Enrique Martín Navarro
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1924 Valladolid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 12 de abril de 2016 (91 anos) Valencia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,85 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1943 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Enrique Martín Navarro, coñecido como Quique, nado en Valladolid o 3 de xuño de 1924 e finado en Valencia o 12 de abril de 2016,[1] foi un futbolista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Valladolid, seu pai era Garda Civil e desapareceu nunha revolta en Sevilla, non volvendo saber nada máis del. Súa nai, catalá, tiña familia en Castelló, cidade á que foron vivir.[2]
Comezou a xogar ao fútbol no colexio onde estivo internado, os Salesianos de Valencia, para despois pasar ao Sindicato Español Universitario (SEU) de Castelló.[2] Despois da guerra civil, con 15 anos, ingresou no Villarreal CF, e aos 17 fichou polo CD Castellón. Inicialmente xogaba como centrocampista, pero durante a tempada 1942/43 foi convocado polo primeiro equipo para xogar como porteiro, xa que os seus dous porteiros titulares estaban lesionados, posto no que continuou o resto da súa carreira.[2] En xullo de 1943 trasladouse ao Barcelona para fichar polo Espanyol, pero non chegou a un acordo e finalmente foi fichado polo FC Barcelona. Defendeu a camiseta do Barcelona durante sete tempadas, nas que foi case sempre suplente de homes como Velasco ou Ramallets. Gañou tres ligas e unha Copa Latina, sendo a tempada 1944/45 na que máis partidos disputou, un total de 13. En 1950 marchou ao Valencia CF, onde tomou o relevo de Ignacio Eizaguirre. Defendeu a portería valenciana ata a tempada 1956/57, gañando unha Copa do Xeneralísimo en 1954, con Quincoces como adestrador.[3] Rematou a súa carreira xogando co Levante na Segunda División.[2]
Unha vez retirado traballou como adestrador, dirixindo principalmente clubs valencianos . Comezou dirixindo o Alcoyano onde aínda disputou dous partidos como futbolista na tempada 1958/59. Despois adestrou ao Levante UE e ao Real Oviedo en Primeira División,[4] e ao CE Constància e UE Lleida en Segunda, entre outros equipos.[2]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falleció Quique, el portero que se subió al larguero en la final de 1954". Mundo Deportivo (en castelán). 12 de abril de 2016. Consultado o 4 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Salinas, David (10 de xuño de 2014). "Quique: guardameta por necesidad". Sport (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2022.
- ↑ "Ficha de Quique Martín". ciberche.net (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2022.
- ↑ "Los equipos ante la liga". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de setembro de 1963. p. 6. Consultado o 4 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en Valladolid
- Nados en 1924
- Finados en 2016
- Futbolistas de Castela e León
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do CD Castellón
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Levante UD
- Xogadores do CD Alcoyano
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do CD Alcoyano
- Adestradores do Levante UD
- Adestradores do Real Oviedo
- Adestradores do UE Lleida
- Adestradores da UD Alzira