Festival de Cinema de Nova York
Aparencia
Festival de Cinema de Nova York | |
---|---|
Acrónimo | NYFF |
Tipo | festival de cinema |
Data de fundación | 1963 |
País | Estados Unidos de América |
40°42′N 74°00′O / 40.7, -74 | |
Na rede | |
http://www.filmlinc.com/nyff/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Festival de Cinema de Nova York (en inglés: New York Film Festival) é un festival de cinema que se celebra cada outono na cidade de Nova York, sendo presentado por Film Society of Lincoln Center (FSLC). Fundado no ano 1963 por Richard Roud e Amos Vogel co apoio do presidente de Lincoln Center, William Schuman, é un dos festivais máis duradeiros e máis prestixiosos dos Estados Unidos.[1]
O seu director máis duradeiro, Richard Peña, foi o director do programa dende 1988 até 2021, e tamén presidiu o Comité de Selección, o cal inclúe a críticos como Dennis Lim, Melissa Anderson e Scott Foundas de L.A. Weekly e a J. Hoberman de The Village Voice.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kern, Laura; Koch, Joanne; Peña, Richard, eds. (2012). New York Film Festival Gold. Estados Unidos: The Film Society of Lincoln Center, Inc. pp. 16–18. ISBN 978-0-615-66360-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)