Saltar ao contido

Francisco Javier Castaños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Javier Castaños

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Javier Castaños Aragorri Urioste y Olavide Editar o valor en Wikidata
22 de abril de 1758 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 1852 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de homes ilustres (–1963)
Iglesia de la Encarnación (1963–) Editar o valor en Wikidata
Senador de España
17 de xullo de 1834 – 24 de setembro de 1852
Duke of Bailén (en) Traducir
12 de xullo de 1833 – 24 de setembro de 1852
← sen valor – Luis Ángel, Barón Carondelet →
President of the Council of Castile (en) Traducir
1832 – 1834
← José María Puig de Samper (en) TraducirFrancisco Fernández del Pino (mul) Traducir →
Capitán xeneral de Cataluña
novembro de 1815 – 4 de maio de 1820
← Andrés Pérez de Herrasti (en) TraducirPedro Villacampa y Periel (mul) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónSeminario de Nobles (pt) Traducir
Royal Military Academy of Mathematics and Fortification (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial, militar, político Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Rama militarExército de Terra de España Editar o valor en Wikidata
Rango militarCapitán Xeneral do Exército (1808–1820)
tenente xeneral (1802–1808)
mariscal de campo (1795–1802)
brigadeiro (pt) Traducir (1794–1795)
Coronel (1789–1794)
tenente coronel (1784–1789)
sargento-mor (pt) Traducir (1782–1784)
capitán (1768–1782) Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra da Independencia española
Guerras napoleónicas Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuke of Bailén (en) Traducir (1833–1852) Editar o valor en Wikidata
PaiJuan Felipe Castaños y Urioste Editar o valor en Wikidata
ParentesFrancisco Luis Héctor de Carondelet, cunhado Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMeyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
Enciclopedia militar Sytin
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX857809

Francisco Javier Castaños Aragorri Urioste y Olavide, duque de Bailén, coñecido como o xeneral Castaños, nado en Madrid o 22 de abril de 1758 e finado na mesma cidade o 24 de setembro de 1852, foi un militar e político español que sobresaíu durante as Guerras revolucionarias francesas e a Guerra da Independencia española.

Foi presidente do Consello de Rexencia entre o 1 de febreiro e o 29 de maio de 1810 na España libre de franceses e posteriormente, durante o reinado de Fernando VII, presidente do Consello de Castela (1832 – 1834).

Adquiriu gran celebridade por conseguir a vitoria fronte ás tropas napoleónicas do xeneral Dupont no verán de 1808. Era a primeira vez que as tropas imperiais eran vencidas no continente europeo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Francisco Javier Castaños Aragorri Urioste y Olavide naceu no seo dunha distinguida familia orixinaria de Biscaia. Foi instruído na arte da guerra polo célebre xeneral O'Reilly. cuñado seu, que o acompañou a Alemaña nunha viaxe que emprendeu para coñecer sobre a arte militar na escola do grande Frederico II de Prusia. En 1794, serviu con distinción, como coronel, no exército de Navarra ás ordes do xeneral Caro. Foi nomeado xeneral en 1798, e ascendido en 1802 a tenente xeneral pola súa defensa do porto de Ferrol. Posteriormente foi apartado de Madrid, por causa da súa oposición á política pacifista do ministerio español da guerra, estando a cargo do mando do Campo de Xibraltar.

A Rendición de Bailén, por José Casado del Alisal.
Museo do Prado.

Cando a invasión francesa de España, en 1808, foille confiado, pola Xunta Suprema Central, que actuaba como Rexencia de España, o mando dun corpo do exército nos lindes de Andalucía co resto de España, rexión na que desexaba entrar o xeneral Dupont.

Con 9.000 soldados e 3.000 voluntarios, Castaños derrotou o xeneral francés na batalla de Bailén, na provincia de Xaén en combate sostido entre os días 18 e 22 de xullo de 1808. Parte da gloria debeuse tamén ao suízo Reding, o seu lugartenente. A división francesa capitulou, e 20.000 homes foron feitos prisioneiros, sendo logo enviados a Cádiz e á illa de Cabrera, nas Baleares.

As repercusións da rendición de Bailén foron enormes, xa que era a primeira vez que un corpo do exército imperial napoleónico era derrotado no continente europeo: esmagaba o seu mito de imbatibilidade.

O xeneral Castaños por Vicente López, 1848.

Porén, en outubro do mesmo ano, Castaños era derrotado noutra batalla, bastante máis ao norte, en Tudela, Navarra.

En 1811, a Xunta Suprema nomeouno comandante do 4º corpo do exército e gobernador de varias provincias. Na batalla de Vitoria, na que a derrota francesa se debeu en boa medida ao seu valor, mostrou unha nova proba da súa capacidade.

Privado logo da súa comandancia pola Rexencia, escribiu ao Ministro da Guerra: "Teño as satisfacción de enviarvos entre as mans do mariscal de campo Freire o mando que eu collín en 1811, baixo os muros de Lisboa"

Á volta do rei Fernando VII, Castaños mostrouse como un firme apoio do monarca no momento en que este reinstauraba o absolutismo. Foi nomeado Capitán xeneral de Cataluña en 1815, e máis tarde en 1823, conselleiro de Estado en 1825, e aínda posteriormente presidente do consello de Castela. Porén, foi relegado da Corte entre 1833 e 1843, coa chegada dos liberais ao poder.

Á caída de Espartero, vello dabondo, deveceu por mergullarse de novo na vida política, e aínda substituiría a Argüelles como titor dunha raíña Isabel II aínda moi nova.

Predecesor:
José María Puig Samper
Presidente do Consello de Castela
1832 – 1834
Sucesor:
Francisco Fernández del Pino

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Conde de Toreno (2008): Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808). Ed. de J. M. Martínez Valdueza. Astorga, León: Editorial Akrón. ISBN 978-84-936293-4-2.
  • Mullié, Charles (1982): Biographie des célébrités militaires des armées de terre et de mer de 1789 à 1850. París: Poignavant et Compagnie. Volume I en Gallica (en francés); Volume II en Gallica (en francés).
  • Muñoz Maldonado, José (1833): Historia política y militar de la Guerra de la Independencia contra Napoleón Bonaparte desde 1808 a 1814. Tomo I / escrita sobre los documentos auténticos del gobierno por el Dr. D. José Muñoz Maldonado. Madrid: Imprenta de D. José Palacios.Ler en PDF Biblioteca virtual del español.
  • Muñoz Maldonado, José (1833): Historia política y militar de la Guerra de la Independencia contra Napoleón Bonaparte desde 1808 a 1814. Tomo II / escrita sobre los documentos auténticos del gobierno por el Dr. D. José Muñoz Maldonado. Madrid: Imprenta de D. José Palacios. Ler en PDF Biblioteca virtual del español.
  • Muñoz Maldonado, José (1833): Historia política y militar de la Guerra de la Independencia contra Napoleón Bonaparte desde 1808 a 1814. Tomo III / escrita sobre los documentos auténticos del gobierno por el Dr. D. José Muñoz Maldonado. Madrid: Imprenta de D. José Palacios. Ler en PDF Biblioteca virtual del español.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]