Saltar ao contido

ISA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Siglas de Industry Standard Architecture (arquitectura estándar da industria). Zócolo de conexión para sistemas informáticos deseñado para a conexión de tarxetas de expansión. Existen dúas versións, que empregan diferente zócolo, unha cun ancho de banda de 8 bits e outra cun de 16 bits. As tarxetas con conexión de 8 bits se poden conectar nun zócolo de 16 bits pero non o revés. A velocidade do bus no caso das de ancho de banda de 16 bits é de 16 MB/s, insuficiente para as tarxetas de son de alta resolución, polo que foi substituído polo bus PCI na maioría das configuracións.
Apareceu pola primeira vez integrado no IBM PC en 1981, o de 16 bits data de 1984

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]