Saltar ao contido

Gran Premio de Detroit de 1984

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Detroit de 1984
Nome oficial3rd Detroit Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Detroit Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1984 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento63 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto urbano de Detroit (Detroit) 42°19′47″N 83°02′24″O / 42.32975, -83.04011 Editar o valor en Wikidata
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Data24 de xuño de 1984 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoNelson Piquet Editar o valor en Wikidata
Pole positionNelson Piquet Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaDerek Warwick Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Detroit de 1984 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 24 de xuño de 1984 en Detroit, Míchigan. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 1984.

Resumo da carreira

[editar | editar a fonte]

O campión mundial o brasileiro Nelson Piquet superou un choque na primeira volta (grazas a unha nova saída) e dominou toda a fin de semana para lograr a súa segunda vitoria consecutiva. Partindo desde a pole, Piquet liderou de principio a fin e mantivo baixo control a un brillante piloto debutante, Martin Brundle no Tyrrell atmosférico, para gañar o terceiro Gran Premio de Detroit por menos dun segundo. O coche de Brundle foi finalmente descualificado logo dunha longa disputa por ter un lastre ilegal no sistema de auga. Foi unha carreira de desgaste brutal, e só terminaron 6 coches.

Durante as primeiras sesións de práctica, como é habitual nun circuíto urbano, moitos pilotos loitaban por evitar os muros de formigón que rodeaban o circuíto. Pero Nigel Mansell, de inmediato estableceu o estándar no seu Lotus, con só Niki Lauda preto del. Patrick Tambay pilotou de novo o Renault logo de romperse unha perna en Mónaco só tres semanas antes. O americano Mario Andretti, que fora chamado como posible substituto para Tambay na carreira, estaba satisfeito de pasar a fin de semana como espectador, vendo aos seus dous fillos correr nas carreiras de apoio.

O sábado, a pista estaba considerablemente máis rápida, Mansell mellorou en case catro segundos o seu mellor tempo provisional do día anterior, facendo 1:42.172. A pole position escapábaselle de novo, xa que Piquet rexistrou un impresionante 1:40.980. Alain Prost tamén eclipsou a Mansell cun 1:41.640 no seu McLaren para aliñarse á beira do Brabham na primeira fila. O novato brasileiro Ayrton Senna foi sétimo no Toleman, xusto por diante do estadounidense Eddie Cheever no Alfa Romeo.

O clima cálido e asollado, regresou o domingo logo dunha tormenta durante a noite que deixou a pista limpa, pero na saída, produciuse o caos. Mansell pensou que podería adiantar a Piquet na grella e apuntou o seu Lotus para o espazo entre os dous coches da primeira fila. Golpeou a parte traseira do McLaren de Prost e rebotou contra o costado do Brabham de Piquet, enviándoo contra á parede exterior da pista e o Ferrari de Michele Alboreto. A roda traseira dereita do Brabham saíu polo aire e aterrou na parte dianteira do Toleman de Senna, rompéndolle a suspensión. Ao mesmo tempo, Marc Surer que saía do fondo da grella viuse bloqueado polo coche de Piquet, e bateu co seu Arrows coa roda dianteira esquerda do Brabham. Para evitar riscos, os organizadores detiveron a carreira e prepararon unha nova saída.

Piquet, Alboreto e Senna tomaron os seus coches de reposto, pero Arrows non tiña ningún coche para Surer, polo que o suízo non puido saír cando volveuse a montar a grella. O segundo inicio saíu a pedir de boca, Piquet liderou sobre Prost e Mansell. Ao final da primeira volta, os tres eran seguidos por Alboreto, Cheever (que xa gañara tres lugares), Derek Warwick, Elio de Angelis, Lauda, Tambay e Senna. Prost seguía de cerca a Piquet nas primeiras voltas, pero foi perdendo tempo cando os seus pneumáticos traseiros comezaron a perder agarre. Como resultado, Mansell pechou diferenzas co francés e alcanzouno na volta 10, con Piquet cinco segundos por diante.

Inmediatamente, Mansell loitou duro para coller o líder. Piquet, ao parecer, conducía xusto o suficientemente rápido para manterse á fronte, e Mansell non puido acurtar distancia. Na volta 17, o Lotus desacelerou notablemente ao entrar no túnel de Atwater, xa que perdera a segunda marcha. Mentres tanto, non só Prost, tamén os Renault de Warwick e Tambay, e logo Lauda víronse obrigados a parar para poñer pneumáticos novos, mentres que Piquet non tiña ningún problema coa superficie abrasiva. Na volta 22, a roda traseira dereita de Senna bateu contra a barreira de pneumáticos na curva un,cando trataba de escapar do acoso de Keke Rosberg, Cheever retirouse da terceira posición co inter-cooler agretado. Mansell, finalmente renunciou á loita coa súa caixa de cambios rota na volta 28, entregando o segundo lugar a Alboreto, 15 segundos detrás de Piquet. Elio de Angelis quedou en terceiro lugar no segundo Lotus, logo dunha gran brecha, Rosberg e os impresionantes novatos de Tyrrell, Brundle e Stefan Bellof.

O equipo Tyrrell, aínda fiel aos motores V8 Cosworth-Ford de aspiración atmosferica, non tiñan ningunha oportunidade na tempada de ser competitivos fronte aos potentes turbos. Pero, xa puntuaran catro veces en sete carreiras, e no estreito circuíto, a combinación do seu pouco peso e menor potencia provocaban un menor desgaste dos pneumáticos. Isto permitiulles utilizar un composto de Goodyear máis brando, mentres que todos os demais tiñan que usar o composto máis duro. Ademais, a compactidade dos coches, en comparación cos turbos, era unha vantaxe no revirado circuíto entre os muros de formigón, especialmente a través da chicana que conduce á recta de boxes. E o máis importante, Brundle e Bellof tiñan moito mellores actuacións no seu primeiro ano do que ninguén esperaba.

Bellof, abandonou na volta 34 cando golpeou a parede ao saír da chicana antes dos boxes. Entón, xusto cando Brundle entrou en boxes, Warwick marcou a volta rápida da carreira e pasou a Rosberg e de Angelis en voltas consecutivas para colocarse no terceiro lugar. A piques de coller a Alboreto, o Renault de Warwick perdeu repentinamente a quinta marcha, permitindo a de Angelis e Rosberg adiantalo na volta 37. A súa caixa de cambios rompeu completamente na volta 41, e converteuse no décimo oitavo retirado do día, deixando só oito coches na pista. Rosberg sucumbiu co turbocompresor roto, e cando Alboreto rebentou o motor na volta 50, Piquet lideraba por máis de 30 segundos.

Brundle atopábase agora no terceiro lugar e acosaba a de Angelis, que conducía sen segunda marcha no seu Lotus como o fixera seu compañeiro de equipo Mansell antes de retirarse. Na volta 56, Brundle borrara os dez segundos entre el e o Lotus, e pasouno ao achegarse á chicana para o segundo lugar. a sete voltas para o final, Piquet tiña de 20 segundos de vantaxe e relaxouse permitindo a Prost desdobrarse. Brundle continuou atacando, pero, Piquet mantívose fresco e logrou a súa segunda vitoria en oito días por só uns poucos metros. Os finalistas que quedaban eran de Angelis, trinta segundos por detrás, o segundo Brabham de Teo Fabi (anotou os seus primeiros puntos); Prost e o Williams de Jacques Laffite.

Logo da cerimonia do podio, chegou a noticia de que os comisarios atoparan impurezas no sistema de inxección de auga no Tyrrell de Brundle e bólas de chumbo na bolsa de caucho que contiña a auga. As mostras de auga enviáronse a Francia e Texas para a análise e atopouse que contiñan niveis significativos de hidrocarburos. Ken Tyrrell foi chamado a unha reunión do Comité Executivo da FISA, o 18 de xullo e, baseándose nas impurezas na auga, que fora reenchida durante a parada en boxes, foi acusado de recargar o coche durante a carreira. (O reabastecemento de combustible prohibiuse antes da tempada 1984 e foi ilegal ata 1994). Ao equipo prohibíuselle participar o resto do Campionato do Mundo e perdeu os 13 puntos que xa gañaran, malia que continuaron no campionato, pero non para gañar puntos.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Cual Diferenza
1 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 1:40.980
2 7 Francia Alain Prost McLaren-TAG 1:41.640 +0.660
3 12 Nigel Mansell Lotus-Renault 1:42.172 +1.192
4 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 1:42.246 +1.266
5 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Renault 1:42.434 +1.454
6 16 Derek Warwick Renault 1:42.637 +1.657
7 19 Ayrton Senna Toleman-Hart 1:42.651 +1.671
8 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 1:43.065 +2.085
9 15 Francia Patrick Tambay Renault 1:43.289 +2.309
10 8 Austria Niki Lauda McLaren-TAG 1:43.484 +2.480
11 3 Martin Brundle Tyrrell-Ford 1:43.754 +2.774
12 26 Italia Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:43.998 +3.018
13 18 Bélxica Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:44.063 +3.083
14 14 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-BMW 1:44.228 +3.248
15 28 Francia René Arnoux Ferrari 1:44.748 +3.768
16 4 Alemaña Stefan Bellof Tyrrell-Ford 1:44.940 +3.960
17 20 Johnny Cecotto Toleman-Hart 1:45.231 +4.251
18 25 Francia François Hesnault Ligier-Renault 1:45.419 +4.439
19 5 Francia Jacques Laffite Williams-Honda 1:46.225 +5.245
20 9 Francia Philippe Alliot RAM-Hart 1:46.333 +5.353
21 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda 1:46.495 +5.515
22 17 Suíza Marc Surer Arrows-Ford 1:46.626 +5.646
23 2 Italia Teo Fabi Brabham-BMW 1:47.335 +6.355
24 10 Jonathan Palmer RAM-Hart 1:47.743 +6.673
25 22 Italia Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:47.974 +6.994
26 24 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:48.865 +7.885
NSC 21 Países Baixos Huub Rothengatter Spirit-Ford 1:49.995 +8.975
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Nelson Piquet Brabham-BMW 63 1:55:41.842 1 9
2 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Renault 63 + 32.638 5 6
3 2 Italia Teo Fabi Brabham-BMW 63 + 1:26.528 23 4
4 7 Francia Alain Prost McLaren-TAG 63 + 1:55.258 2 3
5 5 Francia Jacques Laffite Williams-Honda 62 + 1 volta 19 2
DSC 3 Martin Brundle Tyrrell-Ford 63 Descualificado 11
Ret 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 49 Motor 4
Ret 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda 47 Turbo 21
Ret 16 Derek Warwick Renault 40 Caixa decambios 6
DSC 4 Alemaña Stefan Bellof Tyrrell-Ford 33 Descualificado 16
Ret 15 Francia Patrick Tambay Renault 33 Transmisión 9
Ret 9 Francia Philippe Alliot RAM-Hart 33 Freos 20
Ret 8 Austria Niki Lauda McLaren-TAG 33 Eléctrico 10
Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Renault 27 Caixa de cambios 3
Ret 18 Bélxica Thierry Boutsen Arrows-BMW 27 Motor 13
Ret 26 Italia Andrea de Cesaris Ligier-Renault 24 Temperatura 12
Ret 20 Johnny Cecotto Toleman-Hart 23 Embrague 17
Ret 23 Eddie Cheever Alfa Romeo 21 Motor 8
Ret 19 Ayrton Senna Toleman-Hart 21 Accidente 7
Ret 22 Italia Riccardo Patrese Alfa Romeo 20 Trompo 25
Ret 25 Francia François Hesnault Ligier-Renault 3 Accidente 18
Ret 24 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 3 Accidente 26
Ret 28 Francia René Arnoux Ferrari 2 Accidente 15
Ret 10 Jonathan Palmer RAM-Hart 2 Pneumático 24
Ret 14 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-BMW 0 Motor 14
Ret 17 Suíza Marc Surer Arrows-Ford 0 Accidente 22
NSC 21 Países Baixos Huub Rothengatter Spirit-Ford

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación. Tyrrell e os seus pilotos foron posteriormente descalificados do campionato mundial de 1984 e os seus resultados e puntos reasignados.


Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1984
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1984
Carreira seguinte:
Gran Premio de Dallas de 1984
Carreira anterior:
Gran Premio de Detroit de 1983
Gran Premio de Detroit Carreira seguinte:
Gran Premio de Detroit de 1985
  • Dúas semanas máis tarde, celebrouse por única vez o Gran Premio de Dallas o último de nove anos consecutivos no que os Estados Unidos albergou máis dunha carreira nunha soa tempada de Fórmula Un.
  • Os Tyrrells de Martin Brundle e Stefan Bellof foron excluídos debido a infraccións técnicas.
  • Esta foi a última carreira ata o Gran Premio dos Estados Unidos de 2005, onde non se outorgou o último punto, debido á falta de finalistas. En realidade Brundle terminara segundo, a só 0´837 segundos por detrás do gañador Nelson Piquet, pero foi descualificado máis tarde deixando só 5 finalistas. Por coincidencia estas dúas carreiras disputáronse nos EE.UU..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Innes Ireland (outubro de 1984). "3rd Detroit Grand Prix: Look Out, Alain!". Road & Track, 150-154.
  • Mike S. Lang (1992). Grand Prix!: Race-by-race account of Formula 1 World Championship motor racing. Volume 4: 1981 to 1984. Haynes Publishing Group. ISBN 0-85429-733-2