Heterocromía
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2018.) |
A heterocromía (en anatomía coñecida como hetrochromia iridis ou heterochromia iridum) é unha anomalía dos ollos na que un iris é de diferente cor do outro (heterocromía total ou heterocromia iridum) ou unha parte dun iris é dunha cor distinta ao do resto (heterocromía parcial ou heterocromía iridis) resultado dun relativo exceso ou escaseza de pigmentación dentro do iris.
Tipoloxías
[editar | editar a fonte]A heterocromia iridum preséntase con pouca frecuencia e pode ser conxénita ou adquirida, como resultado dalgunhas enfermidades. A forma conxénita é a máis rara, aínda que se presenta de forma habitual nos cans de raza Husky siberiano, Antigo can pastor inglés ou Bobtail, Dálmata, Dogo alemán, Pastor australiano entre outros, igualmente preséntase con frecuencia nos gatos.
A forma conxénita é a que ocorre desde o nacemento e pode estar asociada con algunhas enfermidades raras, como a neurofibromatosis, a síndrome de Waardenburg ou a Síndrome de Horner.
A forma adquirida pode deberse a un trauma, depósito de pigmentos ou a algunhas enfermidades. Ata se describiron casos de cambio espontáneo.
Cultura popular
[editar | editar a fonte]Aínda que é considerado como un famoso caso de heterocromía adquirida, o cantante David Bowie non a ten. Debido a un golpe que tivo no instituto, non percibe ben a profundidade e a súa pupila está permanentemente dilatada, pero o seu iris continúa sendo de cor azul.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heterocromía |