Saltar ao contido

Españolada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mary, la españolita, prototipo do mito romántico de España, recuperado por Franz von Stuck en 1916.

Españolada é un termo despectivo[1] para se referir, dende un punto de vista esaxerado, ao que se entende como tipicamente español[2]. O estereotipo máis frecuente reduce a diversidade de culturas e tradicións do ámbito hispánico ao tópico da realidade andaluza.[3]

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Esta deformación da imaxe de España ten a súa orixe no século XIX, cando o Romanticismo puxo de moda o mito español,[4] provocando unha peregrinación de escritores europeos, primeiro ingleses e despois e sobre todo franceses, entre eles ambos os dous Alexandre Dumas, Théophile Gautier, Victor Hugo ou Prosper Mérimée, cuxa obra Carmen, foi considerada por Francisco Ayala, como o berce da España mítica, territorio exótico e diferenciado con respecto a Europa.[5]

Algunhas obras de artistas do costumismo romántico andaluz teceu o conxunto de tópicos arredor de Andalucía (bandoleiros, xitanos, toureiros, bailaores, tonadilleras etc).[6]

  1. "Diccionario de la lengua española - Real Academia Española". dle.rae.es (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Españolada.
  3. Los tópicos de la españolada, El País, 4 de decembro de 2009 (en castelán).
  4. Reivindicar el costumbrismo Arquivado 25 de setembro de 2016 en Wayback Machine., VV.AA., revista Ínsula, 637, 24 de setembro de 2016 (en castelán).
  5. La españolada cinematográfica a estudio, Culturamas, 18 de febreiro de 2010 (en castelán).
  6. }Historia de la pintura sevillana, Enrique Valdivieso, Ed. Guadalquivir, 1992 ISBN 84-86080-76-2 (en castelán).