Saltar ao contido

Gernika-Lumo

Modelo:Xeografía políticaGernika-Lumo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°19′01″N 2°40′36″O / 43.316944444444, -2.6766666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaBiscaia
ComarcasBusturialdea-Urdaibai Editar o valor en Wikidata
CapitalGernika-Lumo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación17.050 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.982,56 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie8,6 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1366 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé María Gorroño Echebarrieta (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal48300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico94 Editar o valor en Wikidata
Código INE48046 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Berga
Boise
Pforzheim (1989–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webgernika-lumo.net… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451798
A árbore de Gernika.

Gernika-Lumo é un concello vasco pertencente á provincia de Biscaia. Ten a súa orixe na unión da vila de Gernika e da elizate de Lumo en 1882. En 2017 tiña 16.915 habitantes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Gernika-Lumo atópase a 10 metros de altitude, na comarca de Busturialdea-Urdaibai, no val do río Oka, na beira da ría de Gernika que forma o Oka na súa desembocadura e que é o corazón da Reserva da Biosfera de Urdaibai. O relevo, sucesión de vales e montes que seguen a dirección NO-SL, está determinado estruturalmente polo anticlinal norte de Biscaia.

O concello limita ao norte con Forua, Kortezubi, Arratzu e Nabarniz, ao leste con Ajangiz, ao sur con Muxika e ao oeste con Errigoiti.

Historia e características

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Bombardeo de Gernika.

O 26 de abril do 1937, no transcurso da guerra civil española, a vila foi bombardeada pola Lexión Cóndor, unidade aérea da Luftwaffe ao servizo do bando fascista, causando 126 vítimas mortais. Este feito inspirou ao pintor Pablo Picasso o seu famoso cadro Guernica.

Entre os seus monumentos cómpre salientar a Árbore de Gernika, carballo a carón da Casa de Xuntas de Gernika, que simboliza as liberdades dos vascos e baixo o cal xuran os seus cargos os Lehendakaris do goberno vasco. Ao primeiro exemplar, cuxas primeiras referencias se remontan ao século XIV, sucedéronlle outras tres árbores. O exemplar, que sobreviviu ao bombardeo da guerra civil, morreu o 20 de abril do 2004 aos 146 anos de idade[1], sendo substituído por un fillo seu o 25 de febreiro do 2005.

  1. Nova da morte da árbore de Gernika aparecida en www.cooperativa.cl

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]