Ducado de Sussex
Ducado de Sussex | |
---|---|
Primeira creación | |
Primeiro titular | Príncipe Augusto Federico do Reino Unido |
Concesión | Xurxo III do Reino Unido 24 de novembro de 1801 |
Liñaxes | Casa de Hannover |
Actual titular | Extinguido |
Segunda creación | |
Primeiro titular | Príncipe Henrique do Reino Unido |
Concesión | Isabel II do Reino Unido 19 de maio de 2018 |
Liñaxes | Casa de Windsor |
Actual titular | Príncipe Henrique do Reino Unido |
O Ducado de Sussex é un título nobiliario usado na Casa Real Británica. Foi conferido por primeira vez o 24 de novembro de 1801 ao príncipe Augusto Federico, sexto fillo do rei Xurxo III do Reino Unido e da súa esposa, a raíña Carlota.[1] Tamén foi nomeado conde de Inverness e barón Arklow no mesmo acto, títulos así mesmo pertencentes á nobreza británica.
O actual titular, tras a súa segunda creación, é o príncipe Henrique, fillo do príncipe de Gales e de Diana, princesa de Gales, a quen lle foi conferido o día da súa voda con Meghan Markle[2].
Historia
[editar | editar a fonte]Un título asociado con Sussex apareceu por primeira vez co Reino de Sussex, un reino anglosaxón, que foi anexado polo Reino de Wessex cara ao ano 827, e de aí pasou a formar parte do Reino de Inglaterra. Nos escritos os monarcas de Sussex foron referidos como Duques.
Duque de Sussex (primeira creación)
[editar | editar a fonte]Foi conferido o 24 de novembro de 1801 ao príncipe Augusto Federico, sexto fillo do rei Xurxo III do Reino Unido e da súa esposa, a raíña Carlota. Augusto Federico contraeu matrimonio con lady Augusta Murray na igrexa de San Xurxo, Hanover Square, Westminster, en 1793 e posteriormente con lady Cecilia Gore en Great Cumberland Place, Londres, o 2 de maio de 1831. Ambos os matrimonios contraviñeron a Lei de Matrimonios Reais de 1772, o cal comportaba que todos os fillos de ambas as cónxuxes serían ilexitimados. Ao non estar lexitimada tampouco a súa segunda esposa, lady Cecilia non podía ser recibida na Corte. Foi creada eventualmente, o 30 de marzo de 1840, duquesa de Inverness no seu propio dereito, pola raíña Vitoria do Reino Unido, sobriña do duque de Sussex. Como Augusto Federico non tivo descendencia lexítima, os seus títulos extinguíronse tras a súa morte, acaecida en 1843.
Duque de Sussex (segunda creación)
[editar | editar a fonte]Na súa segunda creación, o título foi outorgado pola raíña Isabel II do Reino Unido ao seu neto o príncipe Henrique[3], fillo do príncipe de Gales, o 19 de maio de 2018, data do seu matrimonio coa ex-actriz Meghan Markle.
No mesmo acto foi nomeado conde de Dumbarton e barón Kilkeel, títulos tamén pertencentes á nobreza británica.
Duques de Sussex
[editar | editar a fonte]- Príncipe Augusto Federico, I duque de Sussex (1773–1843).
- Príncipe Henrique, II duque de Sussex (1984).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ London Gazette, 24 de noviembre de 1801, página 1403
- ↑ "Prince Harry and Ms. Meghan Markle: Announcement of Titles".
- ↑ Mirror