Gran Premio de Italia de 1981
Nome oficial | LII Gran Premio d'Italia |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Italia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1981 |
Distancia do evento | 52 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Data | 13 de setembro de 1981 |
Competición | |
Primeiro posto | Alain Prost |
Pole position | René Arnoux |
Volta máis rápida | Carlos Reutemann |
O Gran Premio de Italia de 1981 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no circuíto de Monza o 13 de setembro de 1983. A carreira, que se disputou sobre 52 voltas, foi a décimo terceira proba da tempada de 1981. A carreira foi o 50º Gran Premio de Italia
A Fórmula Un regresou ao circuíto de Monza logo dun ano de ausencia, o ano do anterior o Gran Premio de Italia celebrouse no circuíto de Imola.
Ao chegar a Italia, Nelson Piquet e Carlos Reutemann estaban empatados a puntos no campionato de pilotos. Alain Prost tamén loitaba polo título mundial, logo dos seus resultados nas últimas carreiras.
Tamén foi a primeira vez na que un Toleman - Hart cualificou nunha carreira con Brian Henton que cualificou o coche no lugar 23.
Carreira
[editar | editar a fonte]Cando a carreira comezou, o pole René Arnoux caeu á terceira posición, mentres que Prost e Reutemann loitaron polo liderado. Detrás, Didier Pironi colocouse cuarto tras adiantar catro coches. Pironi continuou o seu ataque contra Reutemann e Arnoux e pronto quedaron detrás del. A medida que os seus rivais caeron detrás, Prost aumentou a súa vantaxe que manteríaa o resto da carreira. Jacques Laffite tamén fixo unha excelente saída, e corría terceiro cando se retirou da carreira cunha picada nunha roda na volta 11.
Na volta 19, John Watson perdeu o control do seu coche na curva Lesmo e estrelouse contra as barreiras a alta velocidade, prendendo un pequeno lume na parte traseira do coche. O motor do seu McLaren desprendeuse do coche e encheu a pista de refugallos. Michele Alboreto, que marchaba detrás de Watson, estrelouse contra os restos do motor, mentres Carlos Reutemann tomou á herba rozando a barreira para evitar o accidente, perdeu un lugar pero só sufriu danos menores. Afortunadamente, Watson escapou ileso.
Na metade da carreira, a táboa de posicións era: Prost, Jones, Piquet, Reutemann e De Angelis. Nun incrible caso de infortunio, o motor do Piquet explotou na última volta, deixando a Reutemann terceiro e cambiando drasticamente as posibilidades para as aspiracións ao título dos dous.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Distancia |
---|---|---|---|---|---|
1 | 16 | René Arnoux | Renault | 1:33.467 | - |
2 | 2 | Carlos Reutemann | Williams-Ford | 1:34.140 | 0.673 |
3 | 15 | Alain Prost | Renault | 1:34.374 | 0.907 |
4 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 1:35.062 | 1.575 |
5 | 1 | Alan Jones | Williams-Ford | 1:35.359 | 1.892 |
6 | 5 | Nelson Piquet | Brabham-Ford | 1:35.449 | 1.982 |
7 | 7 | John Watson | McLaren-Ford | 1:35.557 | 2.090 |
8 | 28 | Didier Pironi | Ferrari | 1:35.596 | 2.129 |
9 | 27 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 1:35.627 | 2.160 |
10 | 23 | Bruno Giacomelli | Alfa Romeo | 1:35.946 | 2.479 |
11 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Ford | 1.36.158 | 2.691 |
12 | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Ford | 1:36.210 | 2.743 |
13 | 22 | Mario Andretti | Alfa Romeo | 1:36.296 | 2.829 |
14 | 6 | Héctor Rebaque | Brabham-Ford | 1:36.472 | 3.005 |
15 | 25 | Patrick Tambay | Ligier-Matra | 1:36.515 | 3.048 |
16 | 8 | Andrea de Cesaris | McLaren-Ford | 1:37.019 | 3.552 |
17 | 3 | Eddie Cheever | Tyrrell-Ford | 1:37.160 | 3.693 |
18 | 32 | Jean-Pierre Jarier | Osella-Ford | 1:37.264 | 3.797 |
19 | 17 | Derek Daly | March-Ford | 1:37.309 | 3.842 |
20 | 29 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 1:37.355 | 3.888 |
21 | 9 | Slim Borgudd | ATS-Ford | 1:37.807 | 4.340 |
22 | 4 | Michele Alboreto | Tyrrell-Ford | 1:37.912 | 4.445 |
23 | 35 | Brian Henton | Toleman-Hart | 1:38.012 | 4.545 |
24 | 14 | Eliseo Salazar | Ensign-Ford | 1:38.053 | 4.586 |
NSC | 33 | Marc Surer | Theodore-Ford | 1:38.114 | 4.647 |
NSC | 31 | Beppe Gabbiani | Osella-Ford | 1:38.474 | 5.007 |
NSC | 36 | Derek Warwick | Toleman-Hart | 1:39.279 | 5.812 |
NSC | 30 | Siegfried Stohr | Arrows-Ford | 1:39.713 | 6.246 |
NSC | 20 | Keke Rosberg | Fittipaldi-Ford | 1:40.345 | 6.878 |
NSC | 21 | Chico Serra | Fittipaldi-Ford | 1:40.437 | 6.970 |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1981 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1981 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1981 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1980 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1982 |
Notas
[editar | editar a fonte]- Atormentado polo trauma de case matar ao mecánico Dave Luckett nunha carreira anterior, Siegfried Stohr estrelou o seu Arrows durante a sesión de cualificación. Finalmente decidiu deixar as carreiras e fundou unha exitosa academia de automobilismo.
- Nelson Piquet marchaba terceiro cando o seu motor explotou na penúltima volta.
- John Watson tivo un grande accidente nas curvas Lesmo cando saíuse na segunda curva de Lesmo, tocou a herba e trompeou a través da pista, e o seu McLaren de fibra de carbono estrelouse violentamente cara atrás contra as barreira Armco, explotou e rompeu o coche pola metade espraiando os restos do coche alén da pista, o que causou o choque de Michele Alboreto, aínda que saíu saíu con só unhas poucas mazaduras. Pero Watson saíu ileso demostrando a resistencia da fibra de carbono do McLaren.[1][2]
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2014. Consultado o 2007-06-16.
- ↑ "John Watson Accidente en Monza, GP Italia 1981". YouTube. Consultado o 2012-06-16.
- ↑ "Italian GP, 1981 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on". Grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 2012-06-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1981 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |