George Best
(1976) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de maio de 1946 Belfast, Reino Unido | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 25 de novembro de 2005 (59 anos) Londres, Reino Unido | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | insuficiencia renal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Grosvenor Grammar School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 175 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 65 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, comentarista deportivo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 14 de setembro de 1963 - 11 de febreiro de 1984 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Irlanda do Norte | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | English Football League e North American Soccer League (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 11 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Alex Best (1995–2004) Angie Best (1978–) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Calum Best () Angie Best | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Obálky knih, | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
George Best, nado en Belfast o 22 de maio de 1946 e finado en Londres o 25 de novembro de 2005, foi un futbolista norteirlandés, que xogaba de dianteiro e extremo. Está recoñecido como un dos mellores futbolistas de tódolos tempos, destacando especialmente na súa etapa no Manchester United. Foi internacional coa selección de Irlanda do Norte, mais debido ao feble equipo co que contaban nunca puido ser visto nunha grande competición de seleccións. Best posuía unha estraña combinación de talento, arranque en velocidade, forza, ambidestrismo e habilidade goleadora, aínda que o que máis destacaba era a súa destreza caneando rivais.
Xogou de extremo co United entre os anos 1963 e 1974 gañando con eles a liga en 1965 e 1967 e a Copa de Europa en 1968. Ese mesmo ano gañou o Balón de Ouro por diante de Bobby Charlton e Dragan Džajić.
Pelé falou del coma "o mellor xogador do mundo", e Maradona tamén se pronunciou de xeito semellante.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carreira futbolística
[editar | editar a fonte]Aos 15 anos de idade, Best foi descuberto en Belfast polo ollador do Manchester United Bob Bishop, o cal lle enviou un telegrama ao adestrador do equipo, Matt Busby, coa mensaxe seguinte: "Atopei un xenio". O seu club local Glentoran rexeitárao por ser "demasiado baixo e lixeiro". A Best ofrecéronlle unha proba e asinou o contrato co United en 1961. Debutou co primeiro equipo en 1963 nun encontro contra o West Bromwich Albion no estadio de Old Trafford.
A fama mundial chegoulle pouco despois, cando nun encontro da Copa de Europa de 1966 lle fixo tres goles ó Benfica. Dous anos despois volveu anotar contra o mesmo club na final da Copa de Europa de 1968, cando o United gañou o seu primeiro título europeo. En 1970, nunha vitoria por 8-2 contra o Northampton Town na FA Cup, converteuse no segundo xogador do Manchester en marcar seis goles nun partido, case 60 anos despois de que o fixese Harold Halse.
Xogou un total de 466 encontros co United, anotando un total de 178 goles. Foi o máximo goleador do equipo seis tempadas consecutivas, e o máximo da liga na 1967-68 con 28 goles. En 1974 foi expulsado do United, con 27 anos, debido aos seus excesos co alcol e ás ausencias reiteradas ós adestramentos.
Os anos seguintes foron un continuo deambular por escuadras en Estados Unidos, Escocia e Australia. Finalmente retirouse en 1983, ós 37 anos, nun equipo da terceira división inglesa, o A.F.C. Bournemouth.
Foi internacional coa selección de Irlanda do Norte 37 veces, nos que anotou 9 goles. Xogou maiormente de extremo, e foi coñecido polas súas habilidades de caneo e pase. Porén, nunca acudiu a unha grande competición de seleccións pola febleza da selección do seu país.
En 1988 celebrouse un encontro en homenaxe a Best no estadio de Windsor Park, en Belfast.
En novembro do 2004 entrou a formar parte do Portsmouth F.C. coma adestrador de xuvenís, indicando que desexaba volver a formar parte activa no mundo do fútbol. Ese mesmo foi nomeado por Pelé como un dos mellores 125 xogadores vivos na lista FIFA 100.
Celebridade
[editar | editar a fonte]Mentres estivo no Manchester United o seu talento futbolístico e como showman fixo del un dos personaxes públicos favoritos dos medios de comunicación. Foi alcumado por estes coma "O Quinto Beatle" polo seu cabelo longo e as súas roupas. Este estilo de vida propio dunha celebridade causoulle problemas co xogo, coas mulleres e co alcol.
Best abriu dous locais en Manchester a finais dos anos 60, Oscar's e Slack Alice's. Tamén posuía tendas de roupa xunto con Mike Summerbee do Manchester City, e un club, o "Bestie's Beach Club" en Hermosa Beach (California).
En 1984, fixo un vídeo de fitness con Mary Stavin chamado Shape Up And Dance.
O grupo de música Indie The Wedding Present titulou ao seu primeiro disco George Best, e na súa portada podíase ver unha imaxe do xogador.
A banda de Oi Punk Runnin' Riot compuxo un tema sobre Best chamado "Alcoholic Heroes" (Heroes Alcólicos)
Tamén foi tema de varios libros e el mesmo escribiu a súa propia biografía un par de veces. The Good, The Bad and The Bubbly en colaboración con Ross Benson, foi a primeira. Máis tarde foron Blessed e Scoring At Half Time con Roy Collins e Martin Knight respectivamente. Estas dúas obras foron escritas en datas preto da súa morte e é onde revela máis datos da súa vida.
Familia
[editar | editar a fonte]Foi o fillo máis vello de Dickie e Anne, e ten catro irmás, Carol, Barbara, Julie, Grace, e un irmán, Ian.
Best casou dúas veces:
Segundo o xornal Daily Mirror, Best tivo dúas fillas ilexítimas[1]
Problemas coa lei
[editar | editar a fonte]En 1984 Best foi condenado a 3 meses de cadea por conducir bébedo e asaltar a un oficial de policía. Pasou o Nadal dese ano no cárcere, e mentres estivo alí xogou co equipo de fútbol do penal.
O 2 de febreiro de 2004 foi condenado a cumprir unha sanción de 20 meses sen poder conducir tras volver comete-la infracción de ir bébedo ao volante.
Alcoholismo
[editar | editar a fonte]En setembro de 1990, Best apareceu nun programa da BBC chamado Wogan totalmente bébedo. Tempo despois pediu desculpas e comentou que aquela foi unha das súas peores etapas de alcoholismo.
No ano 2002 fixéronlle un transplante de fígado. Ao ano seguinte foi moi criticado cando, tralo transplante, continuou a beber alcol.
Enfermidade e morte
[editar | editar a fonte]Best continou bebendo e ás veces era visto no seu pub de Petersfield,Hampshire. O 3 de outubro de 2005 foi ingresado en coidados intensivos no hospital privado Cromwell Hospital de Londres por serios problemas de ril. A causa era os efectos secundarios dos inmuno-supresores que estaba a tomar para evitar que o seu corpo rexeitara o fígado que lle acababan de transplantar.
O 27 de outubro os xornais publicaban que Best estaba moi preto da morte. Desta volta semellou que pouco a pouco ía mellorando, mais ao chega-lo mes de novembro a súa situación era xa crítica. O 20 de novembro o xornal británico News of the World publica, a petición do propio Best, unha foto súa na cama do hospital cunha mensaxe: "Non morrades coma min"
De entre os moitos agasallos que se atopaban a carón da cama estaba un de Pelé, que asinaba coma "O segundo mellor xogador do mundo". Pelé está considerado por moitos coma o mellor futbolista de tódolos tempos.
Na madrugada do 25 de novembro de 2005 morreu George Best. A morte foi provocada por unha infección no ril e que moitos dos seus órganos deixaron de funcionar. O seu pai, as súas catro irmás, o seu irmán, o seu fillo, o seu axente e o seu compañeiro do United Denis Law estaban á beira da cama.
A FA Premier League anunciou un minuto de silencio en tódolos encontros daquel fin de semana, mais en moitos deles o que aconteceu foi que se trocou por un minuto de aplausos. Moitos afeccionados viaxaron ata o estadio de Old Trafford, o Windsor Park en Belfast, o Belfast City Hall e á casa do pai de George Best, deixando flores, camisolas e mensaxes.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Manchester United
- Liga inglesa (2): 1964/65, 1966/67.
- Charity Shield (2): 1965, 1967.
- Copa de Europa (1): 1967/68.
Individual
- Balón de Ouro (1): 1968.
- Máximo goleador da liga inglesa (1): 1967/68.
- Premio FWA ao futbolista do ano (1): 1967/68.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Entrada no Salón da Fama do fútbol inglés: 2002.
- Doutor honoris causa da Universidade da Raíña de Belfast: 2001.
- Chaves da cidade de Castlereagh: 2002.
- PFA Merit Award (1): 2006.
Na súa memoria
[editar | editar a fonte]O Belfast City Airport (Aeroporto de Belfast) foi renomeado coma o George Best Belfast City Airport coma tributo ao lendario futbolista. Fíxose oficial o día 22 de maio do 2006, que sería o 60 aniversario de Best.
Best foi retratado na canción "A dedicated follower of fashion", de The Kinks.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galicitas posúe citas sobre: George Best |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1946
- Finados en 2005
- Nados en Belfast
- Futbolistas de Irlanda do Norte
- Dianteiros de fútbol
- Balón de Ouro
- FIFA 100
- Xogadores do Manchester United FC
- Xogadores do Fulham FC
- Xogadores da selección de fútbol de Irlanda do Norte
- Xogadores de Los Angeles Aztecs
- Xogadores do Cork Celtic FC
- Xogadores do Stockport County FC
- Xogadores do Jewish Guild
- Xogadores do Dunstable Town FC
- Xogadores do Fort Lauderdale Strikers
- Xogadores do Hibernian FC
- Xogadores do San Jose Earthquakes
- Xogadores do Sea Bee
- Xogadores do Hong Kong Rangers FC
- Xogadores do AFC Bournemouth
- Xogadores do Nuneaton Town FC
- Xogadores do Tobermore United FC