Saltar ao contido

Cuadríceps

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Músculo cuadríceps femoral
Músculo cuadríceps femoral.
Músculo cuadríceps femoral (animación).
Latín 'musculus quadriceps femoris'
Gray's pág.470
Sistema Muscular
Arteria Arteria femoral
Nervio(s) Nervio femoral
Precursor Extensión de perna
MeSH Quadriceps+Muscle

O músculo cuadríceps femoral ou simplemente cuadríceps [1](denominación científica: musculus quadriceps femoris )[2] é o músculo máis potente e voluminoso de todo o corpo humano. É o que soporta o noso peso e permítenos andar, camiñar, sentar e correr. Denomínase cuadríceps por ter catro testas musculares. Atópase na cara anterior do fémur.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Músculos que o compoñen e a súa orixe

[editar | editar a fonte]
  • Músculo recto femoral ou recto anterior: Cobre o vasto intermedio e parte dos vastos medial e lateral. Orixínase na espiña ilíaca anteroinferior e cella cotiloidea, ambas as dúas no óso coxal.
  • Músculo vasto medial ou vasto interno: Cara antero-medial (cara á liña media ou cara interna) da coxa. Insérese na patela (rótula) e tibia. Ten unha orixe extensa que vai desde a parte distal (extremo medial inferior) da liña intertrocantérea até o labio medial da liña áspera, ambas as liñas pertencentes ao fémur.
  • Músculo vasto lateral ou vasto externo: Cara antero-lateral (cara externa) da coxa. Orixínase na parte superior da liña intertrocantérea, no trocánter maior, e bordo lateral da liña áspera.
  • Músculo vasto intermedio ou crural, situado entre os dous anteriores, na cara anterior do fémur e por baixo do recto femoral. É o máis profundo dos 4 ventres do cuadríceps. Orixínase nos dous terzos superiores das caras anterior e lateral do fémur.
Músculo cuadríceps femoral

Inserción

[editar | editar a fonte]

O catro ventres converxen e forman un tendón moi groso e potente chamado tendón do cuadríceps (ou cuadricipital), o cal se insere na base e costados da rótula. Logo este tendón pasa a constituír o ligamento ou tendón rotuliano, o cal vai desde o vértice da rótula até a tuberosidade anterior da tibia.

Os cuadríceps son potentes extensores do artellamento do xeonllo. Son cruciais para camiñar, correr, saltar e porse en crequenas. Debido a que o recto femoral liga co óso ilio, tamén é un flexor da cadeira. Esta acción tamén é crucial para camiñar ou correr, xa que balancea a perna cara a adiante no seguinte paso. Os cuadríceps, especificamente o vasto medial, desempeñan a importante función de estabilización da rótula e o artellamento do xeonllo durante a marcha.[4]

Innervación

[editar | editar a fonte]

Nervio crural ou femoral (L2-L4).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cuadíceps.
  2. Vocabulario de medicina, Santiago de Compostela, Universidade / Consellería de Sanidade, 2008; Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  3. Gray´s Anatomy para Estudiantes. Elsevier. ISBN 9788481748321. 
  4. Therapeutic Exercises, Carolyn Kisner & Lynn A. Colby, 5th ed. (2002) 692-93. (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]