Saltar ao contido

Gran Premio de Bélxica de 1975

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Bélxica de 1975
TipoGran Premio de Bélxica Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento70 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAutódromo de Zolder (Heusden-Zolder) 50°59′20″N 5°15′20″L / 50.988888888889, 5.2555555555556 Editar o valor en Wikidata
PaísBélxica Editar o valor en Wikidata
Data25 de maio de 1975 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoNiki Lauda Editar o valor en Wikidata
Pole positionNiki Lauda Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaClay Regazzoni Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1975 disputouse en Zolder o 25 de maio de 1975. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1975, o 33º Gran Premio de Bélxica e a segunda, que se celebrou no Autódromo de Zolder. A carreira levouse a cabo durante 70 voltas sobre os catro quilómetros do circuíto para unha distancia de carreira de 280 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto austríaco Niki Lauda pilotando un Ferrari 312T, a súa segunda vitoria do ano logo de gañar en Mónaco dúas semanas antes. Lauda liderou 65 das 70 voltas, sacando 19 segundos de vantaxe sobre o piloto de Suráfrica Jody Scheckter no Tyrrell 007. O piloto arxentino Carlos Reutemann co seu Brabham BT44B quedou no terceiro lugar. A vitoria puxo a Lauda na cabeza do campionato por primeira vez en 1975, superando ó líder anterior Emerson Fittipaldi.

Resumo da carreira

[editar | editar a fonte]

Ferrari chegou ó Autódromo de Zolder ávido de pelexa e alentados pola súa vitoria en Mónaco. Niki Lauda gañou a pole logo da descualificación de Carlos Pace o venres por causas técnicas e de que a clasificación do sábado fora suspendida pola choiva. Vittorio Brambilla foi terceiro na grella e Tony Brise asombrando na súa carreira de debut, obtivo a cuarta posición por diante do líder do campionato Emerson Fittipaldi. Ronnie Peterson recibiu unha sanción por estacionar durante a sesión de práctica, logo de aparcar o seu coche nunha posición perigosa no bordo da pista, en lugar de arriscarse a unha picada na trampa de grava. Mario Andretti non participou porque estaba competindo nas 500 Millas de Indianápolis.

Pace adiantouse mentres Brambilla e Regazzoni batíanse en duelo. Jochen Mass e John Watson chocaron, o alemán retirouse, mentres que Watson regresou a boxes co morro danado. Alan Jones tamén tivo que retirarse logo dunha colisión con Jacques Laffite. Arturo Merzario quedou fóra co embrague queimado. Pace tivo problemas cos freos e os pneumáticos fríos e perdeu posicións.

Brambilla tomou o liderado ata a sexta volta, cando foi pasado por Lauda. Tony Brise trompeou na chicane e retirouse pouco despois cun pistón danado. Jody Scheckter avanzou a través da pista para estar no segundo lugar na volta nove. Os freos de Brambilla fallaron e perdeu posicións. Jean-Pierre Jarier trompeou, James Hunt retirouse cunha marcha rota. Clay Regazzoni subiu a terceira posición, pero tivo que entrar en boxes para cambiar un pneumático con ampolas. Lauda lideraba sobre Scheckter comodamente e a carreira converteuse nunha procesión.

Carlos Pace tivo problemas de manexo e perdeu posicións cando perdeu a terceira velocidade. Na volta 49, Ronnie Peterson estrelouse contra as barreiras, mentres Brambilla entregou o terceiro lugar ao cambiar un pneumático con ampolas, pero na reanudación retirouse con problemas de freos.

Fittipaldi tamén tivo problemas cos freos, quedando indefenso ante o ataque de Regazzoni e Tom Pryce para caer do quinto ao sétimo lugar nas últimas seis voltas.

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 12 Austria Niki Lauda Ferrari 70 1:43:53.98 1 9
2 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 70 + 19.22 9 6
3 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 70 + 41.82 6 4
4 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 70 + 1:00.08 12 3
5 11 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 70 + 1:03.84 4 2
6 16 Tom Pryce Shadow-Ford 70 + 1:28.45 5 1
7 1 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 69 + 1 volta 8
8 8 Carlos Pace Brabham-Ford 69 + 1 volta 2
9 14 Bob Evans BRM 68 + 2 voltas 20
10 18 John Watson Surtees-Ford 68 + 2 voltas 18
11 28 Mark Donohue Penske-Ford 67 + 3 voltas 21
12 30 Wilson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 67 + 3 voltas 24
Ret 22 Francia François Migault Hill-Ford 57 Suspensión 22
Ret 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 54 Freos 3
Ret 6 Bélxica Jacky Ickx Lotus-Ford 52 Freos 16
Ret 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 36 Freos 14
Ret 21 Francia Jacques Laffite Williams-Ford 18 Caixa de cambios 23
Ret 10 Italia Lella Lombardi March-Ford 18 Motor 17
Ret 23 Tony Brise Hill-Ford 17 Motor 7
Ret 24 James Hunt Hesketh-Ford 15 Transmisión 11
Ret 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 13 Trompo 10
Ret 20 Italia Arturo Merzario Williams-Ford 2 Embrague 19
Ret 26 Australia Alan Jones Hesketh-Ford 1 Accidente 13
Ret 2 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 0 Accidente 15

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1975
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1975
Carreira seguinte:
Gran Premio de Suecia de 1975
Carreira anterior:
Gran Premio de Bélxica de 1974
Gran Premio de Bélxica Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1976

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2014. Consultado o 2007-06-15.