Saltar ao contido

Historia de Luisiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A historia de Louisiana nace coa poboación do territorio por parte dunhas trina tribos indíxenas antes da chegada dos primeiros exploradores europeos. A maioría destas tribos pertencian a 7 distintas nacións indíxenas (grupamento de tribos indíxenas que posuían cultura, linguaxe e estilo de vida semellantes entre si, e que eran aliados entre si). Estímase o número de indíxenas en preto de 12.000. As nacións indíxenas que vivían na actual Louisiana eran os atakapa, os chitimacha, os choctaw, os natchez e os caddo. As tribos houma e tunica eran tribos indíxenas illadas.

Séculos XVI-XVIII

[editar | editar a fonte]

O español Pánfilo de Narváez liderou unha expedición naval en 1528, onde descubriron a foz do Río Mississippi. Porén, Narváez e a súa tripulación non desembarcaron na actual Louisiana, tan só avistaron as súas terras. En 1541, o español Hernando de Soto liderou unha expedición terrestre, partindo da actual Florida, en dirección ao interior do actual sur dos Estados Unidos, en busca de metais preciosos. Soto e a súa expedición exploraron partes da actual Louisiana en 1542. Porén, os españois cancelaron a expedición despois da morte de Soto.

O francés René Robert Cavelier de La Salle liderou unha expedición, composta por misioneiros e colonos, partindo de Quebec, rumbo ao Río Mississippi, ás ordes de Samuel de Champlain, entón gobernador da colonia francesa de Nova Francia. Cavelier acompañou o curso do Río Mississippi, ata chegar á a súa foz, no Golfo do México, en 9 de abril. Cavelier entón reindivicou toda a rexión da bacia hidrográfica do Mississippi para a coroa francesa, e nomeou este enorme territorio de Louisiana, en homenaxe ao Rei francés Lois XVI de Francia.

En 1718, Nova Orleáns foi fundada, e en 1722, tornouse a capital da Louisiana. Nova Orleáns foi a primeira capital da colonia francesa de Louisiana que aínda continua dentro do estado homónimo. Capitais anteriores da colonia de Louisiana localízanse actualmente en estados veciños.

Nova Orleáns axiña tornouse un centro portuario importante, mais o resto da inmensa colonia de Louisiana soamente xeraba prexuízos á coroa francesa. En 1762, baixo os termos do Tratado de Fountainebleau, cedendo a maior parte da rexión da actual Luisiana, ben como todas as terras da colonia a oeste do Río Mississippi, para os españois. En 1763, despois de ter sido derrotada polos británicos na guerra franco-indíxena, Francia cedeu o resto da colonia francesa de Luisiana, as terras a leste do Río Mississippi, aos británicos.

Os franceses non anunciaron o acordo feito cos españois aos colonos franceses que vivían na actual Luisiana. Os colonos franceses que vivían na actual Luisiana soamente souberon que a rexión pasara a control español en 1764. Os colonos franceses revolveranse en 1768, forzando o gobernador español da Luisiana a fuxir. No ano seguinte, porén, este volvería con reforzos militares, e os españois continuaron controlando Luisiana.

A rexión da actual Luisiana prosperou economicamente, grazas ao goberno colonial español estábel e que pasou a ser popular e aceptado entre a poboación francófona da rexión. Este goberno incentivaba o comercio e a industria da rexión, a través de baixos impostos. Ao longo das últimas décadas do século XVIII, Luisiana recibiu preto de 5.000 acadianos, que fuxiron das súas terras na Acadia. Durante a Revolución Americana de 1776, os españois, como aliados dos rebeldes americanos, permitiron aos últimos o uso das facilidades portuarias de Nova Orleáns. En 1795, os agricultores de Luisiana pasaron a plantar cana de azucre, grazas a un método de procesamento e refino da cana de azucre en gran cantidade, descuberto por Étienne de Boré.

A área en verde é Louisiana cando foi comprada a Francia polos Estados Unidos de América.

En 1800, os franceses compraron o territorio da Luisiana aos españois, nun acordo secreto. Porén, estes continuarían a administrar Luisiana ata 30 de novembro de 1803, e ata este día, a bandeira española continuou izada nas principais cidades da colonia de Luisiana, mesmo estando esta xa baixo xuridisción francesa. Foi en 1801 cando a poboación do territorio, así como os Estados Unidos, souberon desta compra. O 31 de outubro de 1803, Estados Unidos comprou oficialmente o territorio de Luisiana, o 30 de novembro, a bandeira española foi substituída por unha bandeira francesa, e o 20 de decembro, todo o territorio de Louisiana pasou a control americano. A bandeira americana foi izada no mesmo día.

En 1804, o goberno americano decidiu dividir o territorio de Luisiana en territorios menores, e así, facilitar a súa administración. Así, Luisiana adquiriu moito do seu formato actual, coa división da Lusiana no Territorio de Orleáns (que se desenvolvería posteriormente na actual Luisiana) e o Distrito de Luisiana, que englobaba o resto da antiga colonia de Luisiana. O 10 de setembro de 1810, Lusiana adquiriu as súas fronteiras políticas actuais, despois da anexación forzada por parte de forzas militares americanas dun pequeno pedazo de terra de Florida, que entón estaba baixo control español.

En 30 de abril de 1812, o territorio de Orleáns converteuse no décimo oitavo Estado americano, renomeándose como Lousiana (co Distrito de Luisiana sendo renomeado Territorio do Missouri). Nova Orleáns foi a capital da Lousiana ata 1830, entre 1831 e 1849, e de 1865 a 1880. Donaldsonville serviu como capital en 1830 e 1832, e Baton Rouge entre 1849 ae 1865. Desde 1880, Baton Rouge é a capital da Louisiana.

En decembro de 1814, durante a Guerra de 1812, o Reino Unido enviou unha forza militar, cuxos obxectivos eran a captura de Nova Orleáns e a petición de axuda a un pirata instalado na cidade, Jean Laffite. Este, porén, xuntouse cos americanos. Os británcos foron derrotados por forzas americanas lideradas por Andrew Jackson e por piratas liderados por Laffite o 8 de xaneiro de 1815, a apenas algúns quilómetros da cidade.

En 1861, Louisiana separouse dos Estados Unidos e xuntouse aos Estados Confederados de América. Ese mesmo ano comezou a Guerra Civil Americana. Nova Orleáns, como un porto primario de grande importancia para a Confederación, foi un branco princupal de ataques navais da mariña americana. En abril de 1862, Nova Orleáns foi capturada por tropas americanas. Non houbo ningunha batalla na defensa da cidade, e esta foi tomada sen resistencia. Así, Nova Orleáns salvouse da destrución que afectou outras cidades-chave da Confederación. A cidade foi escollida como capital das rexións da Luisiana que estaban baixo control americano. A capital da Louisiana, en canto isto, mudouse para Opelousas en 1862 e Shreveport en 1863. As forzas americanas gradualmente conquistaron moitos Estados confederados. Cos seus principais polos económicos baixo control das forzas da Unión, e co bloqueo naval das forzas americanas impedindo o comercio internacional entre Luisiana e outros países, a economía da Louisiana caeu (só Xeorxia, Carolina do Sur e Virxinia sufriron máis económica e socialmente). Aínda que poucas batallas ocorreron no estado, houbo gran destrución, especialmente por incendios deliberados de plantacións confederadas por parte de tropas da Unión.

As tropas americanas ocuparon a cidade ata 1877. Por algún tempo, o goberno americano cedeu a militares e a civís de descendencia afroamericana o goberno da cidade, sublevándose a maioría dos habitantes brancos da cidade. Unha gran rebelión entre brancos e afroamericanos ocorreu en 1866, onde morreron preto de 50 persoas. O 25 de xuño de 1868, Louisiana foi readmitida como un estado dos Estados Unidos de América.

1868 - actualidade

[editar | editar a fonte]

O 14 de setembro de 1874, un grupo de habitantes de Nova Orleáns revelouse contra o goberno de Louisiana. Esta aumentara ou creara despois do fin da Guerra Civil Americana varios impostos, para o financiamento de varios servizos públicos estatais. Este grupos de comerciantes tentou derrubar o goberno da Louisiana, mais non tiveron éxito. Despois do fin da guerra, diversas ferrovías foron inauguradas no estado, conectándoo co resto do país. Ao mesmo tempo, unha modernización e expansión das facilidades portuarias de Nova Orleáns aumentou a importancia da cidade como un polo portuario. Esta importancia aumentou aínda máis despois da inauguración do Canal do Panamá, en 1914.

Durante as primeiras décadas do século XX, diversas reservas de gas natural e de petróleo foron atopados no estado, descubrimento que pasou a industrializar a economía do estado. Alén diso, diversas ferrovías e represas foron construídas. O estado sufriu coa Gran Depresión, mais recuperouse logo co inicio da segunda guerra mundial. Nova Orleáns tornouse un gran polo fabricante de navíos, ben como un grande polo de distritución e de refino de petróleo. Despois do fin da guerra, máis da metade da poboación da Louisiana vivía en cidades.

Despois do fin da segunda guerra mundial, o Estado reintegrou as súas universidades ao longo da década de 1950, e áreas comerciais e escolas foron reintegradas durante a década de 1960. Anteriomente, estas áreas eran segregadas entre brancos e afroamericanos. A economía de Louisiana continuou a desenvolverse gradualmente ata a década de 1980, cando o estado foi atinxido por unha recesión, grazas a unha gran baixa nos prezos de petróleo, o que elevou moito as taxas de desemprego (que foron as máis altas do país ao longo da década).

En 1992, Louisiana foi atinxida polo furacán Andrew. Este furacán causou no estado mil millóns de dólares en prexuízos e 11 mortes. Outro furacán, o furacán Katrina, atinxiu o estado en agosto de 2005, causando gran destrución, especialmente na rexión metropolitana de Nova Orleáns. A cidade e o goberno instituíron a evacuación obrigatoria na cidade. Os habitantes de Nova Orleáns foron evacuados a outras cidades de Louisiana e noutros estados. Empresas aseguradoras estiman os prexuízos e o prezo da reconstrución da cidade entre 10.000 e 25.000 millóns de dólares americanos, e as autoridades din que o número de mortos está na orde dos millares.