Eleccións xerais de España de agosto de 1872
Eleccións xerais de España de agosto de 1872 | |
---|---|
← 1872 1873 → | |
Data | 24 de agosto de 1872 |
Tipo | Eleccións xerais en España |
Cargo elixido | deputado no Congreso dos Deputados senador de España |
Resultado da votación | |
As eleccións xerais de España de agosto de 1872 tiveron lugar o día 24 de devandito mes e ano baixo sufraxio universal masculino. Foron as terceiras e últimas eleccións convocadas durante o breve reinado de Amadeu I, cando o seu xefe de goberno, Manuel Ruiz Zorrilla, non obtivo maioría suficiente para poder formar goberno.
En total foron elixidos 391 deputados ao Congreso, ademais dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. Debido ao estalido da Terceira Guerra Carlista, o País Vasco atopábase en estado de insurrección e os carlistas controlaban parte de Aragón, Navarra e a actual Comunidade Valenciana. Así mesmo, os conservadores (que perderan o poder), os republicanos federales intransixentes e os partidarios da Primeira Internacional pediron a abstención.
Os radicais gañaron de novo as eleccións e Ruiz Zorrilla volveu formar goberno. O Presidente do Congreso dos Deputados foi Nicolás María Rivero e o presidente do Senado foi Laureano Figuerola Ballester, ambos radicais. Pero o 11 de febreiro de 1873, Amadeu I abdicou e o Congreso e o Senado, en sesión conxunta, constituíronse en Asemblea Nacional, presidida por Cristino Martos Balbi (ata o 20 de marzo) e despois por Emilio Castelar. Proclamouse a República por 258 votos contra 32, e foi nomeado primeiro presidente Estanislao Figueras, quen convocou novas eleccións para o 10 de maio de 1873.
Composición do Congreso dos Deputados logo das eleccións
[editar | editar a fonte]Partido | Escanos | Líder | ||||
Partido Radical | 274 | Manuel Ruiz Zorrilla | ||||
Partido Republicano Democrático Federal | 78 | Francesc Pi i Margall | ||||
Partido Constitucional | 14 | Práxedes Mateo Sagasta | ||||
Monárquicos afonsinos | 9 | Antonio Cánovas del Castillo | ||||
Carlistas | 3 | |||||
Republicanos unitarios | 2 | |||||
No adscritos | 11 |
Deputados por Galicia
[editar | editar a fonte]Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:[1]
A Coruña
[editar | editar a fonte]- Santiago de Andrés Moreno y García
- José María de Beranger y Ruiz de Apodaca
- Juan de Dios Bernuy Jiménez de Coca Mariscal de Alcalá del Valle
- Domingo Caramés y García
- Melchor Domenech y Domenech
- Enrique Fernández Alsina
- José Fociños de Valenzuela
- Eduardo Gasset y Artime
- Eugenio Montero Ríos
- Julián Obaya y Lloreda
- Ramón Pérez Costales
- Gaspar Rodríguez y Rodríguez
- Antonio Romero Ortiz
- Melchor Sangro y Rueda
- Victoriano Suances
- Prudencio Urcullu
Lugo
[editar | editar a fonte]- Constantino Ardanaz Undabarrena
- Rafael Coronel y Ortiz
- Antonio Ferreiro y Hermida
- José Guitián García
- Manuel López de Silva
- Román Otero Pillado
- Juan María Quiroga y Gómez de Orbán
- Augusto Ulloa y Castañón
- Manuel Vázquez de Parga Somoza y Pallares
- Ricardo Decoroso Vázquez Gómez
- Rafael Yagüe
Ourense
[editar | editar a fonte]- Julio Astray Álvarez Caneda
- Ricardo Bartolome Santamaría
- Juan de Callejón y Villegas
- Fortunato Caña y Gamero
- Castor Diéguez Amoeiro
- Aurelio Enríquez González
- Ulpiano González de Olañeta y González de Ocampo
- Alejandro González Olivares Antuñano
- Tomás María Mosquera García
- Nicolás Soto Rodríguez
Pontevedra
[editar | editar a fonte]- Antonio Aguiar Monserrat
- Saturnino Álvarez Bugallal
- Jorge Arellano
- Augusto Comas y Arqués
- Raimundo Fernández Villaverde y García Rivero
- Laureano Figuerola Ballester
- Valentín García Escudero
- Pedro González Gutiérrez
- Severino Martínez Barcia
- Francisco Pereira García
- Marcos Sanz
- Constantino Vázquez Rojo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os distritos aparecen englobados dentro da provincia correspondente
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Resultados das eleccións de 1872.
- Deputados elixidos, no histórico do Congreso dos Deputados.