Gran Premio de Australia de 1986
Nome oficial | LI Foster's Australian Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Australia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1986 |
Distancia do evento | 82 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Adelaida (Adelaide (en) ) 34°55′50″S 138°37′14″L / -34.930466, 138.620609 |
País | Australia |
Data | 26 de outubro de 1986 |
Competición | |
Primeiro posto | Alain Prost |
Pole position | Nigel Mansell |
Volta máis rápida | Nelson Piquet |
O Gran Premio de Australia de 1986 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 26 de outubro de 1986 nun circuíto urbano na cidade de Adelaida. Foi a 51º carreira na historia combinada do Gran Premio de Australia, que remontase ás 100 Miles Road Race de 1928 e a primeira que se celebrou nas rúas de Adelaida nunha presentación deseñada especificamente para o debut do Campionato do Mundo en Australia. O Gran Premio de Australia foi a décimo sexta e última carreira da tempada de 1986. A carreira disputouse sobre 82 voltas aos 3´780 quilómetros do circuíto para unha distancia total de carreira de 310 quilómetros.
A carreira decidiu unha pelexa a tres bandas polo campionato de pilotos. Os pilotos na pelexa polo título eran Nigel Mansell, Nelson Piquet, ambos dos cales corrían co equipo Williams - Honda, e Alain Prost co McLaren.
Mansell logrou a pole position, pero unha mala saída habilitou a seu compañeiro Piquet, a Ayrton Senna e Keke Rosberg para adiantalo e quedar cuarto a finais da primeira volta.
Logo dun par de voltas, o finlandés Keke Rosberg, no seu último Gran Premio, tomou o liderado de Piquet. Con todo, o finlandés retirouse cunha picada na volta 63, devolvendo o liderado de novo a Piquet e deixando a Mansell no terceiro lugar, o que sería suficiente para que o inglés lograra o campionato. Unha volta máis tarde, a carreira de Mansell terminou cando o seu pneumático traseiro esquerdo explotou na recta principal a falta de 19 voltas para o final. O título quedou entón entre Piquet e Prost co francés necesitando terminar por diante do brasileiro para defender con éxito o seu título. Tralos fracasos dos pneumáticos de Rosberg e Mansell, o equipo Williams chamou a Piquet para facer un cambio de pneumáticos por precaución, saíndo 15 segundos atrás. Fixo unha última carga para pechar a brecha de 4,2 segundos, pero Prost levouse a vitoria e gañar o segundo dos seus catro títulos.
Non foi ata o Gran Premio do Brasil de 2007 que houbo de novo tres posibles pilotos aspirantes ao título na última carreira da tempada.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Ao inicio da carreira, tres pilotos tiñan a oportunidade de gañar o título. O piloto británico Nigel Mansell era o líder do campionato, seis puntos por detrás estaba o campión da tempada anterior Alain Prost, e un punto detrás de Prost estaba o compañeiro de equipo de Mansell en Williams, Nelson Piquet. Cuarto era Ayrton Senna, que tiña garantido terminar nesa posición. Prost tiña o obxectivo de converterse no primeiro piloto desde Jack Brabham en 1959 e 1960 en gañar dou Campionatos Mundiais de Pilotos consecutivos.
Os Williams de Mansell e Piquet eran moi superiores en velocidade ao McLaren de Prost. Con todo, a consistencia de Prost permitíralle acumular puntos durante todo o ano, mentres que os Williams loitaran un co outro e os seus xogos erosionaron o que houbera sido unha tempada dominante para o equipo.
Para gañar o campionato Mansell necesitaba a terceira posición ou superior, ou que Prost e Piquet terminaran no segundo lugar ou inferior. Para gañar o campionato Prost ou Piquet, tiñan que gañar a carreira, e que Mansell rematara en cuarta posición ou inferior.
A diferenza do Campionato de Pilotos, o Campionato de Construtores xa se decidira a favor de Williams, xa que tiñan unha vantaxe de 48 puntos sobre McLaren. O lugar de McLaren como subcampión estaba asegurado, con 30 puntos de vantaxe sobre o terceiro clasificado, Lotus.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]Mansell logrou a pole position cun tempo de 1 minuto 18.403 segundos. O seu compañeiro de equipo, Nelson Piquet, e Ayrton Senna no Lotus foron os únicos pilotos no mesmo segundo de tempo de Mansell. O terceiro aspirante ao título, Alain Prost, estaba na segunda fila da grella, cuarto.
A perspectiva dunha batalla a tres bandas para o Campionato de pilotos atraeu a unha multitude de 150 mil espectadores, no estreito pero rápido circuíto de Adelaida.[1]
Mansell comezou desde a pole position, pero cedeu o liderado ao Lotus de Ayrton Senna na segunda curva da 1ª volta e caeu detrás de Piquet e Keke Rosberg na mesma volta. Piquet tamén superou a Senna na 1ª volta para tomar o liderado, pero que ía a durar só seis voltas xa que na volta 7, Rosberg púxose por diante de Piquet e comezou a construír unha brecha considerable entre el e o resto dos participantes.
Na 23ª volta Piquet trompeou, aínda que o seu coche non sufriu danos, e continuou a carreira malia perder de novo varias posicións. Prost sufriu unha picada un par de voltas máis tarde e descendeu ao cuarto lugar logo de ter que parar en boxes. Piquet atacou de novo, pasando a Mansell polo segundo lugar na volta 44, Prost quedou entre os dous monoprazas de Williams e, a falta de 25 voltas para o final, os tres aspirantes ao título corrían xuntos nas posicións 2ª, 3ª e 4ª.
A batalla foi polo liderado na volta 63 cando Rosberg sufriu un fallo no pneumático traseiro dereito e retirouse da carreira. Máis tarde Rosberg revelou que de todos os xeitos el nunca gañaría a carreira, a menos de que Prost non lograr terminar ou tivera problemas que non le permitiran competir polo título, prometeralle a Prost e ao equipo que axudaría ao seu compañeiro de equipo no seu intento de gañar dous campionatos consecutivos.[2][3] Prost púxose terceiro que se converteu en segundo cando Rosberg retirouse, con Piquet agora líder. Mansell só necesitaba un terceiro lugar para gañar o campionato.
Mansell aínda estaba en terceira posición cando, na volta 64, o seu pneumático traseiro esquerdo rebentou a 290 km/h na recta Brabham de alta velocidade cando dobraba ao Ligier de Philippe Alliot, deixando unha choiva de faíscas detrás del e danando gravemente a súa suspensión traseira esquerda. O Williams continuou en inercia ata deterse na zona de escape de final da recta, Mansell pilotou para evitar chocar con nada. Temendo que sucedera o mesmo co segundo coche, Williams chamou a Piquet a boxes e Prost tomou o liderado. Piquet faría un último ataque, pechando a brecha de 15.484 segundos con 2 voltas para o final a apenas 4.205 segundos na meta e Prost logrou tanto a carreira como o campionato do mundo. Prost tiña tan pouco combustible que se detivo a poucos metros máis aló da liña de meta.
Na súa última carreira con Ferrari, Stefan Johansson completou o podio en terceira posición, aínda que cunha volta perdida con Prost e Piquet. Martin Brundle quedou sen combustible mentres cruzaba a meta en cuarto lugar no seu Tyrrell - Renault. O seu compañeiro de equipo Philippe Streiff terminou quinto con 2 voltas perdidas, mentres que Johnny Dumfries terminou sexto no seu Lotus-Renault.
Esta foi a última carreira do motor turbo de Renault, a compañía francesa foi a pioneira na turboalimentación na F1 en 1977, así como a última carreira de Fórmula Un de Renault como fornecedor de motores ata o seu regreso con Williams no Gran Premio do Brasil de 1989. Tamén foi a última carreira de Fórmula Un para o Campión Mundial de 1980 Alan Jones e do seu compañeiro de equipo Patrick Tambay, e a última carreira do Equipo Haas Lola, onde pilotaban tanto Jones como Tambay. Tamén foi a última carreira para o piloto de Lotus Johnny Dumfries, Berg Allen de Osella, Huub Rothengatter de Zakspeed e do Campión do Mundo de 1982 Keke Rosberg.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:19.255 | 1:18.403 | — |
2 | 6 | Nelson Piquet | Williams-Honda | 1:20.088 | 1:18.714 | +0.311 |
3 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 1:21.302 | 1:18.906 | +0.503 |
4 | 1 | Alain Prost | McLaren-TAG | 1:19.785 | 1:19.654 | +1.251 |
5 | 25 | René Arnoux | Ligier-Renault | 1:20.491 | 1:19.976 | +1.573 |
6 | 20 | Gerhard Berger | Benetton-BMW | 1:22.260 | 1:20.554 | +2.151 |
7 | 2 | Keke Rosberg | McLaren-TAG | 1:21.295 | 1:20.778 | +2.375 |
8 | 26 | Philippe Alliot | Ligier-Renault | 1:22.765 | 1:20.981 | +2.578 |
9 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 1:21.709 | 1:21.747 | +3.306 |
10 | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Renault | 1:23.262 | 1:21.720 | +3.317 |
11 | 23 | Andrea de Cesaris | Minardi-Motori Moderni | 1:23.476 | 1:22.012 | +3.609 |
12 | 28 | Stefan Johansson | Ferrari | 1:22.050 | 1:22.309 | +3.647 |
13 | 19 | Teo Fabi | Benetton-BMW | 1:22.584 | 1:22.129 | +3.726 |
14 | 11 | Johnny Dumfries | Lotus-Renault | 1:23.786 | 1:22.664 | +4.261 |
15 | 15 | Alan Jones | Lola-Ford | 24:46.383 | 1:22.796 | +4.393 |
16 | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Renault | 1:24.061 | 1:23.004 | +4.601 |
17 | 16 | Patrick Tambay | Lola-Ford | 1:24.584 | 1:23.008 | +4.605 |
18 | 24 | Alessandro Nannini | Minardi-Motori Moderni | 1:25.593 | 1:23.052 | +4.649 |
19 | 7 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 1:23.396 | 1:23.230 | +4.827 |
20 | 8 | Derek Warwick | Brabham-BMW | 1:23.552 | 1:23.313 | +4.910 |
21 | 14 | Jonathan Palmer | Zakspeed | 1:24.509 | 1:23.476 | +5.073 |
22 | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 1:24.768 | 1:24.295 | +5.892 |
23 | 29 | Huub Rothengatter | Zakspeed | 1:25.746 | 1:25.181 | +6.778 |
24 | 17 | Christian Danner | Arrows-BMW | 1:25.296 | 1:25.233 | +6.831 |
25 | 21 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 3:03.680 | 1:25.257 | +6.855 |
26 | 22 | Allen Berg | Osella-Alfa Romeo | 1:28.912 | 1:27.208 | +8.806 |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 1 | Alain Prost | McLaren-TAG | 82 | 1:54:20.388 | 4 | 9 |
2 | 6 | Nelson Piquet | Williams-Honda | 82 | + 4.205 | 2 | 6 |
3 | 28 | Stefan Johansson | Ferrari | 81 | + 1 volta | 12 | 4 |
4 | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Renault | 81 | + 1 volta | 16 | 3 |
5 | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Renault | 80 | Sen combustible | 10 | 2 |
6 | 11 | Johnny Dumfries | Lotus-Renault | 80 | + 2 voltas | 14 | 1 |
7 | 25 | René Arnoux | Ligier-Renault | 79 | + 3 voltas | 5 | |
8 | 26 | Philippe Alliot | Ligier-Renault | 79 | + 3 voltas | 8 | |
9 | 14 | Jonathan Palmer | Zakspeed | 77 | + 5 voltas | 21 | |
10 | 19 | Teo Fabi | Benetton-BMW | 77 | + 5 voltas | 13 | |
NC | 16 | Patrick Tambay | Lola-Ford | 70 | Non clasificado | 17 | |
Ret | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 63 | Pneumático | 1 | |
Ret | 7 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 63 | Eléctrico | 19 | |
Ret | 2 | Keke Rosberg | McLaren-TAG | 62 | Pneumático | 7 | |
NC | 22 | Allen Berg | Osella-Alfa Romeo | 61 | Non clasificado | 26 | |
Ret | 8 | Derek Warwick | Brabham-BMW | 57 | Freos | 20 | |
Ret | 17 | Christian Danner | Arrows-BMW | 52 | Motor | 24 | |
Ret | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 50 | Motor | 22 | |
Ret | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 43 | Motor | 3 | |
Ret | 23 | Andrea de Cesaris | Minardi-Motori Moderni | 40 | Mecánica | 11 | |
Ret | 20 | Gerhard Berger | Benetton-BMW | 40 | Motor | 6 | |
Ret | 29 | Huub Rothengatter | Zakspeed | 29 | Suspensión | 23 | |
Ret | 15 | Alan Jones | Lola-Ford | 16 | Motor | 15 | |
Ret | 24 | Alessandro Nannini | Minardi-Motori Moderni | 10 | Accidente | 18 | |
Ret | 21 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 2 | Transmisión | 25 | |
Ret | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 0 | Colisión | 9 | |
Fonte:[4]
|
Líderes por volta
[editar | editar a fonte]Nelson Piquet 8 (1–6, 63–64), Keke Rosberg 56 (7–62), Alain Prost 18 (65–82)
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]- Texto en negra indican ao Campión Mundial.
|
|
- Nota: só se inclúen as cinco primeiras posicións en ambas as clasificacións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Australian classic – Adelaide, 1986". Official Formula One website. 31 March 2006. Arquivado dende o orixinal o 13/11/2014. Consultado o 13 November 2014.
- ↑ "Ask Nigel: May 23". AutoSport. 23 May 2001. Consultado o 13 November 2014.
- ↑ "Heartbreak for Mansell in dramatic Adelaide finale". F1Fanatic. 18 October 2007. Consultado o 13 November 2014.
- ↑ "1986 Australian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 13 November 2014. Consultado o 23 December 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Australia de 1986 |
Carreira anterior: Gran Premio de México de 1986 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1986 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Brasil de 1987 |
Carreira anterior: Gran Premio de Australia de 1985 |
Gran Premio de Australia | Carreira seguinte: Gran Premio de Australia de 1987 |