Gran Premio de Bélxica de 1985
Tipo | Gran Premio de Bélxica |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985 |
Distancia do evento | 43 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Spa-Francorchamps (Provincia de Liexa) 50°26′14″N 5°58′17″L / 50.437222222222, 5.9713888888889 |
Lonxitude | 7,003 km |
País | Bélxica |
Data | 15 de setembro de 1985 |
Competición | |
Primeiro posto | Ayrton Senna |
Pole position | Alain Prost |
Volta máis rápida | Alain Prost |
O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1985 disputouse en Spa o 15 de setembro de 1985. Foi a décimo terceira carreira da tempada de Fórmula Un de 1985, e o 43º Gran Premio de Bélxica, o 31º, que se celebrou en Spa e o segundo desde que o circuíto fora reconstruído e reaberto coa metade da súa lonxitude orixinal en 1979. A carreira disputouse sobre 43 voltas ao circuíto de sete quilómetros nunha distancia de carreira de 301 quilómetros.
A carreira foi gañada polo piloto brasileiro Ayrton Senna pilotando un Lotus 97T. Foi a segunda vitoria no Campionato Mundial de Senna e a primeira das cinco que ía gañar en Spa-Francorchamps. Senna gañou por 28 segundos sobre o piloto británico Nigel Mansell que pilotaba un Williams FW10. Terceiro foi o líder do Campionato Mundial, o francés Alain Prost pilotando un McLaren MP4/2B. A vitoria levou a Senna ao terceiro posto na clasificación de pilotos e o terceiro lugar permitiu a Prost ampliar a súa vantaxe sobre o piloto de Ferrari Michele Alboreto a 16 puntos.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Esta carreira orixinalmente disputaríase o 2 de xuño, pero foi re-programada ao 15 de setembro despois de que a superficie recentemente asfaltada rompera (as obras de reconstrución completáronse o xoves antes da carreira) ao pasar os coches, creando unha situación perigosa para os pilotos, que por unha abafadora maioría (24 votos a favor e 2 en contra) esixiron a cancelación da proba por razóns de seguridade logo da celebración dos adestramentos libres do sábado pola mañá. Debido á reprogramación da carreira o novo equipo de Fórmula Un Haas Lola e o seu piloto, o Campión Mundial de 1980 Alan Jones, que fixera a súa primeira carreira na rolda anterior en Italia non se lles permitiu participar, xa que non estaban na lista de participación orixinal. Durante a preparación para a carreira o presidente da FISA Jean-Marie Balestre anunciou que o controvertido Gran Premio de Suráfrica levaríase a cabo malia a presión de cancelar o evento como parte dos embargos contra o apartheid.
Niki Lauda non entrou na grella debido a unha lesión. Ao final da sesión de práctica do venres antes da propia cualificación, o acelerador do seu McLaren MP4/2B quedou trabado mentres el volvía de novo aos pits. O coche saíuse da pista na parte máis nova da pista e o tres veces campión do mundo golpeou unha barreira de protección e no impacto do volante virou mancando a súa boneca ao facelo. Os raios X non revelaron rotura, pero Lauda non estaba en condicións de competir polo que regresou a súa casa en Austria para continuar o recoñecemento e o tratamento do seu fisioterapeuta Willi Dungl. Inicialmente McLaren esperaba poñer a John Watson no coche de Lauda pero isto requiriría a aprobación de todos os demais equipos. Tendo presente o Campionato de Construtores, Ferrari negouse a aceptar, deixando a Alain Prost como único piloto de McLaren en Bélxica. RAM tamén presentou un coche, traendo só o RAM 03 de Philippe Alliot e o campión da tempada 1.985 de fórmula 3000 Cristián Danner fixo o seu debut no campionato mundial con Zakspeed.
Prost logrou a pole position, cunha media de 218´756 km/h diante de Senna con Nelson Piquet terceiro no seu Brabham BT54, Alboreto foi cuarto no seu Ferrari 156/85. A choiva caía antes da carreira deixando a grella de saída con pneumáticos de mollado por primeira vez desde que Senna gañou en Portugal. Senna púxose primeiro ao saír por diante de Piquet pero o Brabham trompeou na primeira curva. Senna lideraba diante de Prost, Mansell e os dous Ferrari de Alboreto e Stefan Johansson. Os Ferrari pronto quedaron fora, co embrague e o motor rotos respectivamente. Prost quedou entre os dous Williams FW10s cando entrou en boxes a poñer pneumáticos de seco. A última hora da carreira a choiva comezou a caer de novo e Senna ampliou a súa vantaxe. Keke Rosberg caeu ao cuarto posto logo dunha breve parada en boxes cun problema de freos e terminou nese posto. Quinto era Thierry Boutsen ata que o seu Arrows A8 rompeu a súa caixa de cambios. Piquet quedou quinto detrás de Derek Warwick nun Renault RE60B. Só doce coches terminaron a carreira, incluíndo por primeira vez un Minardi, o de Pierluigi Martini que terminou duodécimo no seu Minardi M185. Outros dous coches máis, Boutsen e o estrelado Ligier JS25 de Jacques Laffite clasificáronse tamén como finalistas. Huub Rothengatter co Osella FA1G non fixo as voltas suficientes para clasificarse.
Aínda que os comisarios dirixiron os coches directamente a boxes logo do final, Ayrton Senna esquivounos e fixo a volta de honra.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | Alain Prost | McLaren-TAG | 1:56.563 | 1:55.306 | — |
2 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 2:00.710 | 1:55.403 | +0.097 |
3 | 7 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 1:56.643 | 1:55.648 | +0.342 |
4 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 1:56.999 | 1:56.021 | +0.715 |
5 | 28 | Stefan Johansson | Ferrari | 1:56.585 | 1:56.746 | +1.279 |
6 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 1:59.046 | 1:56.697 | +1.391 |
7 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:56.727 | 1:56.996 | +1.421 |
8 | 17 | Gerhard Berger | Arrows-BMW | 1:56.770 | +1.464 | |
9 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 1:58.852 | 1:57.322 | +2.016 |
10 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 1:57.582 | 1:57.465 | +2.159 |
11 | 19 | Teo Fabi | Toleman-Hart | 1:57.588 | 1:57.857 | +2.282 |
12 | 8 | Marc Surer | Brabham-BMW | 2:00.154 | 1:57.729 | +2.423 |
13 | 15 | Patrick Tambay | Renault | 1:58.105 | 1:59.335 | +2.799 |
14 | 16 | Derek Warwick | Renault | 1:59.761 | 1:58.407 | +3.101 |
15 | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 1:59.703 | 1:58.414 | +3.108 |
16 | 20 | Piercarlo Ghinzani | Toleman-Hart | 1:58.820 | 1:58.706 | +3.400 |
17 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Renault | 2:01.745 | 1:58.933 | +3.627 |
18 | 25 | Philippe Streiff | Ligier-Renault | 2:00.599 | 1:59.245 | +3.939 |
19 | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 2:00.861 | 1:59.370 | +4.064 |
20 | 9 | Philippe Alliot | RAM-Hart | 1:59.626 | 1:59.755 | +4.320 |
21 | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Renault | 2:00.950 | 2:01.364 | +5.644 |
22 | 30 | Christian Danner | Zakspeed | 2:05.059 | 2:07.046 | +9.753 |
23 | 24 | Huub Rothengatter | Osella-Alfa Romeo | 2:06.083 | 2:05.776 | +10.470 |
24 | 29 | Pierluigi Martini | Minardi-Motori Moderni | 2:06.007 | 2:06.606 | +10.701 |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 43 | 1:34:19.893 | 2 | 9 |
2 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 43 | + 28.422 | 7 | 6 |
3 | 2 | Alain Prost | McLaren-TAG | 43 | + 55.109 | 1 | 4 |
4 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 43 | + 1:15.290 | 10 | 3 |
5 | 7 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 42 | + 1 volta | 3 | 2 |
6 | 16 | Derek Warwick | Renault | 42 | + 1 volta | 14 | 1 |
7 | 17 | Gerhard Berger | Arrows-BMW | 42 | + 1 volta | 8 | |
8 | 8 | Marc Surer | Brabham-BMW | 42 | + 1 volta | 12 | |
9 | 25 | Philippe Streiff | Ligier-Renault | 42 | + 1 volta | 18 | |
10 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 40 | + 3 voltas | 6 | |
11 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Renault | 38 | Accidente | 17 | |
12 | 29 | Pierluigi Martini | Minardi-Motori Moderni | 38 | + 5 voltas | 24 | |
13 | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Renault | 38 | + 5 voltas | 21 | |
NC | 24 | Huub Rothengatter | Osella-Alfa Romeo | 37 | Non clasificado | 23 | |
Ret | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 31 | Motor | 15 | |
Ret | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 26 | Caixa de cambios | 19 | |
Ret | 15 | Patrick Tambay | Renault | 24 | Caixa de cambios | 13 | |
Ret | 19 | Teo Fabi | Toleman-Hart | 23 | Acelerador | 11 | |
Ret | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 17 | Turbo | 9 | |
Ret | 30 | Christian Danner | Zakspeed | 16 | Caixa de cambios | 22 | |
Ret | 9 | Philippe Alliot | RAM-Hart | 10 | Accidente | 20 | |
Ret | 28 | Stefan Johansson | Ferrari | 7 | Trompo | 5 | |
Ret | 20 | Piercarlo Ghinzani | Toleman-Hart | 7 | Accidente | 16 | |
Ret | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 3 | Embrague | 4 | |
NTS | 1 | Niki Lauda | McLaren-TAG | Lesionado |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "YouTube - Senna wins at Spa 1985 and drives around the Marshalls". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2015. Consultado o 2009-10-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1985 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2014. Consultado o 2007-06-17.
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1985 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1985 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Europa de 1985 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1984 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1986 |