Fucus serratus
Fucus serratus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Fucus serratus' L. |
Fucus serratus é unha alga mariña do norte do océano Atlántico coñecida como carballa ou bocho.[1][2] É de cor acastañada olivácea e similar a F. vesiculosus e F. spiralis. Crece dun pé discoide e as frondes son planas, duns 2 cm de anchura, bifurcadas e de até un 1 m de longo incluíndo un curto estipe. Ramifícase dicotomicamente de forma irregular. A fronde ten un nervio central e é facilmente distinguible doutras especies relacionadas polo seu bordo aserrado. Non ten vesículas cheas de gas, como as atopadas en F. vesiculosus, e tampouco se retorce en espiral como F. spiralis.
Os corpos reprodutivos fórmanse en conceptáculos situados no interior de receptáculos próximos ás puntas das ramas. Nestes conceptáculos prodúcense oogonios e anteridios, que despois da meiose son liberados. Prodúcese a fertilización e desenvólvese un cigoto que crece directamente nunha planta que constitúe o esporófito diploide.
Distribución e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Fucus serratus atópase ao longo da costa Atlántica de Europa desde Spitsbergen até Portugal, nas Illas Canarias e nas costas do nordeste de América.[3][4] Foi introducida polo home en Islandia e nas Illas Feroe fai aproximadamente 1000 anos, onde foron detectadas por primeira vez nun estudo de 1900. Crece moi ben nos depósitos de lenta drenaxe das costas nos que pode ocupar até un terzo da superficie total.[5] A miúdo domina a parte rochosa inferior, excepto sobre as rochas máis expostas.[6]
Usos
[editar | editar a fonte]F. serratus úsase en Irlanda e Francia para a produción de cosméticos e para talasoterapia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alan P. Major (1977). The book of seaweed. Gordon Cremonesi. ISBN 0-86033-046-X.
- ↑ "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 52. Consultado o 8 de agosto de 2020.
- ↑ W. R. Taylor (1972). Marine Algae of the Northeastern Coast of North America. University of Michigan Press. pp. 520 pp. ISBN 0-472-08840-8.
- ↑ M. D. Guiry & Wendy Guiry (23 de noviembre de 2006). "Fucus serratus Linnaeus". AlgaeBase. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2020. Consultado o 08 de agosto de 2020.
- ↑ J. A. Coyer, G. Hoarau, M. Skage, W. T. Stam & J. L. Olsen (2006). "Origin of Fucus serratus (Hereokontophyta; Fucaceae) populations in Iceland and the Faroes: a microsatellite-based assessment". European Journal of Phycology 41 (2): 235–246. doi 10.1080/09670260600652820.
- ↑ F. G. Hardy & M. D. Guiry (2006). A Check-list and Atlas of the Seaweeds of Britain and Ireland (PDF). British Phycological Society, London. ISBN 0-9527115-1-6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xullo de 2011. Consultado o 13 de marzo de 2008.