Felice Bonetto
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1903 Manerbio, Italia (pt) | ||||||||||||||||
Morte | 21 de novembro de 1953 (50 anos) Silao, México (pt) | ||||||||||||||||
Lugar de sepultura | cemiterio monumental de Milán | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, enxeñeiro, piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Deporte | Motociclismo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans |
Felice Bonetto, nado en Manerbio o 9 de xuño de 1903 e finado en Silao (México) o 21 de novembro de 1953, foi u piloto de carreiras italiano, coñecido co alcume de "Il Pirata" (O Pirata).
Foi unha lenda das carreiras de estrada, comezou a competir na década de 1930, e gozou dunha breve andaina na Fórmula Un, incluíndo unha vitoria na carreira fóra de campionato do Grande Premio do Jubileu en 1953, competiu con coches italianos, comezando cun Maserati para a Scuderia Milano, un Alfa Romeo oficial, e finalmente un Maserati, conseguindo dous podios compartidos no Campionato do Mundo. Os seus maiores éxitos foron en coches deportivos, gañou a Targa Florio (1952), pero tristemente morreu cando chocou contra un poste durante a Carreira Panamericana de 1953 cando era líder.
Carreira
[editar | editar a fonte]Debut e inicios
[editar | editar a fonte]Felice Bonetto naceu en Manerbio, na provincia de Brescia, o fogar da Mille Miglia. Malia iso, comezou nas carreiras, moi novo, en motos. O cambio a catro rodas chegou moi tarde para os estándares modernos. De feito, xa tiña 28 anos cando participou na Bobbio-Penice, cun Bugatti. Malia ter que conformarse con coches que non sempre eran competitivos, non faltaron os resultados. En 1933, Bonetto foi terceiro no infame Gran Premio de Monza cun Alfa Romeo 8C 2600. A carreira sempre será recordada como o Día Negro de Monza, cando tres dos mellores pilotos de Europa estreláronse mortalmente con poucas horas de diferenza: Giuseppe Campari, Mario-Umberto Borzacchini e o Conde Stanisław Czaykowski. Tamén terminou segundo na Coppa Principessa di Piemonte. Un ano máis tarde chegou duodécimo na Mille Miglia, pero obtivo o seu maior éxito logo da segunda guerra mundial. A segunda guerra mundial parou abruptamente a súa carreira, así como a dos seus colegas da época. Bonetto retomou a súa carreira en 1946 cun pequeno Cisitalia, antes de pasar á Fórmula Un.[1][2][3][4][5][6]
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Aínda que Bonetto correra nates en coches de Fórmula 1, fixo o seu debut no campionato do mundo de F1 no Gran Premio de Suíza de 1950. A falta de cinco días para cumprir 47 anos. Participou no seu propio Maserati 4CLT en varios Grandes Premios, baixo a bandeira da Scuderia Milano, e pilotou un Alfa Romeo SpA de fábrica en 1951, como o seu terceiro piloto. Compartiu un terceiro posto, con Giuseppe Farina no Gran Premio de Italia de 1951. Seguu competindo nos coches deportivos, pero volveu á Fórmula Un a finais de 1952 e fixo unha boa tempada en Maserati en 1953, cunha visita ao podo, compartindo outra vez o terceiro posto no Gran Premio dos Países Baixos de 1953. Esta vez asociado con José Froilán González. Lonxe do Campionato do Mundo, Bonetto tivo certo éxito, foi segundo no Gran Premio de Nápoles de 1949 nun Ferrari.[4][5][7][8][9]
As do deporte
[editar | editar a fonte]Máis que na F1, con todo, Bonetto tivo moito éxito nos autos deportivos. Gañou en 1947 no Circuíto de Firenze pilotando un Delage 3000. En 1949 foi segundo na Mille Miglia, detrás de Clemente Biondetti, ambos pilotaban un Ferrari 166 MM Touring para a Scuderia Ferrari e en 1950 gañou a Pontedecimo-Giovi hillclimb nun Osca e o Gran Premio de Oporto no seu propio Alfa Romeo. A seguinte tempada, pilotou o novo modelo 1900TI de Alfa Romeo logrando á vitoria da clase no "Giro di Sicilia". Logo, en 1952, marchou a Scuderia Lancia e ao volante dun Lancia Aurelia B20 acabou segundo no giro di Sicilia. Continuou cun sexto lugar no Preis von Bremgarten e un oitavo nas 24 Horas de Le Mans, e finalmente unha gran vitoria na Targa Florio. Continuou co equipo Scuderia Lancia en 1953. O terceiro lugar na Mille Miglia, o segundo no Gran Premio de Monza, a vitoria no Gran Premio do Jubileu no Circuíto de Monsanto Park converteuno en parte da escuadrilla despregada para a Carreira Panamericana de 1953 os seus compañeiros de equipo para a carreira foron Juan Manuel Fangio, Piero Taruffi, Giovanni Bracco e Eugenio Castellotti.[3][4][5][10]
Morte
[editar | editar a fonte]A Carreira Panamericana, era un rally perigoso e difícil nunha estrada pública en México que tiña lugar durante 6 días desde un extremo do país norteamericano a outro, cubrindo unha distancia de 3.200 km. Era a última rolda do Campionato Mundial de Sportscar de 1953, a carreira comezou o 19 de novembro de 1953, desde Tuxtla Gutiérrez, Bonetto gañou a primeira etapa, fronte aos seus compañeiros de equipo Taruffi, Fangio e Castellotti. Taruffi gañaría as seguintes dúas etapas, aínda que Bonetto mantivo o liderado. O terceiro día de competición, Bonetto e Taruffi achegáronse e continuaron loitando entre eles. Na segunda etapa do día, con todo, Taruffi saíuse da estrada nunha zona de néboa antes da pequena cidade de Silao, a uns 25 quilómetros de León, danando a dirección do seu Lancia. Na mesma localidade, Bonetto estrelou o seu Lancia contra o balcón dunha casa, terminando contra un poste. Bonetto golpeou a cabeza no balcón a toda velocidade e morreu instantaneamente. Antes do evento, Bonetto xunto a Taruffi e outros pilotos italianos marcaran as zonas perigosas ao longo da ruta con sinais azuis. O seu accidente ocorreu nun deses lugares, malia a precaución de marcar as curvas, Felice tomaría unha curva de 96 km/h a 200 km/h..[3][4]
Logo da morte de Bonetto, o dono do equipo Gianni Lancia quixo retirar os seus coches da carreira, pero os pilotos sobreviventes decidiron seguir competindo na honra do seu compañeiro de equipo. Fangio, Taruffi e Castellotti chegaron á meta dando a Lancia os tres primeiros lugares, pero foi un éxito do que non se alegraron, xa que ademais de Bonetto a carreira tamén cobrouse a vida doutros pilotos italianos, Antonio Stagnoli e Giuseppe Scotuzzi, Así como seis espectadores. Bonetto está enterrado na sección italiana do cemiterio do Cemiterio dos Dolores na Cidade de México.[3][4]
A Familia Bonetto no mundo do automóbil
[editar | editar a fonte]A contribución da familia Bonetto ao mundo do automóbil non terminou coa morte de Bonetto. O sobriño, Rodolfo Bonetto, foi unha figura destacada no campo da arquitectura italiana e o deseño industrial. O fillo de Rodolfo, Marco, continuou neste campo como presidente de Bonetto Design. En canto ao propio fillo de Felice, Roberto Bonetto dedicou a súa carreira ao xornalismo, para converterse no subdirector de Quattroruote.[3][11]
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Scuderia Milano | Maserati 4CLT/50 | Maserati Straight-4 | GBR NCG |
MON | 500 | SUI 5 |
BEL | FRA Ret |
19º | 2 | |||
Milano Speluzzi | ITA NTS |
|||||||||||||
1951 | Alfa Romeo SpA | Alfa Romeo 159A | Alfa Romeo 8 en liña | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR 4 |
ALE Ret |
ITA 3 |
8º | 7 | ||
Alfa Romeo 159M | ESP 5 |
|||||||||||||
1952 | Officine Alfieri Maserati | Maserati A6GCM | Maserati 6 en liña | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE DSC |
NED | ITA 5 |
16º | 2 | |
1953 | Officine Alfieri Maserati | Maserati A6GCM | Maserati 6 en liña | ARX Ret |
500 | NED 3‡ |
BEL | FRA Ret |
GBR 6 |
ALE 4 |
SUI 4† |
ITA Ret |
9º | 6.5 |
Notas
[editar | editar a fonte]‡ compartido con José Froilán González
† compartido con Juan Manuel Fangio
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Piloto | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | Louis Rosier | Louis Rosier | Talbot-Lago T26C | S5.0 | 92 | Ret Tanque aceite | |
1953 | Scuderia Lancia | Enrico Anselmi | Lancia Aurelia B20 | S2.0 | 247 | 8º | 2º |
1953 | Scuderia Lancia | Gino Valenzano | Lancia D20 | S8.0 | 66 | Ret (Starter) |
Resultados completos na Mille Miglia
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Pilotos/Navegador | Coche | Clase | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|
1934 | A. Negri | Alfa Romeo 8C 2300 | S3.0 | 12º | 8º | |
1948 | Milto Maritano | Cisitalia 202 SMM | S1.1 | Ret | ||
1949 | Scuderia Ferrari | Carpani | Ferrari 166 MM | S+1.1 | 2º | 2º |
1950 | Felice Bonetto | G. Casnaghi | Alfa Romeo 412 Spider Touring | S+2.0 | Ret | |
1951 | Felice Bonetto | G. Casnaghi | Alfa Romeo 412 Spider Touring | S/GT+2.0 | 6º | 3º |
1952 | Felice Bonetto | Gian Paolo Voplini | Lancia Aurelia B20 | GT2.0 | Ret | |
1953 | Scuderia Lancia | U. Peruzzi | Lancia D20 Pinin Farina | S+2.0 | 3º |
Resultados completos na Carrera Panamericana
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Piloto/Navegador | Coche | Clase | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Automobile Club d'Italia | Bruno Bonini | Alfa Romeo 6C 2500 | 8º | n/a | |
1951 | Gian Paolo Volpini | Lancia Aurelia B20 | Ret | n/a | ||
1952 | Felice Bonetto | Lancia Aurelia B20 | S | Ret (Accidente) | ||
1953 | Scuderia Lancia | Lancia D24 | S+1.6 | Ret (Accidente mortal – Bonetto) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "1933 GRAND PRIX SEASON - 1933 Monza Grand Prix (Gran Premio di Monza". www.kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 "Coppa Principessa di Piemonte". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Eventi. "In Messico - Sessant'anni Fa La Scomparsa Di Felice Bonetto - Quattroruote". Quattroruote.it. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Jacques Fhima. "ART WORK STUDIO". Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Felice Bonetto". www.historicracing.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 1/ Piloti dimenticati: Felice Bonetto, il driver con la pipa". Il Sussidiario.net. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Felice Bonetto". ESPN UK. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "II. Gran Premio di Napoli 1949". Mitorosso.com - Ferrari Online Magazine. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Felice Bonetto Profile - Drivers - GP Encyclopedia - F1 History on Grandprix.com". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ 10,0 10,1 "Mille Miglia". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Rodolfo Bonetto". Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "1933 GRAND PRIX SEASON - 1933 Monza Grand Prix (Gran Premio di Monza". www.kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Voiturette 1947 - Coppa Asti". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Voiturette 1947 - Circuito di Vigevano". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ 15,0 15,1 Jacques Fhima. "ART WORK STUDIO". Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Voiturette 1947 - Table". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Circuito di Pescara". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1948 - Vercelli". www.formula2.net. Consultado o 26 January 2016.
- ↑ "Formula 2 1948 - Mantova". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1948 - GP Bari". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1948 - Prix de Berne". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "GP Napoli". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Felice Bonetto". Driver Database. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Formula 2 1949 - GP di Bari". www.formula2.net. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Circuito do Porto". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1950 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1951 Formula 1 Grand Prix of Italy". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1951 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Targa Florio". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Giro di Sicilia". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1952 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Monsanto". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "GP Monza". Racing Sports Cars. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "South American Formula Libre/Temporada Races 1946-1952". www.teamdan.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1953 Formula 1 Grand Prix of the Netherlands". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Results 1953 Formula 1 Season". F1 Fansite. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Felice Bonetto |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |