Gran Premio de Australia de 1992
Nome oficial | LVII Australian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Australia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1992 |
Distancia do evento | 81 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Adelaida (Adelaide (en) ) 34°55′50″S 138°37′14″L / -34.930466, 138.620609 |
País | Australia |
Data | 8 de novembro de 1992 |
Competición | |
Primeiro posto | Gerhard Berger |
Pole position | Nigel Mansell |
Volta máis rápida | Michael Schumacher |
O Gran Premio de Australia de 1992 foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 8 de novembro de 1992 nun circuíto urbano na cidade de Adelaida. A carreira foi o 57º Gran Premio de Australia e o oitavo disputado no circuíto de Adelaida, que tamén o converteu no oitavo GP de Australia que formou parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Foi a décimo sexta e última carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1992.
O momento máis significativo foi unha colisión entre Ayrton Senna e Nigel Mansell cando o brasileiro intentou adiantar ao inglés, eliminando a ambos pilotos. Esta debía ser a última carreira de Fórmula 1 de Mansell antes de pasar a IndyCar, aínda que regresou brevemente en 1994 e 1995.
Martin Brundle (que pasou en 1993 a Ligier), o gañador da carreira Gerhard Berger (que regresou a Ferrari en 1993) e Riccardo Patrese (que se uniu a Benetton para 1993) estabann entre os moitos pilotos para quen esta foi a última carreira cos seus equipos actuais, mentres que para Jan Lammers, Stefano Modena, Maurício Gugelmin, Olivier Grouillard foi a última carreira da súa andaina na Fórmula 1. Tamén se rumoreaba que sería a última carreira de Ayrton Senna en Mcclaren, pero isto finalmente resultaría falso xa que o brasileiro permanecería co equipo en 1993.
Nicola Larini comezou esta carreira desde a parte posterior da grella. Jordan anotou o seu único punto da tempada con Stefano Modena, mentres que Thierry Boutsen (quen gañou aquí en 1989 anotou os seus únicos puntos da tempada 1992, e de feito os últimos puntos da súa carreira. O podio dobre de Benetton asegurou que anotasen puntos en cada rolda.
Esta foi a carreira final de McLaren cun motor Honda Racing F1 ata 2015. A compañía deixou de participar neste deporte logo desta carreira, aínda que o Mugen unha filial da compañía continuou. Regresaron en 2000 como fornecedores de motores a BAR. Para os equipos Dallara e March, esta foi a súa última aparición no deporte.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza | |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Renault | 1:13.732 | 1:15.133 | — | |
2 | 1 | Ayrton Senna | McLaren-Honda | 1:14.202 | 1:14.416 | +0.470 | |
3 | 6 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:14.370 | 1:15.895 | +0.638 | |
4 | 2 | Gerhard Berger | McLaren-Honda | 1:15.114 | 1:15.688 | +1.382 | |
5 | 19 | Michael Schumacher | Benetton-Ford | 1:15.210 | 1:16.613 | +1.478 | |
6 | 27 | Jean Alesi | Ferrari | 1:16.091 | 1:17.213 | +2.359 | |
7 | 4 | Andrea de Cesaris | Tyrrell-Ilmor | 1:16.440 | 1:17.333 | +2.708 | |
8 | 20 | Martin Brundle | Benetton-Ford | 1:16.562 | 1:17.674 | +2.830 | |
9 | 26 | Érik Comas | Ligier-Renault | 1:16.727 | 1:17.856 | +2.995 | |
10 | 11 | Mika Häkkinen | Lotus-Ford | 1:16.863 | 1:17.868 | +3.131 | |
11 | 9 | Michele Alboreto | Footwork-Mugen-Honda | 1:16.937 | 1:17.621 | +3.205 | |
12 | 12 | Johnny Herbert | Lotus-Ford | 1:16.944 | 1:18.099 | +3.212 | |
13 | 3 | Olivier Grouillard | Tyrrell-Ilmor | 1:17.037 | 1:19.017 | +3.305 | |
14 | 22 | Pierluigi Martini | Dallara-Ferrari | 1:17.047 | 1:18.043 | +3.315 | |
15 | 32 | Stefano Modena | Jordan-Yamaha | 1:17.231 | 1:18.790 | +3.499 | |
16 | 24 | Gianni Morbidelli | Minardi-Lamborghini | 1:17.333 | 1:19.661 | +3.601 | |
17 | 23 | Christian Fittipaldi | Minardi-Lamborghini | 1:17.367 | 1:19.441 | +3.635 | |
18 | 10 | Aguri Suzuki | Footwork-Mugen-Honda | 1:17.409 | 1:19.589 | +3.677 | |
19 | 28 | Nicola Larini | Ferrari | 1:17.465 | 1:18.618 | +3.733 | |
20 | 33 | Maurício Gugelmin | Jordan-Yamaha | 1:17.805 | 1:19.735 | +4.073 | |
21 | 29 | Bertrand Gachot | Larrousse-Lamborghini | 1:17.808 | 1:18.477 | +4.076 | |
22 | 25 | Thierry Boutsen | Ligier-Renault | 1:17.957 | 1:17.976 | +4.225 | |
23 | 17 | Emanuele Naspetti | March-Ilmor | 4:23.313 | 1:18.099 | +4.367 | |
24 | 21 | JJ Lehto | Dallara-Ferrari | 1:18.565 | 1:18.891 | +4.833 | |
25 | 16 | Jan Lammers | March-Ilmor | 3:10.720 | 1:18.843 | +5.111 | |
26 | 30 | Ukyo Katayama | Larrousse-Lamborghini | 1:18.862 | 1:20.306 | +5.130 | |
Fonte:[1][2][3] |
Race
[editar | editar a fonte]Líderes por volta
[editar | editar a fonte]- Líderes por volta: Nigel Mansell 18 (1-18); Riccardo Patrese 32 (19-50); Gerhard Berger 31 (51-81)
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]- Texto en negra indica Campión do Mundo.
|
|
- Nota: Só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Foster's Australian Grand Prix - QUALIFYING 1". formula1.com. Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ "Foster's Australian Grand Prix - QUALIFYING 2". formula1.com. Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ "Foster's Australian Grand Prix - OVERALL QUALIFYING". formula1.com. Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ "1992 Australian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
- Henry, Alan (1992). AUTOCOURSE 1992-93. Hazleton Publishing. ISBN 0-905138-96-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Australia de 1992 |
Carreira anterior: Gran Premio do Xapón de 1992 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1992 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Suráfrica de 1993 |
Carreira anterior: Gran Premio de Australia de 1991 |
Gran Premio de Australia | Carreira seguinte: Gran Premio de Australia de 1993 |