Gran Premio de Europa de 1984
Nome oficial | XXXVI European Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Europa |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1984 |
Distancia do evento | 67 |
Localización e Datas | |
Localización | Nürburgring (Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz) 50°20′08″N 6°56′51″L / 50.335555555556, 6.9475 |
Lonxitude | 5,148 km |
País | Países Baixos |
Data | 7 de outubro de 1984 |
Competición | |
Primeiro posto | Alain Prost |
Pole position | Nelson Piquet |
Volta máis rápida | Nelson Piquet |
O Gran Premio de Europa de 1984 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no circuíto de Nürburgring o 7 de outubro de 1984. Foi décimo quinta carreira da tempada 1984. Esta foi a primeira vez que unha carreira de Fórmula Un disputouse no novo circuíto de 4´54 quilómetros de Nürburgring GP-Strecke e a primeira vez que a F1 regresaba ao circuíto desde o Gran Premio de Alemaña de 1976 que se celebrou na antiga pista de 22´835 quilómetros do circuíto Nordschleife.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Durante a sesión de quecemento da mañá , Alain Prost trompeou co seu McLaren - TAG e bateu cun coche estacionado nun lado da pista.
O novo piloto brasileiro Ayrton Senna desencadeou un accidente na primeira curva, que deixou fora os coches de Rosberg, Marc Surer, Gerhard Berger e Piercarlo Ghinzani. O Toleman de Senna (que comezara 12º) marchaba detrás do Williams de Rosberg na freada ao final da recta principal, que causou o accidente. Rosberg comezara cuarto (logo de estoupar o seu motor Honda saíndo da última curva da súa volta de cualificación), pero era lento logo de que o seu motor desenvolvera repentinamente un fallo de encendido.
Logo de cualificar na segunda posición da grella, Alain Prost gañou a carreira no seu McLaren por diante do Ferrari de Michele Alboreto e o Brabham - BMW do campión do mundo Nelson Piquet, tanto o Ferrari como o Brabham quedaron sen combustible mentres cruzaban a liña de meta. Cando saíron dos seus coches, que se detiveron na saída de boxes, Alboreto e Piquet levantaron os seus brazos o un ao outro nun xesto de frustración polo límite da FISA de 220 litros de combustible para os turbos.
Niki Lauda, que case perdera a vida a causa do lume nun accidente cando pilotaba un Ferrari 312T2 durante o Gran Premio de Alemaña de 1976, comezou 15º e terminou cuarto no seu McLaren, e podería ser terceiro se non fose por un trompo, cando boqueou os seus freos mentres atacaba a Mauro Baldi na volta 21. En marcado contraste coa falta de seguridade de Nordschleife, Lauda deu o visto e prace ao novo circuíto de Strecke como un circuíto de Gran Premio moi seguro, dicindo que era "o lugar perfecto para celebrar un Gran Premio".
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 7 | Alain Prost | McLaren-TAG | 67 | 1:35:13.284 | 2 | 9 |
2 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 67 | + 23.911 | 5 | 6 |
3 | 1 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 67 | + 24.922 | 1 | 4 |
4 | 8 | Niki Lauda | McLaren-TAG | 67 | + 43.086 | 15 | 3 |
5 | 28 | René Arnoux | Ferrari | 67 | + 1:01.430 | 6 | 2 |
6 | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 66 | + 1 volta | 9 | 1 |
7 | 26 | Andrea de Cesaris | Ligier-Renault | 65 | + 2 voltas | 17 | |
8 | 21 | Mauro Baldi | Spirit-Hart | 65 | + 2 voltas | 24 | |
9 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 64 | Encendido | 11 | |
10 | 25 | François Hesnault | Ligier-Renault | 64 | + 3 voltas | 19 | |
11 | 16 | Derek Warwick | Renault | 61 | Temperatura | 7 | |
Ret | 30 | Jo Gartner | Osella-Alfa Romeo | 60 | Sistema combustible | 22 | |
Ret | 2 | Teo Fabi | Brabham-BMW | 57 | Caixa de cambios | 10 | |
Ret | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Renault | 51 | Motor | 8 | |
Ret | 15 | Patrick Tambay | Renault | 47 | Sistema combustible | 3 | |
Ret | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 37 | Sistema combustible | 13 | |
Ret | 9 | Philippe Alliot | RAM-Hart | 37 | Turbo | 25 | |
Ret | 10 | Jonathan Palmer | RAM-Hart | 35 | Turbo | 21 | |
Ret | 5 | Jacques Laffite | Williams-Honda | 27 | Motor | 14 | |
Ret | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 25 | Turbo | 23 | |
Ret | 20 | Stefan Johansson | Toleman-Hart | 17 | Temperatura | 26 | |
Ret | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 0 | Colisión | 4 | |
Ret | 19 | Ayrton Senna | Toleman-Hart | 0 | Colisión | 12 | |
Ret | 17 | Marc Surer | Arrows-BMW | 0 | Colisión | 16 | |
Ret | 31 | Gerhard Berger | ATS-BMW | 0 | Colisión | 18 | |
Ret | 24 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 0 | Colisión | 20 |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Tyrrell e os seus pilotos foron descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1984 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1984 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Portugal de 1984 |
Carreira anterior: Gran Premio de Europa de 1983 |
Gran Premio de Europa | Carreira seguinte: Gran Premio de Europa de 1985 |
Notas
[editar | editar a fonte]- Pole position: Nelson Piquet - 1:18.871[1]
- Volta rápida: Michele Alboreto e Nelson Piquet - 1:23.146 na volta 62[2]
- Última vez na que a volta rápida foi compartida por dous ou máis pilotos
- ↑ Lang, Mike (1992). Grand Prix! Vol 4. Haynes Publishing Group. p. 287. ISBN 0-85429-733-2.
- ↑ Lang, Mike (1992). Grand Prix! Vol 4. Haynes Publishing Group. p. 289. ISBN 0-85429-733-2.
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2014. Consultado o 2007-06-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Europa de 1984 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |