Gran Premio de Mónaco de 1990
Nome oficial | XLVIII Grand Prix Automobile de Monaco |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1990 |
Distancia do evento | 78 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 27 de maio de 1990 |
Competición | |
Primeiro posto | Ayrton Senna |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Ayrton Senna |
O Gran Premio de Mónaco de 1990 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 27 de maio de 1990 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a cuarta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1990.
A carreira foi gañada polo piloto brasileiro Ayrton Senna que liderou todas as voltas da carreira pilotando un McLaren MP4/5B. Foi a terceira vitoria de Senna no Gran Premio de Mónaco. O único piloto en completar a distancia completa da carreira xunto a Senna foi o seu compañeiro de equipo o austríaco Gerhard Berger.
Informe
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Non houbo ningunha sorpresa en Mónaco Ayrton Senna logrou a pole por diante do seu rival Alain Prost. Jean Alesi seguiu impresionando co seu Tyrrell, cualificando terceiro diante de Riccardo Patrese. A terceira fila formárona Gerhard Berger e Thierry Boutsen, Nigel Mansell foi sétimo e saíu xunto co Minardi de Pierluigi Martini, mentres que Emanuele Pirro e Nelson Piquet completaron os dez primeiros. O novo piloto australiano David Brabham cualificou 25 podendo participar nunha carreira por primeira vez na súa andaina na Fórmula 1.
Carreira
[editar | editar a fonte]Na saída houbo unha demora demasiado longa entre o vermello e o verde, o que causou aos pilotos sairán un pouco máis en tensión que de costume o que deu lugar a un accidente entre Prost e Berger na curva de Mirabeau. A pista quedou bloqueada e a carreira tivo que ser detida. Na segunda saída todo ía segundo o plan e Senna lideraba a Prost, Alesi, Berger, Patrese e Boutsen, Pirro foi o primeiro en abandonar cando o seu motor explotou na primeira volta. O oitavo clasificado, Nigel Mansell foi pronto o centro da acción rapidamente pasou ao Minardi de Martini e partiu na busca de Boutsen, pero o seu intento de adiantamento sobre o belga tivo menos éxito, na chicane do peirao tocaba o Williams de Boutsen e tivo que volver ranqueando aos boxes para cambiar o alerón dianteiro. Na parte dianteira Senna lideraba con comodidade, máis aínda logo da volta 30 na que Prost retirouse con problemas de batería. Houbo máis acción na volta 35, cando Piquet fixo un trompo en Loews, apagouselle o motor e foi descualificado cando recibiu un empuxón para arrincar por parte dos comisarios. Mentres Senna mantiña a súa vantaxe, a acción estaba máis atrás, Mansell volveu unha vez máis a carga. Primeiro pasou a Derek Warwick e logo pasou con éxito a Boutsen, cuarto, mentres que Alesi e Berger pelexábanse polo segundo lugar. Por desgraza para Mansell todo o seu traballo foi en balde xa que falloulle tamén a batería. Nas voltas finais a vantaxe de Senna comezou a diminuír, o que permitiu acercarse a Alesi / Berger, pero o McLaren de Senna aguantou ata o final para gañar a súa terceira carreira en Mónaco. Alesi foi segundo, seguido por Berger, Boutsen, Alex Caffi, e o restante sobrevivente Eric Bernard, que lograra o sexto lugar nas últimas voltas, gañando o primeiro punto no campionato do mundo na súa carreira na F1.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pre cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 29 | Éric Bernard | Lola-Lamborghini | 1:27.134 | — |
2 | 30 | Aguri Suzuki | Lola-Lamborghini | 1:27.548 | +0.414 |
3 | 14 | Olivier Grouillard | Osella-Ford | 1:27.938 | +0.804 |
4 | 33 | Roberto Moreno | Euro Brun-Judd | 1:28.295 | +1.161 |
5 | 17 | Gabriele Tarquini | AGS-Ford | 1:28.677 | +1.543 |
6 | 18 | Yannick Dalmas | AGS-Ford | 1:30.511 | +3.377 |
7 | 34 | Claudio Langes | Euro Brun-Judd | 1:33.195 | +6.061 |
8 | 31 | Bertrand Gachot | Coloni-Subaru | 1:39.295 | +12.161 |
9 | 39 | Bruno Giacomelli | Life | 1:41.187 | +14.053 |
Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 27 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:21.797 | 1:21.314 | — |
2 | 1 | Alain Prost | Ferrari | 1:23.449 | 1:21.776 | +0.462 |
3 | 4 | Jean Alesi | Tyrrell-Ford | 1:23.372 | 1:21.801 | +0.487 |
4 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:24.179 | 1:22.026 | +0.712 |
5 | 28 | Gerhard Berger | McLaren-Honda | 1:23.001 | 1:22.682 | +1.368 |
6 | 5 | Thierry Boutsen | Williams-Renault | 1:23.936 | 1:22.691 | +1.377 |
7 | 2 | Nigel Mansell | Ferrari | 1:24.433 | 1:22.733 | +1.419 |
8 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:24.012 | 1:23.149 | +1.835 |
9 | 21 | Emanuele Pirro | Dallara-Ford | 1:24.766 | 1:23.494 | +2.180 |
10 | 20 | Nelson Piquet | Benetton-Ford | 1:25.273 | 1:23.566 | +2.252 |
11 | 12 | Martin Donnelly | Lotus-Lamborghini | 1:24.724 | 1:23.600 | +2.286 |
12 | 22 | Andrea de Cesaris | Dallara-Ford | 1:25.849 | 1:23.613 | +2.299 |
13 | 11 | Derek Warwick | Lotus-Lamborghini | 1:24.070 | 1:23.656 | +2.342 |
14 | 8 | Stefano Modena | Brabham-Judd | 1:25.485 | 1:23.920 | +2.606 |
15 | 30 | Aguri Suzuki | Lola-Lamborghini | 1:27.193 | 1:24.023 | +2.709 |
16 | 19 | Alessandro Nannini | Benetton-Ford | 1:25.926 | 1:24.139 | +2.825 |
17 | 25 | Nicola Larini | Ligier-Ford | 1:24.206 | 1:24.270 | +2.892 |
18 | 26 | Philippe Alliot | Ligier-Ford | 1:25.387 | 1:24.294 | +2.980 |
19 | 24 | Paolo Barilla | Minardi-Ford | 1:26.352 | 1:24.334 | +3.020 |
20 | 35 | Gregor Foitek | Onyx-Ford | 1:26.183 | 1:24.367 | +3.053 |
21 | 3 | Satoru Nakajima | Tyrrell-Ford | 1:25.679 | 1:24.371 | +3.057 |
22 | 10 | Alex Caffi | Arrows-Ford | 1:26.520 | 1:25.000 | +3.686 |
23 | 16 | Ivan Capelli | Leyton House-Judd | 1:26.969 | 1:25.020 | +3.706 |
24 | 29 | Éric Bernard | Lola-Lamborghini | 1:25.398 | 1:25.541 | +4.084 |
25 | 7 | David Brabham | Brabham-Judd | 1:28.339 | 1:25.420 | +4.106 |
26 | 36 | Jyrki Järvilehto | Onyx-Ford | 1:27.923 | 1:25.508 | +4.194 |
27 | 9 | Michele Alboreto | Arrows-Ford | 1:27.282 | 1:25.622 | +4.308 |
28 | 14 | Olivier Grouillard | Osella-Ford | 1:25.785 | 1:26.781 | +4.471 |
29 | 15 | Maurício Gugelmin | Leyton House-Judd | 1:26.943 | 1:26.192 | +4.878 |
30 | 33 | Roberto Moreno | Euro Brun-Judd | 1:26.604 | 1:27.265 | +5.290 |
Carreira
[editar | editar a fonte]Líder por volta
[editar | editar a fonte]- Líder por volta: Ayrton Senna 78 voltas (1–78)
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de San Marino de 1990 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1990 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1990 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1989 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1991 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1990 |