Ernest Gellner
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2011) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (mul) Ernest André Gellner 9 de decembro de 1925 Montrouge, Francia |
Morte | 5 de novembro de 1995 (70 anos) Praga, República Checa |
Grupo étnico | Pobo checo |
Educación | Balliol College, Oxford (pt) St Albans School |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía política, Filosofía da ciencia, Antropoloxía social e socioloxía |
Lugar de traballo | Cambridge |
Ocupación | filósofo, sociólogo, politicólogo, catedrático, antropólogo, ensaísta |
Empregador | London School of Economics Universidade de Edimburgo Universidade Centroeuropea |
Membro de | |
Interesado en | Nacionalismo |
Movemento | Racionalismo crítico (pt) |
Alumnos | Moshe Berent (en) |
Carreira militar | |
Rama militar | Czechoslovak army in exile (en) |
Conflito | segunda guerra mundial |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Ernest André Gellner, nado en París o 9 de decembro de 1925 e finado en Praga o 5 de novembro de 1995, foi un filósofo e antropólogo social checo nacionalizado británico.
Foi un importante teórico da sociedade moderna e das diferenzas que a distinguen das sociedades precursoras. A súa esfera de influencia é pouco común e abrangue os campos da Filosofía, Socioloxía, Ciencia Política, Historia e Antropoloxía social. O xornal británico The Independent, na súa edición do 8 de novembro de 1995, referiuse a Gellner como "unha cruzada dun home polo racionalismo crítico, en defensa do universalismo do esclarecemento contra as mareas ascendentes do idealismo e relativismo".
Foi profesor de filosofía, lóxica e método científico na London School of Economics durante 35 anos. Ocupou despois a cátedra Willian Wyse de Antropoloxía social na Universidade de Cambridge por 10 anos e finalmente foi o líder fundador do centro para o estudo do nacionalismo, en Praga. Foi colega de Karl Popper na London School of Economics. Popper é, segundo Gellner, a súa maior influencia.
O sociólogo David Glass dixo unha vez que non sabía se a próxima revolución viría da dereita ou da esquerda, mais que tiña a certeza de que, viñese de onde viñese, a primeira persoa en ser abatida sería Ernest Gellner.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De París para Praga
[editar | editar a fonte]Era fillo de Rudolf e Anna Gellner (nome de solteira Anna Fantl), unha familia checa de lingua alemá de orixe xudaica secularizada. O pai de Gellner, Rudolf Gellner, traballou como xornalista para xornais alemáns, antes de se tornar un home de negocios, relativamente modestos. Rudolf tivo que aprender a lingua checa, como moitos naturais da Bohemia de lingua alemá, coa creación da Checoslovaquia, despois da primeira guerra mundial, na cal Rudolf combatera, tendo estado destacado na Siberia. Rudolf estudaba en París, mais pouco despois do nacemento de Ernest, mudouse a Praga, onde Ernest Gellner creceu e onde frecuentou un liceo inglés (grammar school). Segundo J. Musil, neste instituto inglés, fundado pouco antes, as aulas eran dadas por profesores ingleses para conseguir o dominio da lingua. O currículo do liceo combinaba o modelo inglés cos currículos europeos. Gellner creceu pois nun ambiente multicultural, na Checoslovaquia de Masaryk. A Praga en que Gellner medrou era a cidade das tres culturas (checa, xudaica, alemá) de Kafka. Unha cidade con dúas Universidades: unha checa e outra alemá (Einstein deu clases nesta última, no ano 1911/1912). Unha cidade antisemita mais dunha beleza impresionante da que máis tarde se lembra con morriña (como relata nesta entrevista a John Davis da Universidade de Oxford) Arquivado 26 de setembro de 2011 en Wayback Machine..
Segundo André Cceglédy, que foi orientado no seu doutoramento por Gellner, este lera na súa xuventude as obras de escritores como Jaroslav Zák, Jaroslav Hašek e Vitezslav Nezval, e foi influenciado por dramaturgos como Jiri Voskovec e Jan Werich, todos eles autores a quen Cceglédy atribúe un especial sentido do humor.
Segunda guerra mundial e a fuga para Inglaterra
[editar | editar a fonte]En 1939, co ascenso do nazismo na Europa a familia viuse obrigada a fuxir a Inglaterra. A decisión fora preparada desde había algún tempo, dada a evolución dos acontecementos. Unha das irmás de Rudolf vivía en Inglaterra e casara cun inglés, o que foi providencial. O 10 de marzo de 1939, Adolf Hitler ordenou a entrada do exército alemán en Praga, consecuencia do acordo de Munic.
Nese mesmo ano, tendo apenas 13 anos, Ernest Gellner foi autorizado a viaxar coa nai e irmá para Inglaterra, atravesando Alemaña en tren (os homes adultos non estaban autorizados a facelo). O pai saíu ilegalmente para Inglaterra vía Polonia, onde por dúas veces o enviaron atrás. A terceira tentativa tivo éxito. Grazas á axuda de vellos amigos rusos dos tempos da primeira guerra mundial, Rudolf Gellner conseguiu obter en Varsovia os visados que lle salvaron a vida (e ao seu colega de viaxe, que chegaría a ser socio nos seus futuros negocios en Inglaterra). Seguiu viaxe para Suecia e despois para Inglaterra. Xuntouse á familia en Londres, para a felicidade do pequeno Ernest. Un irmán de Rudolf Gellner, Otto Gellner, tivo menos sorte: pereceu no Holocausto. A maioría da familia de Rudolf conseguiu escapar a Inglaterra. Varios familiares da nai ficaron na Checoslovaquia e foron asasinados no Holocausto.
Ernest e a súa familia viviron inicialmente en Highgate, no norte de Londres, e mudáronse despois a St. Albans. Ernest estudou na St. Albans County Grammar School, un liceo fundado nos anos 30, onde obtivo unha bolsa de estudos para o Balliol College, en Oxford. En palabras de Gellner, a súa bolsa de estudos para Oxford, obtida cando tiña 17 anos de idade, debeuse á "política colonial á portuguesa" practicada polo director do Balliol College, que "mantiña os nativos en paz dando permiso para entrar en Balliol a xente capacitada de clase baixa" [1] Arquivado 26 de setembro de 2011 en Wayback Machine..
En Oxford, Gellner estudou filosofía, política e economía. Interrompeu os estudos despois dun ano para combater na guerra, incorporándose á brigada checa. O Ernest novo, nos seus 19 e 20 anos, participou na segunda guerra mundial, tomando parte no bloqueo da cidade de Dunkerque, pouco despois do desembarco de Normandía. Xa co armisticio, participou nas conmemoracións e desfiles militares da vitoria en Praga. Non permanecería en Praga moito tempo. O exército vermello, agora xa nun contexto de conflito leste-oeste pediu axiña aos militares checos que retornasen ao sector americano despois das conmemoracións.
Carreira universitaria
[editar | editar a fonte]Regresou á Inglaterra en 1945 e completou os seus estudos con distinción (first class honours) en 1947, gañando o premio John Locke. Nese mesmo ano iniciou a súa carreira académica como asistente do profesor John MacMurray, na facultade de filosofía moral da Universidade de Edimburgo.
Dous anos despois, en 1949, foi ensinar Socioloxía na London School of Economics, onde pasaría a maior parte da súa carreira académica. Tería tamén a cátedra de Filosofía.
A partir de 1954, Gellner fixo unha serie de viaxes ao norte de África, en traballos de campo antropolóxico, que culminaría no seu doutoramento en Antropoloxía social baixo a orientación dos profesores Raymond Firth e Paul Sterling. Traballando entre os bérberes, nas montañas do Atlas, Gellner tivo a oportunidade de satisfacer a súa paixón polas montañas. Ao mesmo tempo, tomou contacto coa relixión musulmá, un tema de varios dos seus libros, incluíndo o seu Saints of the Atlas, de 1969.
En 1984 ocupou a cátedra Willian Wyse de Antropoloxía social na Universidade de Cambridge.
A evolución temática de Gellner é fóra do vulgar. Tendo comezado na Filosofía, pasou á Socioloxía e despois á Antropoloxía social. Como dixo nunha entrevista de 1991, esta mudanza de temas foi máis unha fuga á filosofía lingüística:
- E o paradoxo, a anécdota é que tendo escapado da filosofía á antropoloxía, en parte, sen dúbida non só por iso, mais en parte para escapar á filosofía lingüística, eu atopo na miña idade avanzada que a cousa de que eu fuxía é agora dominante na antropoloxía: a praga hermenéutica, como eu lle chamo, que é en parte inspirada en Wittgenstein, tornouse recentemente moi influente na antropoloxía. Eu penso que ela é tan inoportuna na antropoloxía como era na filosofía. É irónico que ela parece estar a seguirme (Davis, 1991)
Gellner pasou un ano na Unión Soviética en 1989/90, invitado pola Academia de Ciencias soviética.
Ideas
[editar | editar a fonte]Filosofía
[editar | editar a fonte]Os libros de Gellner ofrecen unha excelente base para o estudo da filosofía. Gellner sistematizou como poucos a filosofía, a socioloxía, a antropoloxía e a historia. Trátase dun caso raro de traballador multidisciplinar e cosmopolita nos tempos modernos, acompañado dun inevitable sentido de humor, sempre esclarecedor.
Gellner ordena a filosofía coa seguinte frase: "Todo bebé filosófico nacido con vida se tornará inevitabelmente ou nun pequeno positivista ou nun pequeno hegeliano".
Gellner está claramente do lado racionalista da filosofía. Ese lado positivista, como el lle chama, ten un sentido diferente do de Augusto Comte, que segundo Gellner, "combinou as dúas respostas". El interésase pola razón, polo racionalismo. O racionalismo parece terlle saído fumegando polas orellas (o propio Gellner usou esta expresión para describir a Leonard Trelawny Hobhouse).
Os seus heroes son David Hume, René Descartes, Immanuel Kant, Karl Popper. Os seus viláns Hegel, Wittgenstein, Nietzsche, Heidegger.
Gellner dise un "fundamentalista do esclarecemento" (ou do iluminismo), ironicamente, en contrapunto co fundamentalismo islámico, outra corrente moi en voga nos días de hoxe.
Comentarios de Gellner sobre Kierkegaard e o existencialismo aquí
Modernidade
[editar | editar a fonte]Gellner ve na era moderna o resultado dun accidente histórico e non dun plano divino. Neste punto el adopta as teses de Max Weber, outra das súas principais influencias, que ve na ética protestante un dos factores que terá levado ao xurdimento do capitalismo e con el á era moderna. Unha evolución que pasou ao lado da Península Ibérica, como Antero de Quental xa deixara patente no seu discurso da conferencia do casino: "Causas da decadencia dos pobos peninsulares nos tres últimos séculos" ( Ler o discurso aquí). Portugal (e con el, todos os territorios que lle estaban asociados) permaneceu do lado católico tradicional nas disputas relixiosas que asolaron Europa. A Reforma protestante do século XVI que se desenvolveu na Europa do Norte non chegaría a Portugal, debido á acción da chamada Contrarreforma iniciada por Roma, onde os Xesuítas desempeñaron un papel de relevo. Non só a reforma relixiosa que se deu no norte da Europa non chegou a Portugal, a desconfianza estendeuse tamén ás ideas que alí xurdiron (ver: Estranxeirados), non só no campo relixioso mais tamén nas letras (o humanismo) e ciencias (no s. XVIII o iluminismo e a revolución científica). En 1558 foi introducida en España a pena de morte para quen importase libros estranxeiros sen permiso ou para quen imprimise sen a autorización oficial. En canto que na Europa protestante o progreso científico atinxiu unha dimensión inédita na historia da humanidade, en Portugal, a influencia da igrexa católica e a censura por esta imposta permaneceron por polo menos máis tres séculos. (Ver:Index Librorum Prohibitorum). A Inquisición portuguesa foi abolida apenas en 1821 (aínda hoxe moitos ingleses fican admirados ao descubriren isto). Xa en 1736, D. Luís da Cunha deploraba a ausencia dunha comunidade reformada (calvinista) en Portugal. Comparando a situación portuguesa coa de Francia, notou que o desafío hugonote impedira que o sacerdocio católico francés se afundise ata ao nivel "sórdido" dos seus pares portugueses (David Landes).
A sociedade baseada en valores protestantes é un accidente da historia. Non sería de esperar que alguén se dedique ao traballo arduo, non co obxectivo de gozar dos froitos dese traballo, mais si por unha orde divina. Para un calvinista, o obxectivo último da vida na terra é "ennobrecer o nome do señor". Gozar deses froitos sería, á luz da ética protestante, un sinal de fraqueza perante Deus. Como Max Weber apuntou na súa obra "A ética protestante e o espírito do capitalismo", o católico que alcanza a riqueza logo a gozará e alí se quebrará o impulso criativo. Por contraste, para certas formas ascéticas da doutrina protestante, especialmente Calvinistas (Ver Calvinismo), o traballo arduo e disciplinado non é un medio para atinxir un fin. É un acto de fe. O calvinista rico non ten calquera motivo para gozar da súa riqueza. Continuará sendo disciplinado e exixente consigo mesmo, non porque desexe alcanzar a riqueza mais porque vé na disciplina diaria un elemento de fe e unha proba de que se atopa entre os escollidos de Deus. Como David Landes afirma, "o punto de Weber é que o protestantismo produciu un novo tipo de home de negocios, un tipo diferente de persoas, que desexa vivir e traballar dunha determinada forma. Era esta forma aquilo o que máis interesaba, e a riqueza era, cando moito, un sub-produto.
Ora é precisamente esta filosofía que combina mellor coa organización moderna do traballo nunha sociedade capitalista. O reinvestimento dos lucros na actividade produtiva é recoñecidamente un factor de éxito económico. Como exemplo desta nova forma de pensar, Weber cita Benjamin Franklin, un calvinista, como exemplo elucidativo desta relación fecunda entre principios relixiosos e o éxito económico. Os seus aforismos como: "un tostón poupado é un tostón gañado" son ben coñecidos aínda hoxe.
Como David Landes afirma, esta forma de pensar tivo orixe relixiosa mais acaba por se tornar secular: "E a pesar da crenza forte na predestinación non ter durado máis do que unha xeración ou dúas (non é o tipo de dogma que teña apelación duradeira), ela acabou por ser convertida nun código de comportamento secular: traballo duro, honestidade, seriedade, o uso prudente de diñeiro e tempo (ambos emprestados a nós por Deus). "O tempo é curto", amoestaba o sacerdote puritano Richard Baxter (1615-1691), "e o traballo é longo"".
Aquilo que comezou como experiencia teolóxica puritana dunha seita relixiosa que xurdiu no occidente (norte) do continente europeo e no norte da América (zonas de relixión protestante) acabou por se tornar nun factor de progreso económico e social que tivo como consecuencia o crecemento exponencial da produtividade económica como ningún economista clásico (unha ciencia inicialmente moi pesimista -"the dismal science"-, a ciencia lúgubre) tiña previsto (ver: Adam Smith ou Thomas Malthus). Ver Historia de Escocia para un exemplo da forma como esta transformación tiña lugar.
O islam
[editar | editar a fonte]Ernest Gellner analizou en detalle as estruturas sociais das sociedades islámicas. En especial interesáballe explicar por que o islam se mostra resistente á tendencia xeral da secularización, que en principio é unha das características da modernidade.
Citas de terceiros sobre Gellner
[editar | editar a fonte]"Ernest Gellner, un prominente sociólogo da vida musulmá", Daniel Pipes, In the path of God, 1983
Obra
[editar | editar a fonte]De acordo con Cceglédy, Gellner díxolle nunha conversa particular que consideraba o libro de 1988, Plough, Sword and Book (arado, espada e libro) como a súa contribución máis panorámica e sostida. Porén, o seu Nations and Nationalism, abordando unha temática completamente diferente, foi o que o tornou máis coñecido, seguindo o Words and Things, pola polémica envolvida.
Words and things
[editar | editar a fonte]O seu primeiro libro xurdiu en 1959 foi unha crítica á filosofía lingüística de Wittgenstein, nos anos do posguerra unha forza dominante en círculos académicos ingleses e particularmente en Oxford. O libro contou cun prefacio favorable de Bertrand Russell, que posteriormente defendeu Gellner no debate que se seguiu á publicación. A controversia foi grande cando Xilbert Rye, editor do xornal filosófico Mind, recusou incluír unha crítica literaria ao libro, achando que facía unha crítica maliciosa aos filósofos mencionados. Esta decisión foi divulgada ao gran público nunha carta aberta de Bertrand Russell ao xornal The Times, de Londres, ao que se seguiu unha acesa discusión pública.
Saints of the Atlas
[editar | editar a fonte]Publicado en 1969, foi unha monografía do seu traballo de campo cos bérberes, nas montañas do Atlas, en Marrocos, onde se topou cunha complexa sociedade islámica, que el analizou (ver tamén sufismo).
Nations and Nationalism
[editar | editar a fonte]Este libro tornou Gellner nun teórico de referencia para o fenómeno do nacionalismo. As súas conclusións son sorprendentes. Para Gellner, o nacionalismo é un acontecemento específico da sociedade moderna. Neste libro, Gellner presenta tamén a súa irreverente Teoría do enderezo errado:
- Os marxistas basicamente gostan de pensar que o espírito da historia ou a consciencia humana cometeron un terrible engano. A mensaxe de despertar fora enviada para as clases, mais por algún terrible erro postal, foi entregado ás nacións.
The Psychoanalytic Movement
[editar | editar a fonte]The psychoanalytic movement or the cunning of unreason, 1985, foi un libro escrito pouco despois do regreso do traballo de campo en Marrocos. Gellner pretendeu inicialmente facer unha especie de "traballo de campo" (usando métodos semellantes) para a profesión psicanalítica (o que lle terá sido rexeitado). O libro é unha denuncia da tradición freudiana. Por sinal do destino editorial, as primeiras edicións do libro contiñan un erro no subtítulo, o que Gellner terá achado divertido. En vez de "the cunning of unreason" (a artimaña da irracionalidade), foi impreso: "the coming of unreason" (a chegada da irracionalidade).
Escolma da súa obra
[editar | editar a fonte]- Words ans Things , A Critical Account of Linguistic Philosophy and a Study in Ideology, London: Gollancz; Boston: Beacon. Also see correspondence in The Times, 10 November to 23 November, 1959.
- Thought and Change
- Saints of the Atlas, 1969
- Contemporary Thought and Politics
- The Devil in Modern Philosophy
- Legitimation of Belief
- Spectacles and Predicaments
- Muslim Society, 1981
- Nations and Nationalism, 1984
- The Concept of Kinship and Other Essays
- Relativism and the Social Sciences, 1985
- The Psychoanalytic Movement: or the Cunning of Unreason, 1985
- Culture, Identity and Politics
- State and Society in Soviet Thought
- Plough, Sword and Book, 1988
- "Reason and Culture: The historic role of rationality and rationalism", 1992
- The Dangers of Tolerance, ensaio de 1995