Saltar ao contido

Gran Premio do Reino Unido de 1980

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio do Reino Unido de 1980
Nome oficialXXXIII Marlboro British Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1980 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento76 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Brands Hatch (Kent) 51°21′24″N 0°15′45″L / 51.356666666667, 0.2625 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude3,703 km Editar o valor en Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
Data13 de xullo de 1980 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAlan Jones Editar o valor en Wikidata
Pole positionDidier Pironi Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaDidier Pironi Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio do Reino Unido de 1980 (oficialmente o XXXIII Marlboro British Grand Prix) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 13 de xullo de 1980 no circuíto de Circuíto de Brands Hatch, Kent, Inglaterra. Foi a oitava carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1980, disputada sobre 76 voltas, cunha distancia total de 319´73 km.

A carreira foi gañada polo piloto australiano, Alan Jones pilotando un Williams FW07B. A vitoria foi a oitava vitoria de Jones nun Gran Premio de Fórmula Un e a súa cuarta do ano. Jones gañou por once segundos sobre o piloto brasileiro Nelson Piquet que pilotaba un Brabham BT49. En terceiro lugar, e o único outro coche en terminar na volta do líder, foi o compañeiro de equipo de Jones en Williams Grand Prix Engineering, o piloto arxentino Carlos Reutemann.

Resumo da carreira

[editar | editar a fonte]

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Nas dúas semanas entre o Gran Premio Francés e British Grand Prix, Brabham decidiu substituír a Ricardo Zunino polo piloto mexicano Héctor Rebaque, mentres que o equipo Shadow pechaba. Aínda había 27 coches na lista de inscritos, como RAM Racing cun vello Williams FW07 para Rupert Keegan e a muller piloto de Suráfrica Desiré Wilson.[1]

Cualificación

[editar | editar a fonte]

Por terceira carreira consecutiva, un piloto de Ligier logrou a pole position, Didier Pironi estableceu un tempo duns 5´8 segundos máis rápido que o tempo da pole establecido por Ronnie Peterson no Gran Premio anterior en Brands Hatch dous anos antes. O compañeiro de equipo de Pironi Jacques Laffite estaba á súa beira na primeira fila, mentres que os Williams oficiais encheron a segunda fila co líder do campionato Alan Jones por diante de Carlos Reutemann. Na terceira fila estaban Nelson Piquet no Brabham e Bruno Giacomelli no Alfa Romeo, e na cuarta estaban Alain Prost no McLaren e Patrick Depailler no segundo Alfa Romeo. Mario Andretti no Lotus e Derek Daly no Tyrrell completaban os dez primeiros.

Os Renaults e Ferraris tiñan problemas cos seus pneumáticos Michelin,[2] e Jean-Pierre Jabouille e René Arnoux só puideron ser 13º e 16º, respectivamente, para o equipo francés, mentres que Gilles Villeneuve e o actual campión Jody Scheckter foron 19º e 23º, respectivamente, para o equipo italiano, e foron superados polo Williams privado de Keegan. Wilson non puido clasificarse no outro Williams privado.

Ao comezo, Pironi liderou con Laffite mantendo baixo control Jones e Piquet pasando Reutemann ó cuarto posto. Pironi desfrutou dunha cómoda vantaxe ata a volta 19, cando picou un pneumático dianteiro e fixo unha longa parada en boxes para substituílo. Laffite liderou ata que el tamén sufriu unha picada nun pneumático, o que lle fixo trompear na curva Hawthorn na volta 31. A partir de entón, Jones mantivo unha cómoda vantaxe sobre Piquet e Reutemann, mentres que Pironi quedou na parte posterior da pista, chegando a ser quinto antes de sufrir outro problema cos pneumáticos na volta 64. Máis tarde comprobouse que os problemas dos Ligiers foron causados polo agretamento das súas lamias.

Jones finalmente pasou a bandeira a cadros 11 segundos por diante de Piquet, logrando a súa cuarta vitoria da tempada e a súa terceira consecutiva (incluíndo o Gran Premio español, que posteriormente foi desposuído da súa condición de campionato do mundo). Reutemann, o último home na volta do líder, terminou 2´2 segundos detrás de Piquet, seguido por Daly, o seu compañeiro de equipo en Tyrrell Jean-Pierre Jarier, e Prost.

No campionato de pilotos, Jones aumentou a súa vantaxe sobre Piquet a seis puntos, mentres que no Campionato de Construtores Williams tomou 18 puntos de vantaxe sobre Ligier.

Esta carreira resultou ser a última para Depailler, que perdeu a vida tres semanas máis tarde, durante as probas en Hockenheim antes do Gran Premio de Alemaña.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 27 Australia Alan Jones Williams-Ford 76 1:34:49.228 3 9
2 5 Nelson Piquet Brabham-Ford 76 + 11.007 5 6
3 28 Carlos Reutemann Williams-Ford 76 + 13.285 4 4
4 4 Derek Daly Tyrrell-Ford 75 + 1 volta 10 3
5 3 Francia Jean-Pierre Jarier Tyrrell-Ford 75 + 1 volta 11 2
6 8 Francia Alain Prost McLaren-Ford 75 + 1 volta 7 1
7 6 Héctor Rebaque Brabham-Ford 74 + 2 voltas 17
8 7 John Watson McLaren-Ford 74 Motor 12
9 29 Italia Riccardo Patrese Arrows-Ford 73 + 3 voltas 21
10 1 Unión Sudafricana Jody Scheckter Ferrari 73 + 3 voltas 23
11 50 Rupert Keegan Williams-Ford 73 + 3 voltas 18
12 20 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 72 + 4 voltas 22
13 30 Alemaña Jochen Mass Arrows-Ford 69 + 7 voltas 24
NC 16 Francia René Arnoux Renault 67 Non Clasificado 16
Ret 25 Francia Didier Pironi Ligier-Ford 63 Pneumatico 1
Ret 9 Suíza Marc Surer ATS-Ford 59 Motor 15
Ret 11 Mario Andretti Lotus-Ford 57 Caixa de cambios 9
Ret 23 Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo 42 Trompo 6
Ret 2 Gilles Villeneuve Ferrari 35 Motor 19
Ret 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Ford 30 Pneumático 2
Ret 22 Francia Patrick Depailler Alfa Romeo 27 Motor 8
Ret 31 Eddie Cheever Osella-Ford 17 Suspensión 20
Ret 12 Italia Elio de Angelis Lotus-Ford 16 Suspensión 14
Ret 15 Francia Jean-Pierre Jabouille Renault 4 Motor 13
NSC 14 Países Baixos Jan Lammers Ensign-Ford
NSC 21 Finlandia Keke Rosberg Fittipaldi-Ford
NSC 43 Unión Sudafricana Desiré Wilson Williams-Ford

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1980
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1980
Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1980
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1979
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1981
  1. "Desiré Wilson – Biography". Formula One Rejects. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2007. Consultado o 17 January 2011. 
  2. "Grand Prix Results: British GP, 1980". Grandprix.com. Consultado o 30 October 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]