El hoyo
El hoyo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El hoyo |
Director | Galder Gaztelu-Urrutia |
Produtor | Carlos Juárez Raquel Perea |
Guión | David Desola Pedro Rivero |
Intérpretes | Iván Massagué Antonia San Juan Zorion Eguileor Emilio Buale Alexandra Masangkay |
Música | Aránzazu Calleja |
Fotografía | Jon D. Domínguez |
Montaxe | Haritz Zubillaga Elena Ruiz |
Estudio | Basque Films Mr Miyagi Films |
Distribuidora | Basque Films Netflix |
Estrea | 6 de setembro de 2019 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Suspense |
Na rede | |
El hoyo é un filme español de ciencia ficción e suspense do ano 2019 dirixido por Galder Gaztelu-Urrutia[1] e protagonizado por Iván Massagué, Antonia San Juan, Zorion Eguileor, Emilio Buale e Alexandra Masangkay.[2]
O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 6 de setembro de 2019, onde gañou o premio People's Choice Award for Midnight Madness[3] e recibiu boas críticas. A estrea europea do filme tivo lugar no Festival de Cinema de Sitges o 8 de outubro de 2019. O 12 de outubro de 2019, El hoyo gañou catro premios, entre eles, o premio de mellor filme, converténdose así no primeiro filme español en gañar o premio nas 52 edicións que tivera o festival.[4]
O 26 de outubro de 2019 foi o filme que inaugurou a semana do Cinema Fantástico e de Terror de Donostia.[5] A estrea en salas comerciais tivo lugar o 8 de novembro de 2019. Netflix[6] adquiriu os dereitos do filme antes da súa estrea nos cinemas, pasando a formar parte do catálogo da plataforma a nivel mundial, agás nos países asiáticos.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Dúas persoas por nivel, un número descoñecido e vertixinoso de niveis e unha soa plataforma con comida para todos eles.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Iván Massagué como Goreng
- Antonia San Juan como Imoguiri
- Zorion Eguileor como Trimagasi
- Emilio Buale Coka como Baharat
- Alexandra Masangkay como Miharu
- Eric Goode como Sr. Brambang
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 'El hoyo', la película española que ha arrasado en todo el mundo y ha seducido a Netflix
- ↑ "«El hoyo», thriller de ciencia-ficción con Iván Massagué y Antonia San Juan". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2020.
- ↑ "'El Hoyo', película participada por RTVE, premio del Público del Festival de Toronto". RTVE (en castelán).
- ↑ "‘El hoyo’, primera película española en ganar en solitario el festival de Sitges". El País (en castelán).
- ↑ "La película 'El hoyo' inaugurará el 26 de octubre la 30 Semana de Cine Fantástico y de Terror de San Sebastián". 20 minutos.
- ↑ "El nuevo éxito del cine español que ha fichado Netflix y triunfado en Toronto". Cadena SER.