Heteronormatividade
Heteronormatividade (do grego hetero, "diferente", e norma, "esquadro" en latín) é un termo usado para describir situacións nas cales orientacións sexuais distintas da heterosexual son marxinadas, ignoradas ou perseguidas por prácticas sociais, crenzas ou políticas. Isto inclúe a idea de que os seres humanos recaen en dúas categorías distinguidas e complementarias: macho e femia; que relacións sexuais e maritais son normais soamente entre persoas de sexos distintos; e que cada sexo ten certos papeis naturais na vida. Así, sexo físico, identidade de xénero e papel social de xénero deberían enmarcar calquera persoa dentro de normas integralmente masculinas ou femininas, e a heterosexualidade é considerada como a única orientación sexual normal. As normas que este termo describe ou critica poden ser abertas, encubertas ou implícitas. Aqueles que identifican e critican a heteronormatividade din que distorce o discurso ao estigmatizar conceptos desviantes tanto de sexualidade canto de xénero e tornan certos tipos de autoexpresión máis difíciles.
Orixe do termo
[editar | editar a fonte]O termo homofobia foi creado por Michael Warner en 1991,[1] nunha das primeiras grandes obras sobre a teoría queer. O concepto posúe raíces na noción de Gayle Rubin do "sistema sexo/xénero" e na idea de Adrienne Rich de heterosexualidade compulsoria.[2] Nunha serie de artigos, Samuel A. Chambers tentou teorizar a heteronormatividade máis explicitamente, clamando por unha comprensión da heteronormatividade como un concepto que revela as expectativas, demandas e restricións producidas cando a heterosexualidade é tomada como normativa dentro dunha sociedade.[3][4]
Cathy J. Cohen define a heteronormatividade como a práctica e as institucións "que lexitiman e privilexian a heterosexualidade e relacionamentos heterosexuais como fundamentais e 'naturais' dentro da sociedade".[5] A súa obra enfatiza a importancia da sexualidade envolvida en estruturas maiores de poder, intersectando con e inseparábel de raza, xénero e opresión de clase. Ela sinala os exemplos de nais solteiras en auxilio-desemprego (particularmente mulleres negras) e traballadores do sexo, que poden ser heterosexuais, mais non son heteronormativos e así non son entendidos como "normal, moral ou merecedores de axuda do Estado" ou de lexitimación.[6]
A heteronormatividade foi usada na explotación e crítica en normas tradicionais de sexo, identidade de xénero, papel social de xénero e sexualidade, e das implicacións sociais destas institucións. É descritiva dun sistema dicotómico de categorización que vincula directamente comportamento social e autoidentidade cos xenitais do individuo. Isto significa (entre outras cousas) que, visto que existen conceptos estritamente definidos de virilidade e feminilidade, existen paralelamente comportamentos esperados tanto de homes canto de mulleres.
Orixinalmente concibido para describir as normas contra as cales os non-heterosexuais loitan, o termo rapidamente se incorporou tanto no debate de xénero canto no de transxénero. Tamén é frecuentemente usado en debates posmodernistas e feministas. Aqueles que usan este concepto frecuentemente apuntan para as dificultades afrontadas polos que manteñen un punto de vista dicotómico da sexualidade, pola presenza de excepcións claras—de freemartins (femias estériles) no mundo bovino a seres humanos intersexuais con características sexuais de ambos os sexos. Estas excepcións son tomadas como evidencias directas de que nin o sexo nin o xénero son conceptos que poidan ser reducidos a unha proposición de ou-este/ou-aquel.
Nunha sociedade heteronormativa, a escolla binaria entre macho e femia para identidade de xénero é encarada como conducindo a unha falta de escolla posíbel canto ao papel de xénero e identidade sexual de alguén. Tamén, incluídas nas normas estabelecidas pola sociedade para ambos os xéneros está o requisito de que os individuos deberían sentir e expresar desexo soamente por compañeiros do sexo oposto. Na obra de Eve Sedgwick, por exemplo, este emparellamento heteronormativo é visto como definindo exclusivamente a orientación sexual de alguén en termos do sexo e xénero da persoa que ela escolle para facer sexo, ignorando outras preferencias que se poida ter relativas ao sexo.[7]
De acordo con Richard Miskolci, a heteronormatividade expresa as expectativas, as demandas e as obrigas sociais que derivan do presuposto da heterosexualidade como natural e, por tanto, fundamento da sociedade. A heteronormatividade é un conxunto de prescricións que fundamentan procesos sociais de regulación e control, até mesmo aqueles que non se relacionan con persoas do sexo oposto. É unha denominación contemporánea para o dispositivo histórico da sexualidade que evidencia o seu obxectivo: formar todos para seren heterosexuais ou organizaren as súas vidas a partir do modelo supostamente coherente, superior e “natural” da heterosexualidade. Para Miskolci, o estudo da sexualidade necesariamente implica explotar os meandros da heteronormatividade, tanto a homofobia materializada en mecanismos de interdición e control das relacións amorosas e sexuais entre persoas do mesmo sexo, canto a padronización heteronormativa dos homo orientados.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ WARNER, Michael. "Introduction: Fear of a Queer Planet". Social Text; 9 (4 [29]): 3-17, 1991
- ↑ RICH, Adrienne. "Compulsory Heterosexuality and Lesbian Existence" in Signs: Journal of Women in Culture and Society, 5:631-60, 1980.
- ↑ CHAMBERS, Samuel A. "Telepistemology of the Closet; Or, the Queer Politics of Six Feet Under". Journal of American Culture 26.1: 24-41, 2003
- ↑ CHAMBERS, Samuel A. "Revisiting the Closet: Reading Sexuality in Six Feet Under, in Reading Six Feet Under. McCabe e Akass, eds. IB Taurus, 2005.
- ↑ COHEN, Cathy J. Punks, bulldaggers, and welfare queen: The radical potential of queer politics? in "Black Queer Studies". E. Patrick Johnson e Mae G. Henderson, eds. Duke UP, 2005. 24
- ↑ COHEN, Cathy J. Punks, bulldaggers, and welfare queen: The radical potential of queer politics? in "Black Queer Studies". E. Patrick Johnson e Mae G. Henderson, eds. Duke UP, 2005. 26
- ↑ Eve Kosofsky Sedgwick, The Epistemology of the Closet.
- ↑ MISKOLCI, Richard (2009). "A teoria queer e a sociologia: o desafio de uma analítica da normalização" (PDF). Sociologias. pp. 150–182. Consultado o 12 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Diversidade sexual |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BENTO, Berenice. A reinvenção do corpo: sexualidade e gênero na experiência transexual. Río de Xaneiro: Garamond, 2006. ISBN 85-7617-100-7
- http://www.unb.br/fe/tef/filoesco/foucault/sexpodident.html - entrevista concedida por Michel Foucault a B. Gallagher e A. Wilson, en Toronto, xuño de 1982. Publicada orixinalmente en "The Advocate", n. 400, 7 de agosto de 1984, pp. 26–30 e 58.(en portugués)
- FOUCAULT, Michel. História da Sexualidade I. A Vontade de Saber. Río de Xaneiro: Graal, 1977.(en portugués)
- FOUCAULT, Michel. História da Sexualidade II. O Uso dos Prazeres. Río de Xaneiro: Graal, 1984.(en portugués)
- FOUCAULT, Michel. História da Sexualidade III. O Cuidado de Si. Río de Xaneiro: Graal, 1985.(en portugués)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- COLLING, Leandro. Teoria Queer. Consultado o 30 de marzo de 2008.
- SANTOS, Ana Cristina. Heteroqueers contra a heteronormatividade: notas para uma teoria queer inclusiva. Consultado o 30 de marzo de 2008.