Halterofilia nos Xogos Olímpicos
Aparencia
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | halterofilia |
Organizador | Comité Olímpico Internacional |
Parte de | Xogos Olímpicos de Verán |
Outro | |
Páxina web oficial | olympic.org… |
A halterofilia é un deporte que forma parte do programa oficial dos Xogos Olímpicos dende os Xogos de 1896 celebrados na cidade de Atenas (Grecia). Ausente nos Xogos Olímpicos de 1900 realizados en París (Francia), volveu á competición nos Xogos Olímpicos de 1904 celebrados en Saint Louis (Estados Unidos de América). Posteriormente estivo ausente nas edicións de 1908 en Londres e 1912 en Estocolmo, volvendo definitivamente nos Xogos Olímpicos de 1920 realizados en Anveres (Bélxica). A competición feminina non foi introducida até os Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney (Australia).
Os grandes dominadores desta disciplina son a extinta Unión Soviética, a China e os Estados Unidos de América.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |