Eiffel 65
Eiffel 65 | |
---|---|
Como Bloom 06: Maurizio Lobina (esq.) e Jeffrey Jey (der.) | |
Orixe | Turín, Italia |
Período | 1998 – 2005 2010-actualidade |
Xénero(s) | Dance, Eurodance |
Selo(s) discográfico(s) | Universal Records |
Membros | Gianfranco Randone Maurizio Lobina Gabry Ponte |
Na rede | |
www.eiffel65.com | |
Eiffel 65 é un grupo italiano de música electrónica dance formado no ano 1998 na cidade de Turín. O nome de “Eiffel” foi escollido á sorte por un programa informático e o “65” apareceu publicado xunto ao nome do grupo porque, por erro, alguén non reparou que eses números facían parte dun número de teléfono que ía adxunto á demo, fixando así o nome definitivo do grupo. Os seus temas son cantados en inglés, en italiano e, por veces, nos dous idiomas.
Biografía
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]A canción que lles deu a fama en 1999 foi “Blue (Da Ba Dee)”, coa que conseguiron un nomeamento aos “Grammys” por mellor gravación dance do ano. Os seus outros primeiros éxitos foron “Move Your Body” e “Too Much of Heaven”. Estes temas e outros apareceron no seu primeiro disco Europop, no ano 1999, do que venderon máis dun millón de copias e realizaron unha xira mundial de dous anos con máis de 600 concertos[1].
Traballo posterior
[editar | editar a fonte]Tralo éxito conseguido sacaron dous álbums máis, Contact! en 2001 e Eiffel 65 en 2003, mais non acadaron o éxito do primeiro disco.
Eiffel 65 tamén fixo varios remixes de cancións doutros artistas, como o éxito de Nek "La vita è" e o de S Club 7 "Reach", principalmente entre 1999 e 2002.
En marzo de 2005, Gabry Ponte, DJ do grupo, abandonou a formación para emprender unha carreira en solitario. O 16 de maio do mesmo ano, os outros dous membros do grupo, Maurizio Lobina e Jeffrey Jey, deixaron a Bliss Corporation para continuar en por eles coa súa propia produtora. Como o nome "Eiffel 65" era propiedade da Bliss Corporation, o dúo decidiu continuar con outro nome, Bloom 06.
En xuño de 2006 naceu o grupo “Bloom 06”, formado por Maurizio e Jeffrey. No seu primeiro álbum “Crash Test 01”, utilizaron moitas das maquetas que estiveran realizando para o malogrado seguinte disco de Eiffel 65. Deste disco sacáronse os singles In The City, e Per Sempre.
Bliss Corporation confirmou que unha nova formación de Eiffel 65 faría o seu debut no verán de 2007 pero o debut foi posposto.
En xuño de 2010 publicouse na páxina web de Bloom 06 que Eiffel 65 se reuniría de novo para producir novos traballos.[2]
Compoñentes
[editar | editar a fonte]- Jeffrey Jey (nome real: Gianfranco Randone), nado o 5 de xaneiro de 1970 en Lentini, Sicilia – voz, baixo.
- Maury Lobina (previamente coñecido como Apollo, nome real: Maurizio Lobina), nado o 30 de outubro de 1973 en Asti, Piemonte – teclado, guitarra.
- Gabry Ponte (nome real: Gabriele Ponte), nado o 20 de abril de 1973 en Turín, Piemonte – produtor.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Ano | Detalles dos álbums | Máximas posicións na lista de éxitos | Certificacións | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
AUS [3] |
AUT [4] |
CAN [5] |
FIN [6] |
FRA [7] |
ALE [8] |
ITA [9] |
NC [10] |
SUI [11] |
RU [12] |
EUA [13] | ||||
1999 | Europop
|
18 | 16 | 5 | 8 | 6 | 37 | 13 | 4 | 19 | 12 | 4 | ||
2001 | Contact!
|
— | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | ||
2003 | Eiffel 65
|
— | — | — | — | — | — | 13 | — | — | — | — | ||
"—" denota que non entraron na lista de éxitos |
Singles
[editar | editar a fonte]Ano | Single | Máximas posicións na lista de éxitos | Certificacións | Álbum | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
AUS [17] |
AUT [18] |
CAN [19] |
FIN [20] |
FRA [21] |
ALE [22] |
ITA [23] |
SUI [24] |
RU [12] |
EUA [25] |
EUA Pop [26] | ||||
1999 | "Blue (Da Ba Dee)" | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 3 | 1 | 1 | 6 | 2 | Europop | |
2000 | "Move Your Body" | 4 | 1 | 4 | 10 | 1 | 4 | 1 | 2 | 3 | — | 36 | ||
"Too Much of Heaven" | 50 | 30 | — | — | 20 | 35 | 2 | 22 | — | — | — | |||
"My Console" | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | |||
2001 | "One Goal" | — | — | — | — | 37 | — | — | — | — | — | — | Contact! | |
"Back in Time" | — | — | — | — | — | — | 12 | — | — | — | — | |||
"Lucky (In My Life)" | — | 23 | 26 | — | 68 | 57 | 13 | 74 | — | — | — | |||
2002 | "80's Stars" | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | ||
"Losing You" | — | — | 10 | — | — | — | — | — | — | — | — | |||
"Cosa resterà (In a Song)" | — | — | — | — | — | — | 12 | — | — | — | — | Eiffel 65 | ||
2003 | "Quelli che non hanno età" | — | — | — | — | — | — | 5 | — | — | — | — | ||
"Viaggia Insieme a Me" | — | — | — | — | — | — | 13 | — | — | — | — | |||
"Viaggia Insieme a Me RMX" | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | |||
"Una notte e forse mai più" | — | — | — | — | — | — | 10 | — | — | — | — | Eiffel 65 2 | ||
2004 | "Voglia di Dance All Night" | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | — | ||
"—" denota que non entraron na lista de éxitos |
EPs
[editar | editar a fonte]- Episode I (2000)
- Episode II (2001)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2011.
- ↑ "australian-charts.com - Australian charts portal". australian-charts.com. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "austriancharts.at - Austria Top 40". austriancharts.at. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Eiffel 65 Album & Song Chart History: Canadian Albums". Billboard. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "finnishcharts.com - Finnish charts portal". finnishcharts.com. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "lescharts.com - Les charts portal". lescharts.com. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "musicline.de - German Chart Portal". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2011.
- ↑ "italiancharts.com - Italian charts portal". italiancharts.com. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "charts.org.nz - New Zealand charts portal". charts.org.nz. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Die Offizielle Schweizer Hitparade und Music Community". hitparade.ch. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ 12,0 12,1 "Chart Log UK: E-40 - E-Z Rollers". Official Charts Company. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Eiffel 65 Album & Song Chart History: Billboard 200". Billboard. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "ARIA Charts - Accreditations - 2000 Albums". ARIA Charts. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Canadian Recording Industry Association (CRIA): Gold & Platinum". Canadian Recording Industry Association. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2007. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "RIAA - Gold & Platinum - August 13, 2010: Eiffel 65 certified albums". Recording Industry Association of America. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "australian-charts.com - Australian charts portal". australian-charts.com. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "austriancharts.at - Austria Top 40". austriancharts.at. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Results - RPM - Library and Archives Canada: Top Singles". RPM. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "finnishcharts.com - Finnish charts portal". finnishcharts.com. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "lescharts.com - Les charts portal". lescharts.com. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "musicline.de". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2011.
- ↑ "italiancharts.com - Italian charts portal". italiancharts.com. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Die Offizielle Schweizer Hitparade und Music Community". hitparade.ch. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "Eiffel 65 Album & Song Chart History: Hot 100". Billboard. Consultado o 210-08-13.
- ↑ "Eiffel 65 Album & Song Chart History: Pop Songs". Billboard. Consultado o 2010-08-13.
- ↑ "ARIA Charts - Accreditations - 1999 Albums". ARIA Charts. Consultado o 2010-08-14.
- ↑ 28,0 28,1 "Gold/Platin–Datenbank" [Gold/Platinum Database] (en German). Bundesverband Musikindustrie. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2011.
- ↑ "BPI Certified Awards". British Phonographic Industry. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2017. Consultado o 2010-08-14.
- ↑ "ARIA Charts - Accreditations - 2000 Singles". ARIA Charts. Consultado o 2010-08-14.