A numeración india é o primeiro sistema de numeración con notación posicional de base dez. Crese que Aryabhata foi o primeiro matemático que usou o concepto de cero.

Os astrónomos desta época postularon a teoría heliocéntrica e estudaron as eclipses, tanto solarer como lunarer, explicándoos como sombras proxectadas sobre a Terra.[80]

O Susruta é un célebre texto sánscrito cos principais conceptos da medicina aiurvédica e capítulos innovadores sobre cirurxía. Os médicos inventaron varios instrumentos que permitiron ampliar o número de operacións.

O antigo texto gupta do Kama Sutra está considerado por moitos como a obra de referencia sobre o comportamento sexual na literatura sánscrita.

Krishna e Radha xogando ao chaturanga

Crese que deste período é unha versión actualizada do chaturanga, unha forma primitiva do xadrez, a partir da cal evolucionou o xogo moderno,[81] así coma o Shōgi (xadrez xaponés), Janggi (xadrez coreano) e Makruk (xadrez tailandés).

O nome provén dos termos Chatur (Catro) e anga (membro), referíndose aos catro membros que integraban o exército, a saber infantaría, cabalería, elefantes e carros.

O poeta e dramaturgo Kālidāsa, da época de Chandragupta II, escribiu as famosas obras Raghu Vamsha ("estirpe de Raghu"), en honra de Rāma, e a Nube mensaxeira. Tamén fixo unha adaptación sobre a personaxe do Mahabharata, Shakuntala.

En medio dunha arte caracterizada por unha sutileza equilibrada e riseira, como se aprecia na escultura do Buda de Sarnath e noutros moitos relevos, a maioría dos santuarios que se construíron son hinduístas, posto que o hinduísmo adquire preponderancia na era Gupta ao seren hinduístas os soberanos, se ben estes souberon aceptar o exercicio doutros cultos, entre eles o budismo, ata o punto de que o monxe chinés Fa Xian visitou os territorios guptas para afondar nos seus coñecementos.

Os dous grandes centros da escultura foron Mathura e Gandhara, sendo esta última o centro da arte greco-budista. Ambos exportaron as súas producións a outras partes do norte da India. A diferenza do precedente Imperio Kushan, non hai representacións de monarcas, nin sequera nas moedas,[82] con excepción dalgunhas moedas dos Sátrapas occidentais.

Os máis célebres monumentos de estilo gupta que sobreviviron, as covas de Ajantā, Elefanta e Ellora (budista, hindú, e mixta, respectivamente), proveñen de feito de dinastías posteriores, mais reflicten a monumentalidade e o equilibrio do estilo gupta. Ajantā contén as máis importantes pinturas do período, cun estilo maduro que probablemente tivo un longo desenvolvemento, ante todo nos palacios.[83]

A danza e a música, baseada en microtóns, acadou unha época dourada.

Relixión

[editar | editar a fonte]
Escultura de Vishnu, século V.

Os emperadores eran hinduístas[84] pero outras correntes como o budismo atinxiron unha grande tolerancia.[85] Sanchi remained an important centre of Buddhism.[85] Disque Kumaragupta I fundou Nalanda.[85] Os templos e mosteiros das trinta covas de Axantä no Decán amosan un budismo en expansión.

No aspecto relixioso as ideas hinduístas corresponden en gran medida a este período, quizais é no tempo do Gupta, grazas á influencia budista, cando o hinduísmo chegou a tolerar as opinións máis diversas, e mesmo antagónicas dentro do seu sistema de crenzas.

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]
  • 320: Chandragupta I funda o Imperio Gupta, amplía o imperio cara ao norte.
  • 330-376: Samudragupta amplía o Imperio dende o Río Indo á Baía de Bengala e ata as montañas do norte.
  • 376-415: Chandragupta II fortalece o imperio, aumentando a seguridade.
  • 415-450: Kālidāsa compón a maior parte da súa obra durante o reinado de Kumargupta (415-455).
  • 450: Comeza o colapso do imperio ante a presión dos Hunos.
  • 554: A dinastía Gupta remata coa morte do último emperador, Shashakgupta.
  1. Segundo D. N. Jha, as distincións entre castes fixéronse máis arraigadas e ríxidas durante esta época, xa que a prosperidade e o favor da lei acumuláronse na parte superior da escala social, mentres que as ordes inferiores degradáronse aínda máis.[3]
  2. "Os historiadores consideraron no seu día o período Gupta (320-540) como a idade clásica da India [...] Tamén se pensaba que fora unha época de prosperidade material, sobre todo entre a elite urbana [...] Algúns destes supostos foron cuestionados por estudos máis amplos do período post-mauriano, pre-Gupta. As probas arqueolóxicas dos primeiros niveis do Imperio Cuxano suxiren unha maior prosperidade material, ata tal punto que algúns historiadores defenden un declive urbano no período gupta."[4]
Referencias
  1. 1,0 1,1 Gupta Dynasty – MSN Encarta. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2009. Consultado o 21 de maio de 2017. 
  2. N. Jayapalan, History of India, Vol. I, (Atlantic Publishers, 2001), 130.
  3. Jha, D.N. (2002). Ancient India in Historical Outline. Delhi: Manohar Publishers and Distributors. pp. 149–73. ISBN 978-81-7304-285-0. 
  4. Pletcher 2011, p. 90.
  5. Kulke & Rothermund 2004, p. 93.
  6. Stein 2010, p. 86-87.
  7. Raghu Vamsa v 4.60–75
  8. Ashvini Agrawal 1989, pp. 112–18.
  9. 9,0 9,1 9,2 Upinder Singh 2017, p. 343.
  10. Gupta dynasty (Indian dynasty) Arquivado 2010-03-30 en Wayback Machine.. Britannica Online Encyclopedia. Consultado o 21 de novembro de 2011.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Keay, John (2000). India: A history. Atlantic Monthly Press. p. 132. ISBN 978-0-87113-800-2. A gran era de todo o que se considera clásico na literatura, a arte e a ciencia indios estaba a despuntar. Foi este crescendo de creatividade e erudición, tanto como ... os logros políticos dos Gupta, o que faría a súa época tan dourada.... 
  12. Vidya Dhar Mahajan 1990, p. 540.
  13. Gupta dynasty: empire in 4th century Arquivado 2010-03-30 en Wayback Machine.. Britannica Online Encyclopedia. Consultado o 21 de novembro de 2011.
  14. Gupta dynasty: empire in 4th century Arquivado 30 de marzo de 2010 en Wayback Machine.. Britannica Online Encyclopedia. Consultado o 21 de novembro de 2011.
  15. 15,0 15,1 J.C. Harle 1994, p. 87.
  16. Trade | The Story of India – Photo Gallery Arquivado 2010-03-28 en Wayback Machine.. PBS. Consultado o 21 de novembro de 2011.
  17. Dikshitar, V. R. Ramachandra (1993). The Gupta Polity (en inglés). Motilal Banarsidass Publ. ISBN 978-81-208-1024-2. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2020. Consultado o 7 de decembro do 2023. 
  18. Nath sen, Sailendra (1999). Ancient Indian History and Civilization. Routledge. p. 227. ISBN 9788122411980. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2021. Consultado o 7 de decembro do 2023. 
  19. Ashvini Agrawal 1989, pp. 264–69.
  20. Grousset, Rene (1970). The Empire of the Steppes. Rutgers University Press. p. 69. ISBN 978-0-8135-1304-1. 
  21. Ashvini Agrawal 1989, p. 79.
  22. Dani, Ahmad Hasan; Litvinsky, B. A. (1996). History of Civilizations of Central Asia: The crossroads of civilizations, A.D. 250 to 750 (en inglés). UNESCO. p. 185. ISBN 978-92-3-103211-0. 
  23. Dilip Kumar Ganguly 1987, p. 14.
  24. Tej Ram Sharma 1989, p. 39.
  25. Dilip Kumar Ganguly 1987, p. 2.
  26. Ashvini Agrawal 1989, p. 96.
  27. Dilip Kumar Ganguly 1987, pp. 7–11.
  28. Dilip Kumar Ganguly 1987, p. 12.
  29. Tej Ram Sharma 1989, p. 44.
  30. Ashvini Agrawal 1989, p. 82.
  31. Tej Ram Sharma 1989, p. 42.
  32. R. S. Sharma (2003). Early Medieval Indian Society: A Study in Feudalisation. Orient Longman. ISBN 9788125025238. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2021. Consultado o 25 de novembro do 2024. 
  33. R.C. Majumdar 1981, p. 4.
  34. Tej Ram Sharma 1989, p. 40.
  35. Tej Ram Sharma 1989, pp. 43-44.
  36. Ashvini Agrawal 1989, p. 83.
  37. Agarwal, Ashvini (1989). Rise and Fall of the Imperial Guptas, Delhi:Motilal Banarsidass, ISBN 81-208-0592-5, pp.84–7
  38. Majumdar, p. 474
  39. Tej Ram Sharma 1989, pp. 51–52.
  40. Ashvini Agrawal 1989, pp. 106-07.
  41. Ashvini Agrawal 1989, p. 114.
  42. Ashvini Agrawal 1989, p. 117.
  43. Ashvini Agrawal 1989, p. 107.
  44. 44,0 44,1 Ashvini Agrawal 1989, p. 112.
  45. Ashvini Agrawal 1989, p. 110.
  46. Tej Ram Sharma 1989, pp. 80–81.
  47. Tej Ram Sharma 1989, p. 84.
  48. Ashvini Agrawal 1989, pp. 112-18.
  49. Ashvini Agrawal 1989, p. 125.
  50. Shankar Goyal 2001, p. 168.
  51. Tej Ram Sharma 1989, p. 90.
  52. 52,0 52,1 Tej Ram Sharma 1989, p. 68.
  53. R.C. Majumdar 1981, p. 32.
  54. Tej Ram Sharma 1989, p. 91.
  55. Ashvini Agrawal 1989, pp. 125-26.
  56. Tej Ram Sharma 1989, pp. 91, 94.
  57. R.C. Majumdar 1981, p. 31.
  58. Tej Ram Sharma 1989, p. 94.
  59. R.C. Majumdar 1981, pp. 23, 27.
  60. R.C. Majumdar 1981, p. 22.
  61. Smith, Vincent Arthur (1911). A history of fine art in India and Ceylon, from the earliest times to the present day. Oxford: Clarendon Press. pp. 170–171. 
  62. Ashvini Agrawal 1989, pp. 153–59.
  63. Bajpai, K.D. (2004). Indian Numismatic Studies. Nova Delhi: Abhinav Publications. pp. 120–21. ISBN 978-81-7017-035-8. Arquivado dende o orixinal o 4 de maio de 2016. Consultado o 25 de novembro do 2024. 
  64. H.C. Raychaudhuri 1923, p. 489.
  65. "Annual Report Of Mysore 1886 To 1903" – vía Internet Archive. 
  66. "HALDEIKISH, Sacred Rocks of Hunza". Hunza Bytes (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2021. Consultado o 25 de novembro do 2024. 
  67. Singh, Upinder (2008). A History of Ancient and Early Medieval India: From the Stone Age to the 12th Century (en inglés). Pearson Education India. p. 480. ISBN 978-81-317-1120-0. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2022. Consultado o 25 de novembro do 2024. 
  68. Barua, Benimadhab (1929). Old Brahmi Inscriptions In The Udayagiri And Khandagiri Caves. 
  69. Agarwal, Ashvini (1989). Rise and Fall of the Imperial Guptas, Delhi:Motilal Banarsidass, ISBN 81-208-0592-5, pp.191–200
  70. Raychaudhuri, p. 510
  71. Raychaudhuri, p. 516
  72. Sachchidananda Bhattacharya, Gupta dynasty, A dictionary of Indian history, (George Braziller, Inc., 1967), 393.
  73. Ancient Indian History and Civilization by Sailendra Nath Sen p.220
  74. Encyclopaedia of Indian Events & Dates by S. B. Bhattacherje p.A15
  75. Columbia Encyclopedia
  76. Corpus Inscriptionum Indicarum Vol.3 (inscriptions of the Early Gupta Kings) p. 362
  77. 77,0 77,1 Indian Esoteric Buddhism: Social History of the Tantric Movement by Ronald M. Davidson p. 31
  78. "Deluge drowned mighty Guptas: Study". The Telegraph (en inglés). Kolkota. Consultado o 19 de agosto de 2019. 
  79. Roy, Kaushik (2015). Warfare in Pre-British India, 1500 BCE to 1740 CE. Routledge. p. 56. ISBN 978-1-315-74270-0. 
  80. Thomas Khoshy, Elementary Number Theory with Applications, Academic Press, 2002, p. 567. ISBN 0-12-421171-2.
  81. Murray, H. J. R. (1913). A History of Chess. Benjamin Press (originally published by Oxford University Press). ISBN 0-936317-01-9. OCLC 13472872. 
  82. Harle, 87-89
  83. Harle, respectively 118-122, 123-126, 129-135
  84. A History of Ancient and Early Medieval India by Upinder Singh p. 521
  85. 85,0 85,1 85,2 The Gupta Empire by Radhakumud Mookerji pp. 133–

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]