Gran Premio do Brasil de 1984
Nome oficial | X Grande Prêmio do Brasil |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Brasil |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1984 |
Distancia do evento | 61 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo Internacional Nelson Piquet (Río de Xaneiro) 22°58′32″S 43°23′42″O / -22.975555555556, -43.395 |
País | Brasil |
Data | 25 de marzo de 1984 |
Competición | |
Primeiro posto | Alain Prost |
Pole position | Elio de Angelis |
Volta máis rápida | Alain Prost |
O Gran Premio do Brasil de 1984 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 25 de marzo de 1984 no circuíto de Jacarepaguá de Río de Xaneiro. Foi a primeira carreira da tempada de 1984 e tamén foi o décimo terceiro Gran Premio do Brasil, e a primeira carreira na que a FISA introduciu o límite de 220 litros de combustible por carreira, prohibindo as repostaxes que se facían ata agora. Moitos dos pilotos predixeron correctamente que isto convertería os Grandes Premios en carreiras de aforro de combustible en lugar de carreiras reais. Tamén foi a primeira carreira de Fórmula Un para o futuro triplo campión do mundo, Ayrton Senna.
Cualificación
[editar | editar a fonte]Elio de Angelis logrou a primeira pole da tempada no seu Lotus - Renault por diante do Ferrari de Michele Alboreto na súa primeira carreira para o Cavallino Rampante. Derek Warwick, na súa primeira carreira con Renault, foi terceiro na grella co McLaren - TAG, Alain Prost foi cuarto, Prost regresaba ao equipo no que comezou a súa carreira logo de tres tempadas con Renault. O actual campión mundial (e o favorito local) Nelson Piquet cualificou sétimo co Brabham - BMW, mentres que outro brasileiro, un novato da Fórmula Un chamado Ayrton Senna clasificouse 17º no seu primeiro Gran Premio no seu Toleman - Hart.
Carreira
[editar | editar a fonte]Alboreto conseguiu adiantarse na saída e liderou ao principio por diante de Warwick e de Angelis, e os McLaren de Niki Lauda e Prost. O francés fixera unha mala saída logo de saír con moi poucas revolucións e era décimo ao final da primeira volta. Prost non fixera prácticas de saída no coche, e na warm-up preguntoulle a Lauda que aceleración debía usar na saída. Lauda díxolle que non menos de 10 mil, pero na grella Prost sentía que isto era demasiado alto e reduciunas a 8000 só para decatarse de que Lauda tiña razón. Malia isto xa empezaba a mostrar a superior velocidade en carreira que se convertería na historia da tempada. Cando Lauda pasou a Warwick para o segundo posto ao final da recta de atrás na volta 10, a parte traseira dereita do McLaren golpeou o pneumático dianteiro esquerdo do Renault. O golpe danou a suspensión de Warwick, o fallo na suspensión obrigouno posteriormente a abandonar a carreira cando se era segundo.
Senna sufriu o seu primeiro abandono da tempada 1984 pola rotura do turbo na volta 8.
A carreira de Alboreto foi arruinada por un perno solto na pinza dereita do freo dianteiro do seu coche, que liberou todo o líquido de freos e provocou o sobre quecemento do freo, dando lugar a un par de trompos. Lauda lideraba por uns 40 segundos na volta 34, cando os cables da batería do seu McLaren soltáronse, provocando un fallo eléctrico. Piquet, que case calara o seu Brabham cando caeu a bandeira, terminou a carreira na volta 32 cando o motor BMW fallou na recta de boxes.
Logo de pasar a Warwick no liderado, Prost, que estaba nos pits para cambiar pneumáticos cando Lauda retirouse, perdeu o liderado de novo co inglés cando fixo a súa segunda parada para cambiar pneumáticos. Recuperou a vantaxe definitiva trala retirada de Warwick e gañou por 40´514 segundos por diante do Williams - Honda de Keke Rosberg e o Lotus de de Angelis. Para Rosberg foi o seu terceiro segundo posto consecutivo no Gran Premio do Brasil, malia que foi o único no que non foi descualificado. Eddie Cheever pilotou ben para terminar cuarto no Alfa Romeo moitos dixeran que non terminaría a carreira antes de quedar sen combustible, mentres que o Renault de Patrick Tambay clasificouse sexto logo de correr seco na última volta, perdendo o quinto posto co outro novato na F1 Martin Brundle no seu Tyrrell - Ford.
Brundle, e todo o equipo Tyrrell serían máis tarde descualificados da tempada por infraccións técnicas. Isto deu lugar ao quinto posto de Tambay con Thierry Boutsen elevado ao sexto no seu Arrows - Ford.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Cual | diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 1:28.392 | — |
2 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 1:28.898 | +0.506 |
3 | 16 | Derek Warwick | Renault | 1:29.025 | +0.633 |
4 | 7 | Alain Prost | McLaren-TAG | 1:29.330 | +0.938 |
5 | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Renault | 1:29.364 | +0.972 |
6 | 8 | Niki Lauda | McLaren-TAG | 1:29.854 | +1.462 |
7 | 1 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 1:30.149 | +1.757 |
8 | 15 | Patrick Tambay | Renault | 1:30.554 | +2.162 |
9 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 1:30.611 | +2.219 |
10 | 28 | René Arnoux | Ferrari | 1:30.695 | +2.303 |
11 | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 1:30.973 | +2.581 |
12 | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 1:31.282 | +2.890 |
13 | 5 | Jacques Laffite | Williams-Honda | 1:31.548 | +3.156 |
14 | 26 | Andrea de Cesaris | Ligier-Renault | 1:32.895 | +4.503 |
15 | 14 | Manfred Winkelhock | ATS-BMW | 1:32.997 | +4.253 |
16 | 2 | Teo Fabi | Brabham-BMW | 1:33.227 | +4.835 |
17 | 19 | Ayrton Senna | Toleman-Hart | 1:33.525 | +5.133 |
18 | 20 | Johnny Cecotto | Toleman-Hart | 1:35.300 | +6.908 |
19 | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Ford | 1:36.081 | +7.689 |
20 | 25 | François Hesnault | Ligier-Renault | 1:36.238 | +7.846 |
21 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-Ford | 1:36.312 | +7.920 |
22 | 24 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 1:36.434 | +8.042 |
23 | 4 | Stefan Bellof | Tyrrell-Ford | 1:36.609 | +8.217 |
24 | 21 | Mauro Baldi | Spirit-Hart | 1:36.816 | +8.424 |
25 | 17 | Marc Surer | Arrows-Ford | 1:37.204 | +8.812 |
26 | 9 | Philippe Alliot | RAM-Hart | 1:37.709 | +9.317 |
NSC | 10 | Jonathan Palmer | RAM-Hart | 1:37.919 | +9.527 |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 7 | Alain Prost | McLaren-TAG | 61 | 1:42:34.492 | 4 | 9 |
2 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 61 | + 40.514 | 9 | 6 |
3 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 61 | + 59.128 | 1 | 4 |
4 | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 60 | + 1 volta | 12 | 3 |
5 | 15 | Patrick Tambay | Renault | 59 | Sen combustible | 8 | 2 |
6 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-Ford | 59 | + 2 voltas | 20 | 1 |
7 | 17 | Marc Surer | Arrows-Ford | 59 | + 2 voltas | 24 | |
8 | 10 | Jonathan Palmer | RAM-Hart | 58 | + 3 voltas | 26 | |
DSC | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Ford | 60 | Descualificado | 18 | |
Ret | 16 | Derek Warwick | Renault | 51 | Suspensión | 3 | |
Ret | 26 | Andrea de Cesaris | Ligier-Renault | 42 | Caixa de cambios | 14 | |
Ret | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 41 | Caixa de cambios | 11 | |
Ret | 8 | Niki Lauda | McLaren-TAG | 38 | Eléctrico | 6 | |
Ret | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Renault | 35 | Accidente | 5 | |
Ret | 1 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 32 | Motor | 7 | |
Ret | 2 | Teo Fabi | Brabham-BMW | 32 | Turbo | 15 | |
Ret | 28 | René Arnoux | Ferrari | 30 | Batería | 10 | |
Ret | 24 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 28 | Caixa de cambios | 21 | |
Ret | 25 | François Hesnault | Ligier-Renault | 25 | Temperatura | 19 | |
Ret | 9 | Philippe Alliot | RAM-Hart | 24 | Batería | 25 | |
Ret | 20 | Johnny Cecotto | Toleman-Hart | 18 | Turbo | 17 | |
Ret | 5 | Jacques Laffite | Williams-Honda | 15 | Eléctrico | 13 | |
Ret | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 14 | Freos | 2 | |
Ret | 21 | Mauro Baldi | Spirit-Hart | 12 | Distribuidor | 23 | |
DSC | 4 | Stefan Bellof | Tyrrell-Ford | 11 | Descualificado | 22 | |
Ret | 19 | Ayrton Senna | Toleman-Hart | 8 | Turbo | 16 | |
EX | 14 | Manfred Winkelhock | ATS-BMW | 0 | Excluído |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Martin Brundle e Tyrrell foron posteriormente descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1983 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1984 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1984 |
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1983 |
Gran Premio do Brasil | Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1985 |
Referencias
[editar | editar a fonte]A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2014. Consultado o 2007-06-17.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do Brasil de 1984 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |