Dibamus
Dibamus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Dibamus é un xénero de réptiles escamosos da suborde dos lacertilios, unha das dúas integradas, canda Anelytropsis, na familia dos dibámidos,[1][2] que, á súa vez, e a única incluída na infraorde dos dibamios,[3] da que é o seu tipo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1839 polo zoólogo e naturalista francés André Marie Constant Duméril e polo tamén zooólogo francés, especializado en herpetoloxía, Gabriel Bibron,[1][4] na súa obra Erpétologie générale ou histoire naturelle complète des reptiles. Tome cinquième [Volume 5]. París: Roret.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Os nome científico Dibamus, está tirado do grego antigo διβάμος dibámos, "de dúas patas",[5] aludindo a que as súas especies só presentan dúas diminutas patas.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo The Reptile Database, na actualidade recoñécense dento do xénero as 24 especies seguintes:[6]
- Dibamus alfredi Taylor, 1962
- Dibamus bogadeki Darevsky, 1992
- Dibamus booliati Das & Yaakob, 2003
- Dibamus bourreti Angel, 1935
- Dibamus celebensis Schlegel, 1858
- Dibamus dalaiensis Neang et al., 2011 [7]
- Dibamus deharvengi Ineich, 1999
- Dibamus dezwaani Das & Lim, 2005
- Dibamus floweri Quah et al., 2017 [8]
- Dibamus greeri Darevsky, 1992
- Dibamus ingeri Das & Lim, 2003
- Dibamus kondaoensis Honda et al., 2001
- Dibamus leucurus (Bleeker, 1860)
- Dibamus manadotuaensis Koppetsch et al., 2019
- Dibamus nicobaricum Steindachner, 1867
- Dibamus novaeguineae Duméril & Bibron, 1839
- Dibamus seramensis Greer, 1985
- Dibamus smithi Greer, 1985
- Dibamus somsaki Honda et al., 1997
- Dibamus taylori Greer, 1985
- Dibamus tebal Das & Lim, 2009
- Dibamus tiomanensis Diaz et al., 2004
- Dibamus vorisi Das & Lim, 2003
Características
[editar | editar a fonte]Os dibámidos caracterízanse polo seu corpo delgado, cilíndrico, alongado e por unha aparente falta de extremidades.[9] A femias carecen completamente de extremidades, e os machos presentan só as extremidades posteriores, moi pequenas e con forma de aleta, que utilizan para agarraren a súa parella durante o apareamento.[9][10]
O seu cranio está rixgidamente fusionado, carecen de dentes pterigoides e de oído externo. Os seus ollos están moi reducidos e cubertos por unha escama.[10] Desbido a esta últimas característica son coñecidos na bibliografía internacional co nome vulgar de lagratos cegos (do inglés blind lizards).
Bioloxía e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Os dibámidos habitan en México, o sueste asiático, nas illas Filipinas e no oeste de Nova Guinea.[11] Son pequenos lagartos insectívoros, de corpo longo e delgado, adaptados para escavaren no solo.[11] Polo xeral, poñen un só ovo, cunha casca dura e calcificada, en lugar das cascas coriáceas típicas de moitos outros grupos de réptiles.[10][12]
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Recentes análises filoxenéticas sitúan aos dibámidos como un clado irmán de todos os outros lagartos e das serpes. [13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Family Dibamidae Boulenger, 1884 en The Taxonomicon.
- ↑ Dibamidae Boulenger, 1884 no ITIS.
- ↑ Monotypic taxon: Suborder Dibamia Gasc, 1968 en The Zoonomen.
- ↑ Dibamus Duméril and Bibron, 1839 no ITIS.
- ↑ Dibamus en: Jaeger, Edmund C. (1944): Source-book of biological names and terms. Springfield: Charles C. Thomas, p. 71.
- ↑ Dibamia na TRD.
- ↑ Neang, T.; Holden, J.; Eastoe, T.; Seng, R.; Ith, S. & Grismer, L. L. (2011): "A new species of Dibamus (Squamata: Dibamidae) from Phnom Samkos Wildlife Sanctuary, southwestern Cardamom Mountains, Cambodia". Zootaxa 2828: 58-68.
- ↑ Dibamus floweri Quah, Anuar, Grismer, & Grassby-Lewis, 2017 en The Reptiles Database.
- ↑ 9,0 9,1 Vitt, Laurie J.; Caldwell, Janalee P. (2014). Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles (4th ed.). Amsterdam. ISBN 978-0-1238-6919-7. OCLC 839312807.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Greer, Allen E. (1985). "The Relationships of the Lizard Genera Anelytropsis and Dibamus". Journal of Herpetology 19 (1): 116–156. ISSN 0022-1511. JSTOR 1564427. doi:10.2307/1564427.
- ↑ 11,0 11,1 Pough, F. Harvey (18-11-2015). Herpetology (Fourth ed.). Sunderland, Massachusetts, USA. ISBN 978-1-6053-5233-6. OCLC 908397943.
- ↑ Cogger, Harold G.; Zweifel, Richard George, eds. (1998). Encyclopedia of Reptiles & Amphibians (2nd ed.). San Diego, California. ISBN 0-1217-8560-2. OCLC 39559811.
- ↑ Tonini, João Filipe Riva; Beard, Karen H.; Ferreira, Rodrigo Barbosa; Jetz, Walter; Pyron, R. Alexander (01-12-2016). "Fully-sampled phylogenies of squamates reveal evolutionary patterns in threat status". Biological Conservation. Advancing reptile conservation: Addressing knowledge gaps and mitigating key drivers of extinction risk 204: 23–31. ISSN 0006-3207. doi:10.1016/j.biocon.2016.03.039.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dibamus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Greer, A. E. (1985): "The relationships of the lizard genera Anelytropsis and Dibamus". Journal of herpetology, 19 (1): 116–156. Resume
- Townsend, T. M.; Larson, A.; Louis, E. & Macey, J. R. (2004): "Molecular phylogenetics of Squamata: the position of snakes, amphisbaenians, and dibamids, and the root of the squamate tree". Systematic biology, 53 (5): 735–757. doi 10.1080/10635150490522340 Amplo resume.
- Townsend, T. M.; Leavitt, D. H. & Reeder, T. W.(26 de xaneiro de 2011): "Intercontinental dispersal by a microendemic burrowing reptile (Dibamidae)". Proceedings of the Royal Society (B) Amplísimo resume.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dibamidae na ADW.
- Dibamid Lizards. Dibamidae na EOL.