Saltar ao contido

Illiña de Forvik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlliña de Forvik
Imaxe

Localización
Mapa
 60°19′07″N 1°39′49″O / 60.3186, -1.6636
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ArquipélagoIllas Shetland Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

A illiña de Forvik (en inglés Forewick Holm ou Forvik Island, ou mesmo Fårvik), é unha pequena illiña das Shetland, ao norte de Escocia, que en xuño de 2008 declarou a súa independencia do Reino Unido.

Localización

[editar | editar a fonte]

A illiña de Forvik está situada ao suroeste do arquipélago das Shetland, a uns 200 metros ao sur da illa de Papa, e a uns 1'5 km ao norte da península de Sandness, na parte central da illa Shetland, no que se coñece como estreito de Papa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illiña mide aproximadamente unha hectárea. Ten unha forma bastante regular, cunha costa sur e oeste de perigosos baixíos e unha costa redondeada nororiental de cantís. O acceso por mar non é sinxelo e só é posíbel na preamar.

Non existen apenas informacións sobre o poboamento da illiña. Na actualidade é propiedade do seu único habitante, Stuart Hill, chamado Captain Calamity, que está a edificar o primeiro poboamento. En xuño de 2008 proclamou[1] que a illiña de Forvik pasaba a ser unha dependencia da Coroa británica, isto é, fóra da tutela do goberno de Londres, pero beneficiándose do status común das dependencias británicas, como as bailías de Guernsey e de Jersey, por exemplo, con múltiples vantaxes fiscais e de autogoberno. Unha fonte non identificada do ministerio de Xustiza británico negoulle viabilidade xurídica á independencia[2].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]