Gran Premio de Hungría de 2013
Nome oficial | Formula 1 Hungarian Grand Prix 2013 |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Hungría |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2013 |
Distancia do evento | 70 |
Localización e Datas | |
Localización | Hungaroring (Mogyoród) 47°34′56″N 19°15′04″L / 47.582222222222, 19.251111111111 |
Lonxitude | 4,381 km |
País | Hungría |
Data | 28 de xullo de 2013 |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton |
Pole position | Lewis Hamilton |
Volta máis rápida | Mark Webber |
O Gran Premio de Hungría de 2013, oficialmente o Magyar Nagydij 2013 foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 28 de xullo de 2013, no circuíto de Hungaroring preto de Mogyoród, Hungría. Foi a décima carreira da tempada de 2013.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Neste Gran Premio os coches da escudería Lotus F1 correron coa bandeira galega como homenaxe ás vítimas do accidente de Angrois[1].
Clasificación
[editar | editar a fonte]Q1
[editar | editar a fonte]Nico Rosberg foi o piloto máis rápido na Q1, por diante do seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton. Os pilotos eliminados na Q1, foron Esteban Gutiérrez, Paul di Resta, Charles Pic, Giedo van der Garde, Jules Bianchi e Max Chilton .
Q2
[editar | editar a fonte]Nico Rosberg foi o máis rápido de novo por diante de Lewis Hamilton tamén de novo. Adrian Sutil foi eliminado, así como Nico Hülkenberg, Jenson Button, Jean-Eric Vergne, Pastor Maldonado e Valtteri Bottas.
Q3
[editar | editar a fonte]Lewis Hamilton logrou a pole position por diante de Sebastian Vettel e Romain Grosjean.
Carreira
[editar | editar a fonte]O Mercedes de Lewis Hamilton gañou o Gran Premio de Hungría 2013 seguido do Lotus de Kimi Räikkönen e do Red Bull de Sebastian Vettel. Hamilton gañou o Gran Premio de Hungría en catro ocasións, en 2013, 2012, 2009 e 2007, empatando con Michael Schumacher no número de máis vitorias no Gran Premio de Hungría.
Post carreira
[editar | editar a fonte]Romain Grosjean foi sancionado cunha penalización de 20 segundos logo da carreira por golpear o McLaren de Jenson Button ao intentar adiantarlle na chicane durante o Gran Premio de Hungría.[2] Ferrari foi multado con 15.000 euros despois de que os comisarios deportivos atoparan que Fernando Alonso utilizara o DRS tres veces cando estaba a máis dun segundo detrás doutro coche.
Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Parte 1 | Parte 2 | Parte 3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 10 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:20.363 | 1:19.862 | 1:19.388 | 1 |
2 | 1 | Sebastian Vettel | Red Bull-Renault | 1:20.646 | 1:19.992 | 1:19.426 | 2 |
3 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Renault | 1:20.447 | 1:20.101 | 1:19.595 | 3 |
4 | 9 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:20.350 | 1:19.778 | 1:19.720 | 4 |
5 | 3 | Fernando Alonso | Ferrari | 1:20.652 | 1:20.183 | 1:19.791 | 5 |
6 | 7 | Kimi Räikkönen | Lotus-Renault | 1:20.867 | 1:20.243 | 1:19.851 | 6 |
7 | 4 | Felipe Massa | Ferrari | 1:21.004 | 1:20.460 | 1:19.929 | 7 |
8 | 19 | Daniel Ricciardo | Toro Rosso-Ferrari | 1:21.181 | 1:20.527 | 1:20.641 | 8 |
9 | 6 | Sergio Pérez | McLaren-Mercedes | 1:21.612 | 1:20.545 | 1:22.398 | 9 |
10 | 2 | Mark Webber | Red Bull-Renault | 1:21.264 | 1:20.503 | Sen tempo | 10 |
11 | 15 | Adrian Sutil | Force India-Mercedes | 1:21.471 | 1:20.569 | 11 | |
12 | 11 | Nico Hülkenberg | Sauber-Ferrari | 1:21.028 | 1:20.580 | 12 | |
13 | 5 | Jenson Button | McLaren-Mercedes | 1:21.131 | 1:20.777 | 13 | |
14 | 18 | Jean-Eric Vergne | Toro Rosso-Ferrari | 1:21.345 | 1:21.029 | 14 | |
15 | 16 | Pastor Maldonado | Williams-Renault | 1:20.816 | 1:21.133 | 15 | |
16 | 17 | Valtteri Bottas | Williams-Renault | 1:21.135 | 1:21.219 | 16 | |
17 | 12 | Esteban Gutiérrez | Sauber-Ferrari | 1:21.724 | 17 | ||
18 | 14 | Paul di Resta | Force India-Mercedes | 1:22.043 | 18 | ||
19 | 20 | Charles Pic | Caterham-Renault | 1:23.007 | 19 | ||
20 | 21 | Giedo van der Garde | Caterham-Renault | 1:23.333 | 20 | ||
21 | 22 | Jules Bianchi | Marussia-Cosworth | 1:23.787 | 21 | ||
22 | 23 | Max Chilton | Marussia-Cosworth | 1:23.997 | 22 | ||
107% tempo: | |||||||
Fonte:[Cómpre referencia] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Comunicado[Ligazón morta] en honor das vítimas do accidente de Angrois (en inglés).
- ↑ Straw, Edd (28 July 2013). "Hungarian GP: Romain Grosjean penalised for Jenson Button clash". Autosport. Consultado o 28 July 2013.
- ↑ "FORMULA 1 MAGYAR NAGYDÍJ 2013 - Provisional Results". Formula1.com (Formula One Administration). 28 July 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2013. Consultado o 28 July 2013.
- ↑ "Lewis Hamilton wins Hungarian Grand Prix from pole position in scorching 50-degree heat". The Telegraph (The Telegraph). 28 July 2012. Consultado o 28 July 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Hungría de 2013 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 2013 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2013 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 2013 |
Carreira anterior: Gran Premio de Hungría de 2012 |
Gran Premio de Hungría | Carreira seguinte: Gran Premio de Hungría de 2014 |