Electroerosión
A electroerosión é un proceso de fabricación tamén coñecido como mecanizado por descarga eléctrica ou EDM (polo seu nome en inglés, electrical discharge machining).
O proceso de electroerosión consiste na xeración dun arco eléctrico entre unha peza e un eléctrodo nun medio dieléctrico para arrincar partículas da peza até conseguir reproducir nela as formas do eléctrodo. Ambos, peza e eléctrodo, deben ser condutores, para que poida estabelecerse o arco eléctrico que provoque o arranque de material.
Basicamente ten dúas variantes:
- O proceso que utiliza o eléctrodo de forma, coñecido como ram EDM, onde o termo ram quere dicir en inglés «ariete» e é ilustrativo do «choque» do eléctrodo contra a peza ou viceversa (peza contra o eléctrodo).
- A que utiliza o eléctrodo de fío metálico ou arame fino, WEDM (onde as siglas describen en inglés wire electrical discharge machining)
O proceso de erosión térmica no cal se extrae metal mediante unha serie de descargas eléctricas recorrentes entre unha ferramenta de corte que actúa como eléctrodo e unha peza condutora, en presenza dun fluído dieléctrico. Esta descarga prodúcese nun oco (“gap”) de voltaxe entre o eléctrodo e a peza. A calor da descarga vaporiza partículas diminutas do material da peza e do eléctrodo, que seguidamente se eliminan do oco polo dieléctrico que flúe continuamente. A expansión do mecanizado por electroerosión nos últimos 45 anos deu orixe ós tres tipos principais que se enumeran a continuación, aínda que os máis utilizados son os dous primeiros.
- Electroerosión por penetración
- Electroerosión por fío
- Electroerosión por perforación (ou rectificado por electroerosión)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jameson, E. C. (2001). Electrical Discharge Machining. SME. ISBN 978-0-87263-521-0. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 15 de outubro de 2018.