Saltar ao contido

Herrerasaurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Herrerasauro»)

Herrerasaurus
Rango fósil: Triásico superior~231,4 Ma

Esqueleto montado no Museo Field de Historia Natural.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Theropoda?
Familia: Herrerasauridae
Xénero: Herrerasaurus
Reig, 1963
Especie: H. ischigualastensis
Nome binomial
Herrerasaurus ischigualastensis
Reig, 1963
Sinonimia
  • Ischisaurus cattoi Reig, 1963
  • Frenguellisaurus ischigualastensis Novas, 1986

Herrerasaurus foi un dos primeiros dinosauros. O seu nome científico en latín quere dicir "lagarto de Herrera", na honra do gandeiro que descubriu o primeiro exemplar. Tódolos fósiles coñecidos deste carnívoro foron descubertos na Formación de Ischigualasto do período Carniano (Triásico serodio segundo a Comisión Internacional sobre Estratigrafía, datado de hai 231,4 millóns de anos) no noroeste da Arxentina.[1] A especie tipo, Herrerasaurus ischigualastensis, foi descrita por Osvaldo Reig en 1963[2] e é a única especie asignada no xénero. Ischisaurus e Frenguellisaurus son sinónimos.

Durante moitos anos, a clasificación de Herrerasaurus era incerta debido a que só era coñecido por restos moi fragmentados. Xurdiron hipóteses sobre se era un terópodo basal, un sauropodomorfo basal, un saurisquio basal ou se non era un dinosauro senón un tipo de arcosauro. Porén, co descubrimento dun esqueleto case completo e unha caveira en 1988,[3][4] Herrerasaurus foi clasificado tanto como un terápodo antigo como un saurisquio antigo en cando menos cinco estudos sobre a evolución dos terópodos, con moitos investigadores tratándoo, cando menos de xeito tentativo, como o membro máis primitivo dos terópodos.[5]

É membro dos Herrerasauridae, unha familia de xéneros semellantes que se atopan entre os primeiros membros da radiación evolutiva dos dinosauros.[6][7]

  1. Alcober, Oscar A.; Martinez, Ricardo N. (2010). "A new herrerasaurid (Dinosauria, Saurischia) from the Upper Triassic Ischigualasto Formation of northwestern Argentina". ZooKeys (63): 55–81. PMC 3088398. PMID 21594020. doi:10.3897/zookeys.63.550. 
  2. Reig, O.A. (1963). "La presencia de dinosaurios saurisquios en los "Estratos de Ischigualasto" (Mesotriásico Superior) de las provincias de San Juan y La Rioja (República Argentina)". Ameghiniana (en castelán) 3 (1): 3–20. 
  3. Sereno, P.C.; Novas, F.E.; Arcucci, A.B.; C. Yu (1988). "New evidence on dinosaur and mammal origins from the Ischigualasto Formation (Upper Triassic, Argentina)". Journal of Vertebrate Paleontology 8 (3, supplement): 26A. doi:10.1080/02724634.1988.10011734. 
  4. Sereno, P.C.; Novas, F.E. (1992). "The complete skull and skeleton of an early dinosaur". Science 258 (5085): 1137–1140. Bibcode:1992Sci...258.1137S. PMID 17789086. doi:10.1126/science.258.5085.1137. 
  5. Holtz, Thomas R. Jr. (2011) Dinosaurs: The Most Complete, Up-to-Date Encyclopedia for Dinosaur Lovers of All Ages, Winter 2010 Appendix.
  6. Nesbitt, S. J.; Smith, N. D.; Irmis, R. B.; Turner, A. H.; Downs, A. & Norell, M. A. (2009). "A complete skeleton of a Late Triassic saurischian and the early evolution of dinosaurs". Science 326 (5959): 1530–1533. Bibcode:2009Sci...326.1530N. PMID 20007898. doi:10.1126/science.1180350. .
  7. Airhart, Marc (10 de decembro de 2009). Jackson School of Geosciences, ed. "New Meat-Eating Dinosaur Alters Evolutionary Tree". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2010. Consultado o 05 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.