Gaspar Rodríguez Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1835 Redes, España |
Morte | 16 de marzo de 1884 (48/49 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | médico, político, escritor |
Gaspar Rodríguez Rodríguez, nado en Redes (Ares) en 1835 e finado en Ferrol o 16 de marzo de 1884,[1] foi un médico, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Patricio Rodríguez Díaz de Pontedeume, maxistrado en Valladolid, e Ángela Rodríguez Coucillas de Redes. Liberal e progresista, estivo implicado na conspiración de 1866 para derrocar a Isabel II, tendo que exiliarse en Inglaterra e despois en París. Foi vicepresidente da Xunta Revolucionaria de Ferrol de 1868. Foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1869, polo distrito de Ortigueira entre 1871 e 1873, e deputado polo distrito de Pontedeume en 1884, substituíndo ao seu irmán Daniel. Foi director xeral de Instrución Pública.
Predecesor: Daniel Rodríguez Rodríguez |
Deputado por Pontedeume 1884 |
Sucesor: Román Folla Miragaya |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo Gallego, 16-3-1884, p. 2.