Igrexa de Hejde
Igrexa de Hejde | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Hejde |
Coordenadas | 57°24′46″N 18°20′45″L / 57.41277778, 18.34591667 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
Páxina web | https://www.svenskakyrkan.se/klinte/hejde-kyrka |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Hejde (sueco: Hejde kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hejde, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia
[editar | editar a fonte]A torre e a nave son as partes máis antigas da igrexa de Hejde, datando de mediados do século XIII. O coro é un século posterior e substituíu a un coro anterior románico máis pequeno. Os plans para ampliar a nave e a torre nunca se executaron. A sancristía data do ano 1795. A igrexa foi restaurada entre os anos 1935 e 1936, en 1976 e entre 1986 e 1986.[1]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa ten dous portais de entrada decorados na súa fachada sur. Deses, o do coro está considerado un dos máis peculiares de Gotland. A torre da igrexa está decorada con galerías laterais no sur e no norte, e ten dúas aberturas para as campás, cada unha delas divididas con parteluces, en cada lado. Internamente o teito da igrexa está soportado por bóvedas de crucería, algo pouco común nas igrexas de Gotland. Frescos dos séculos XIII e XIV decoran as paredes e nas fiestras aínda se conservan vidreiras medievais, probablemente da segunda metade do século XIV.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o norte
-
Interior da igrexa
-
Portal sur do coro
-
Vidrieiras
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Riksantikvarieämbetet (ed.). "Hejde kyrka". Consultado o 18 de abril de 2018.