Gran Premio de Suráfrica de 1985
Tipo | Gran Premio de Suráfrica |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985 |
Distancia do evento | 75 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Kyalami (Midrand (en) ) 25°59′53″S 28°04′08″L / -25.99803, 28.06892 |
País | Suráfrica |
Data | 19 de outubro de 1985 |
Competición | |
Primeiro posto | Nigel Mansell |
Pole position | Nigel Mansell |
Volta máis rápida | Keke Rosberg |
O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1985, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 19 de outubro de 1985. Foi a décimo quinta rolda da tempada de Fórmula Un de 1985. Foi o 31º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo sétimo que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Disputouse sobre 75 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 309 quilómetros.
Boicot
[editar | editar a fonte]A carreira estivo marcada porque algúns equipos intentaron boicotear o evento debido ao apartheid, a segregación de negros negros e brancos, e foi a última carreira de Fórmula Un en Suráfrica ata que terminou o apartheid en 1992. A carreira foi gañada por Nigel Mansell nun Williams, quen tamén logrou a pole position.
O evento foi boicoteado por varios equipos de Fórmula Un, a saber Ligier e Renault debido as crecentes presións internacionais contra tolerar o sistema de apartheid do país. Os equipos franceses Ligier e Renault estaban ombreiro con ombreiro co boicot do goberno francés ás sancións a Suráfrica,[1] aparentemente fixerono baixo presión.[2] A maior parte dos pilotos de Fórmula Un, incluíndo a Alain Prost, Niki Lauda e Nigel Mansell estaban persoalmente moi en contra das carreiras en Suráfrica, pero os pilotos sabían que foran contratados para pilotar en todos os Grandes Premios, e que tiñan que competir en Kyalami.[3]
Algúns gobernos trataron de obrigar aos seus pilotos a non participar na carreira. As sancións do Brasil a Suráfrica case impediron a participación de Nelson Piquet e Ayrton Senna na carreira.[4]
Finlandia e Suecia tiveron reservas similares con respecto ao finés Keke Rosberg e o sueco Stefan Johansson.[4] A Federación Nacional do Automóbil de Suecia anunciou que Johansson non podía competir en Suráfrica antes do evento,[4] pero disputou a carreira.
Ayrton Senna cambiou de opinión sobre o seu boicot persoal á carreira, dicindo que participaría na carreira se o seu equipo Lotus participaba.[5] O equipo participou e el tamén, retirándose fóra dos puntos.
Este foi o final do Gran Premio de Suráfrica ata que terminou o apartheid, co presidente da FIA Jean-Marie Balestre anunciando días despois da carreira que o gran premio non regresaría ao país debido ao apartheid.
O Gran Premio de Suráfrica só volvería en 1992, despois de que terminara o apartheid, nunha nova configuración do circuíto de Kyalami. Nigel Mansell, pilotando un Williams - Renault V10, tamén gañou a carreira cando regresou o Gran Premio ao calendario en 1992.[6]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pole position went to Nigel Mansell, averaging 236´898 km/h.
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:03.188 | 1:02.366 | — |
2 | 7 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 1:03.844 | 1:02.490 | +0.124 |
3 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 1:03.073 | 1:02.504 | +0.138 |
4 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 1:04.517 | 1:02.825 | +0.459 |
5 | 8 | Marc Surer | Brabham-BMW | 1:05.411 | 1:04.088 | +1.722 |
6 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 1:04.611 | 1:04.129 | +1.763 |
7 | 19 | Teo Fabi | Toleman-Hart | 1:06.083 | 1:04.215 | +1.849 |
8 | 1 | Niki Lauda | McLaren-TAG | 1:05.357 | 1:04.283 | +1.917 |
9 | 2 | Alain Prost | McLaren-TAG | 1:05.757 | 1:04.376 | +2.010 |
10 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 1:05.079 | 1:04.518 | +2.152 |
11 | 17 | Gerhard Berger | Arrows-BMW | 1:06.546 | 1:04.780 | +2.414 |
12 | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 1:06.386 | 1:04.948 | +2.582 |
13 | 20 | Piercarlo Ghinzani | Toleman-Hart | 1:07.800 | 1:05.114 | +2.748 |
14 | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 1:07.159 | 1:05.260 | +2.894 |
15 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 1:05.268 | 1:05.757 | +2.902 |
16 | 28 | Stefan Johansson | Ferrari | 1:05.406 | 1:05.388 | +3.022 |
17 | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Renault | 1:06.709 | 1:05.649 | +3.283 |
18 | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Renault | 1:07.935 | 1:06.205 | +3.839 |
19 | 29 | Pierluigi Martini | Minardi-Motori Moderni | 1:10.025 | 1:08.658 | +6.292 |
20 | 24 | Huub Rothengatter | Osella-Alfa Romeo | 1:09.904 | 1:09.873 | +7.507 |
NTS | 33 | Alan Jones | Lola-Hart | 1:07.144 | 1:05.731 | +3.365 |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 75 | 1:28:22.866 | 1 | 9 |
2 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 75 | + 7.572 | 3 | 6 |
3 | 2 | Alain Prost | McLaren-TAG | 74 | + 1 volta | 9 | 4 |
4 | 28 | Stefan Johansson | Ferrari | 74 | + 1 volta | 16 | 3 |
5 | 17 | Gerhard Berger | Arrows-BMW | 74 | + 1 volta | 11 | 2 |
6 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 74 | + 1 volta | 10 | 1 |
7 | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Renault | 73 | + 2 voltas | 17 | |
Ret | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 52 | Motor | 6 | |
Ret | 29 | Pierluigi Martini | Minardi-Motori Moderni | 45 | Radiador | 20 | |
Ret | 1 | Niki Lauda | McLaren-TAG | 37 | Turbo | 8 | |
Ret | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Renault | 16 | Accidente | 19 | |
Ret | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 8 | Motor | 4 | |
Ret | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 8 | Turbo | 15 | |
Ret | 7 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 6 | Motor | 2 | |
Ret | 20 | Piercarlo Ghinzani | Toleman-Hart | 4 | Motor | 13 | |
Ret | 19 | Teo Fabi | Toleman-Hart | 3 | Motor | 7 | |
Ret | 8 | Marc Surer | Brabham-BMW | 3 | Motor | 5 | |
Ret | 24 | Huub Rothengatter | Osella-Alfa Romeo | 1 | Eléctrico | 21 | |
Ret | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 0 | Colisión | 12 | |
Ret | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 0 | Colisión | 14 | |
NTS | 33 | Alan Jones | Lola-Hart | Indisposto | 18 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- Esta foi a última carreira dun Gran Premio de Fórmula Un que tivo lugar nun día que non fora domingo (a carreira disputouse o sábado).
- Primeiros puntos para Gerhard Berger (Berger terminou sexto no Gran Premio de Italia de 1984, pero non puido puntuar porque pilotaba o segundo coche do equipo ATS Team, que só inscribira un coche no campionato).
- Última carreira de F1 que tivo lugar no circuíto orixinal de 4´104 quilómetros de Kyalami, e o último Gran Premio de Suráfrica ata 1992.
- Philippe Streiff pilotou un Tyrrell en Kyalami substituíndo a Ivan Capelli. O equipo Ligier de Streiff boicoteara a carreira, pero o equipo 'prestoulle' o Tyrrell para o Gran Premio. Streiff ficharía por Tyrrell para 1986 e 1987.
- Ambos pilotos de Alfa Romeo quedaron fora en Crowthorne (a primeira curva) na primeira volta xusto despois de que na saída o Toleman de Piercarlo Ghinzani quedara entre ambos Alfas e logo de tocar a Riccardo Patrese no lado dereito saíse despedido contra Eddie Cheever no lado esquerdo de Ghinzani. O comportamento de Ghinzani na pista resultou ser un problema para os demais pilotos, o motor do seu Toleman Hart explotou espectacularmente e deixou un regueiro de aceite na trazada de algunhas curvas, sobre todo en Crowthorne, o piloto de Williams Keke Rosberg derrapou sobre o aceite deixado por Ghinzani e trompeou alí, o que deu ao seu compañeiro de equipo Nigel Mansell o liderado, aínda que Rosberg foi capaz de continuar e lograr finalmente o segundo posto.
- Alan Jones cualificara o seu Lola no posto 18º, pero non puido tomar a saída logo de enfermar de gripe. Malia que Jones xa mostrara síntomas de malestar durante a cualificación, non impediu que os rumores de que o equipo Lola Haas sacarao da carreira como parte do boicot político. Os rumores foron negados tanto polo equipo como por Jones.
- Carlos Reutemann pilotou o coche de apoio médico durante esta carreira. Sid Watkins afirma na súa autobiografía que o coche usado foi collido "prestado" dun aparcadoiro público xunto ao paddock xa que Reutemann rompera os dous coches destinados a esta tarefa polos organizadores da carreira. Os clips do vídeo do inicio da carreira mostran a pouca potencia que tiña a berlina prestada.
- ↑ Walker, Rob (February 1986). "Tiger, Tiger". Road & Track (New York, United States: Hachette Filipacchi Médias) 37 (6): 122.
- ↑ Paskman, Ken (1985-10-24). "Auto Racing". Orlando Sentinel (Orlando, Florida, United States: Tribune Company) (3 Star Edition): B.2.
- ↑ "1985 South African Grand Prix flashback". 5 February 2008. Consultado o 19 December 2014.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Martin, Gordon (1985-09-17). "The Apartheid Controversy Reaches Formula 1 Racing". San Francisco Chronicle (San Francisco, California, United States: Hearst Communications) (Final Edition): 63.
- ↑ "Injury shelves Lauda". The Gazette (Montreal, Quebec, Canadá: CanWest Global Communications) (Final Edition): C.12. 1985-09-27.
- ↑ "GRAND PRIX RESULTS: SOUTH AFRICAN GP, 1992". Consultado o 19 December 2014.
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014. Consultado o 2007-06-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Suráfrica de 1985 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Carreira anterior: Gran Premio de Europa de 1985 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1985 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Australia de 1985 |
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1984 |
Gran Premio de Suráfrica | Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1992 |