Il mostro
Il mostro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Roberto Benigni Yves Attal |
Produtor | Roberto Benigni |
Guión | Roberto Benigni Michel Blanc |
Intérpretes | Roberto Benigni Nicoletta Braschi Michel Blanc |
Música | Evan Lurie |
Fotografía | Carlo Di Palma |
Montaxe | Nino Baragli Franco Fraticelli |
Estudio | Cecchi Gori Group |
Distribuidora | Miramax Films |
Estrea | 22 de outubro de 1994 19 de abril de 1996 |
Duración | 112 minutos |
Orixe | Italia Francia[1][2] |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
Il mostro é un filme franco-italiano dirixido por Roberto Benigni e Yves Attal que se estreou en 1994. No seu tempo, foi o filme italiano con maior recadación, só superoado por outro filme de Benigni, La vita è bella.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Loris (Roberto Benigni) é un home desempregado que vive nun pequeno departamento propiedade do Señor Roccarotta (Jean-Claude Brialy), o administrador do edificio, quen pretende alugar o apartamento de Loris a persoas que poidan pagalo. Na mesma cidade existe un maníaco sexual que asasina e desmembra mulleres de todo tipo. Unha serie de malentendidos levan a sospeitar á policía que Loris é ese maníaco. Organízase unha misión especial para tratar de atrapalo por medio dunha axente encuberta, Jessica Rossetti (Nicoletta Braschi), quen buscará provocalo sexualmente para poder arrestalo in fraganti.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Roberto Benigni como Loris
- Michel Blanc como Páride Taccone
- Nicoletta Braschi como Jessica Rossetti
- Dominique Lavanant como Yolanda, a esposa de Taccone
- Jean-Claude Brialy como Administrador Roccarotta
- Laurent Spielvogel como Comisario Frustalupi
- Ivano Marescotti como Pascucci
- Franco Mescolini como profesor de chinés
- Luciana Pieri Palombi como Claudia
- Vittorio Amandola como Ruggero, vendedor de antigüidades
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Brennan, Sandra. "The Monster (1994)". Allmovie. Rovi Corporation. Consultado o 18 de marzo de 2014.
- ↑ "Il Mostro". BFI Film & Television Database. Londres: British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2011. Consultado o 18 de marzo de 2014.