Saltar ao contido

Conversa Wikipedia:Libro de estilo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquivos
1, 2

Variantes galegas - forma máis recomendable

[editar a fonte]

Se ben para as variantes galegas sempre se procura respectar a escolla do primeiro editor cando hai dúas formas válidas, dende hai un tempo veño observando que en ocasións corríxense variantes das que o RAG indica que hai unha "forma máis recomendable". Propoño xa que logo engadir isto na sección de variantes galegas da seguinte forma (marcado aquí en negras):

A Galipedia segue a normativa oficial do galego da RAG. Debido ás reformas producidas no ano 2003 na normativa, existen casos nos que hai dúas ou máis opcións válidas para a escrita dunha palabra. Cando o RAG indica unha forma máis recomendable para varias opcións válidas, optaráse pola opción máis recomendable indicada. Para o resto de variantes a norma aplicada dentro da Galipedia consiste en respectar as decisións do primeiro editor do artigo. Deste xeito, conservaranse ao longo dos artigos as solucións do tipo ó/ao, -ble/-bel, -ería/-aría ou Galicia/Galiza escollidas polo primeiro editor simplemente por motivos de coherencia. Se se fai un cambio dun amable por un amábel, ou viceversa, esta modificación será revertida. Convén lembrar que ambos os adxectivos son correctos, e non hai preferencia nin por un nin polo outro máis ca a que teña o usuario orixinal.

Banjo tell me 11 de outubro de 2018 ás 17:43 (UTC)[responder]

Discordo. Por aquilo de manter a variedade lingüística. --. HombreDHojalata.conversa 11 de outubro de 2018 ás 19:46 (UTC)[responder]
Eu opino o mesmo que HombreDHojalata. Sinceramente, acho que optar por este tipo de solucións limita enormemente a liberdade dos editores no seu traballo. O idioma non debe ser conducido cara a unha dirección concreta por un interese determinado, aínda que sexa coa mellor intención. Saúdos --Castelao (conversa) 12 de outubro de 2018 ás 06:08 (UTC)[responder]
Razonable... Non o vira dende ese aspecto. Deixámolo estar logo. Banjo tell me 12 de outubro de 2018 ás 07:04 (UTC)[responder]
Concordo coa visión xeral de respectar a decisión do primeiro editor. Así e todo quedan aqueles casos nos que o primeiro editor emprega dúas solucións diferentes, neses casos parece obvio que hai que harmonizar. No caso de haber unha forma abrumadora no texto o lóxico é elixir esta última. Pero para os casos de existir no mesmo texto dúas solucións máis o memos parellas elixe o editor que harmoniza pero penso que é nestes casos cando se pode seguir o criterio da RAG e empregar as formas máis recomendables. Así se dende o comezo hai terminacións en -ería e -aría ( a cantidade é o de menos a non ser que unha forma sexa abrumadora, quitando claro os casos de formas obrigatorias en -ería ou -aría) e aplicando o criterio das NOMIG ( "A forma -aría, maioritaria no galego medieval, era o resultado fonético regular da correspondente latina -ARÍA. Por iso debe dárselle preferencia a esta solución") si que se debería harmonizar en -aría. E así para o resto das formas máis recomendables segundo o DRAG.--HacheDous=0 (conversa) 12 de outubro de 2018 ás 11:39 (UTC)[responder]

Formato das datas

[editar a fonte]

Despois de ver que a inclusión automática de citas non parece seguir unha norma, e tendo en conta que eu, de xeito persoal, fóra da wikipedia, uso un formato que está sendo corrixido cando é usado polo citador automático, coido que debemos continuar a tratar o tema, que quedou sen cerrar. Pero como está arquivado, e non se pode argallar no arquivo, paso aquí abaixo unha copia e engado un comentario abaixo.--Agremon(contacto) 22 de xaneiro de 2019 ás 10:05 (UTC):[responder]

Ola a todos!

Decateime fai tempo de que non hai, aparentemente, un formato fixo para escribilas datas. Por exemplo, nas datas das citas, moitas delas as de publicación dun xornal de referencia. Ao principio facíano seguindo o formato dd/mm/aaaa (o que sempre empreguei na miña vida privada), pero corrixíronmo nalgúns artigos por dd-mm-aaaa nas citas, e por [día de nome de mes] de [ano] no corpo do artigo. Desde entón, fagoo así. Pero, acaban de modificar de novo un artigo que estou escribindo polo formato [día en número] de [nome de mes] de [ano].

Por outra banda, fixen un levísimo rastrexo en outros artigos e vexo formatos de tódolos pelaxes: dd.mm.aaaa, aaaa/mm/dd, [día de nome de mes] do [ano], etc... etc...

Busquei na Taberna algunha discusión sobre o tema, pero, salvo erro, non o vexo. Coido que, se non hai nada decidido, habería que ter un criterio xeral definido, para que non nos embarquemos en guerras de modificación de formatos de datas.

A miña proposta é a de manter, evidentemente, o sistema que estaba agora a seguir (para algo acostumeime). É dicir:

  • no corpo do texto empregar a forma "día de mes" de "ano" (16 de decembro de 2014)
  • nas citas, sobre todo para definir datas de xornais ou de publicacións, a forma dd-mm-aaaa (16-12-2014)

Que opinades?--Castelao (conversa) 16 de decembro de 2014 ás 12:21 (UTC)[responder]

Moi acertado, Castelao, sacando este tema. Eu, en notas ao pé, "consultado ó ..." etc, prefiro 1/1/2014 a 1-1-2014. Nótese que debe quedar especificado, penso, que as cifras que non teñen decimais non se completan con ceros á esquerda (01/01/2014).
Como curiosidade, a norma ISO 8601 establece orden descendente, 2014.01.01 (igual que en hora-minuto-segundo) que permite a ordenación automática de varias datas.
Tamén podemos engadir ao debate o formato para indicar (nos nomes dos artigos, nos nomes das categorías e mesmo no corpo dos artigos) os períodos de tempo "antes de Cristo" que Judcosta estivo movendo recentemente do formato Século -I a Século I AEC etc.
Se acadamos un consenso, levalo á práctica pode ser un bo traballo para o bot Shyde.
Unha recomendación: dar unha volta polos libros de estilo das wikis que xa teñen especificacións nisto (d:Q4994848).--. HombreDHojalata.conversa 16 de decembro de 2014 ás 17:58 (UTC)[responder]
E por que usar un formato de data distinto para os artigos e para as citas? Eu poría o mesmo formato nos dous sitios, 16 de decembro de 2014.
Usar AEC non me parece moi correcto porque non é coñecido. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de decembro de 2014 ás 00:14 (UTC)[responder]
No referente ás datas no texto, é obvio optar pola "forma completa" (DD de MES de AAAA), entendo eu. No das referencias, por unificar, estou con Elisardojm, coido que o máis sinxelo sería optar pola completa, xa que non temos os "problemas de espazo" que si aparecen nas publicacións impresas. Finalmente, no de AEC tamén estou con el: trátase dun formato absolutamente estraño ás publicacións en galego, ou canto menos moito menos extendido que o de a. C. (con espazo antes do C, que é o correcto) ou semellantes. As formas do tipo Século -XX tampouco penso que sexan especialmente correctas, mais entendo que se non hai consenso habería que mover (un administrador) os Século XX AEC aos Século -XX anteriores, segundo o criterio do primeiro editor que empregamos en ausencia de norma. Finalmente, eu faría unha votación con estes cambios e os mencionados en secciones anteriores, para que participara máis xente. Saúdos! --Norrin (Fálame) 17 de decembro de 2014 ás 07:50 (UTC)[responder]
Seguindo a recomendación de HombreDHojalata, botei un vistazo ás wikis de castelán, inglés e catalá. As dúas primeiras teñen normas no emprego das datas e a última, non (cando menos no Manual de Estilo).
Coido que a máis completa é a castelá (https://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Manual_de_estilo#Fechas), e sobre todo é a más semellante ao noso eido cultural neste aspecto que estamos discutindo. Redirixe o castelán finalmente ao "Diccionario Panhispánico de dudas" [DPD] (http://lema.rae.es/dpd/?key=fecha), e perdoade que a cite pero non coñezo o seu equivalente da RAG. Tal como dicides, recomendan a forma "17 de decembro de 2014", sen diferenciar entre corpo principal e citas. Pero, tamén se fala de que "para abreviar" pódese empregar a forma "17-1-2014" ou "17.1.14" ou "17/1/2014" ou "17/I/2014" (poño o mes de xaneiro para decatarnos que descártase engadir un 0 á esquerda, tal como dicides).
Poderíamos preguntarnos o porque de non empregar fórmulas como as anglosaxonas (decembro 17 de 2014) ou a que recomenda a ISO (2014 decembro 17, sen preposicións). A primeira coido que énos moi extraña e suscitaría moita confusión. A segunda, tal como reflicte o DPD, é "un modelo que só debe empregarse en documentos de carácter científico ou técnico de circulación internacional". As wikis teñen unha vocación divulgativa, non científica (ao marxe do resultado real de moitos artigos). Por iso desbotaría estas dúas opcións.
Por tanto, creo que, ao menos no corpo principal, deberíamos empregar o modelo "17 de decembro de 2014", tal como semella que a maioría de nós xa facemos.
A miña variante ven polas citas. Coido que, con motivo da pretendida brevidade e comodidade á hora de dixitar datas recurrentes, sobre todo as que seguen ás que identifican unha edición concreta dun xornal ou dunha revista, deberiamos empregar unha variante abreviada nas citas. Pero, non en tódala cita. Por exemplo, unha cita podería ser:
1. "''Fixo o que quixo o [[17 de decembro]] de [[2014]] e logo botuse unha sesta" ([[Gaceta de Galicia]], 17-12-2014, p. 2).
Por tanto, a abreviatura propóñoa non no que é nos textos aclaratorios das citas, senon só para as datas identificativas de edición.
O modelo da fórmula abreviada das citas é outra cousa que, caso de ser aceptada, teríamos que concordar. Na miña opinión desbotaría o modelo 17.1.2014, porque emprega un signo de puntuación moi extendido, pode ser confuso e é minoritario (na miña experiencia). Estaría entre o modelo 17-1-2014 e o modelo 17/1/2014.
Estas son as miñas observacións. Pero, coma sempre, seguro que moitos de vos tedes moita máis información e sabedes de outros manuais de estilo en galego aos que eu non sei chegar. Saúdos! --Castelao (conversa) 17 de decembro de 2014 ás 08:18 (UTC)[responder]
Eu optaría por escoller o formato a. C. para o tema dos séculos posto que é o máis usado e queda mellor que Século -I. --AMPERIO (conversa) 31 de decembro de 2014 ás 10:35 (UTC)[responder]
Ola, non atopo o resultado desta discusión incorporado ao libro de estilo e non dou localizado ningunha páxina de axuda que fale del ou votación ao respecto. Poderíades dicirme como quedou o do formatos das datas nas citas? Moitas grazas--Maria zaos (conversa) 1 de agosto de 2018 ás 10:20 (UTC)[responder]
Maria zaos, este tema non se pechou e quedou pendente. Eu o que recomendo é que dentro dun artigo o formato sexa coherente, é dicir, que tódalas datas das referencias estean con dd-mm-aaaa ou dd/mm/aaaa, sen mesturar unhas e outras, e que no texto a data estea en formato estendido, é dicir, "día de mes de ano". Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de agosto de 2018 ás 10:46 (UTC)[responder]

---

Retomando o tema, uso a ISO de xeito particular (na forma condensada, 20190122). E comprendo que é moi minoritaria, pero non por iso debe desbotarse mesmo a forma 2019/01/22 nos artigos ou citas de tema científico ou tecnolóxico, tendo en conta ademáis que mesmo é homologada polo Diccionario Panhispánico de Dudas. --Agremon(contacto) 22 de xaneiro de 2019 ás 10:05 (UTC)[responder]

Miguel de Cervantes

[editar a fonte]

Aínda que non ten ningunha relevancia para o tema que se trata non estaría de máis cambiar o exemplo de Cervantes. Non perdeu ningunha man, só perdeu a mobilidade desta. Saúdos. Nonsonninguen (conversa) 19 de agosto de 2020 ás 09:54 (UTC)[responder]

Pequenas correccións nos exemplos de seccións en código wiki

[editar a fonte]

Boas, nas nosas páxinas de axuda, ao igual que as doutras moitas doutras wikipedias aparecen exemplos do código wiki para crear seccións por niveis. Pódese comprobar nelas que o texto sería: == Cabeceira nivel 1 == ; === Cabeceira nivel 2 === etc. Nos exemplos da nosa política non aparecen os espazos logo do primeiro par de signos de igual e antes do segundo grupo. Convén cambialos para dar coherencia, expoño as razóns:

  1. Técnicas: se ben o duplo igual non o atopei nos listados de caracteres especiais, os exemplos do manual de mediawiki aparecen cos espazos. Se alguén coñece unha razón máis precisa, que o achegue aquí.
  2. De coherencia: revisei dez artigos de calidade ao chou e usan os espazos logo dos iguais; na propia guía de referencia rápida na Galipedia tamén se usan, ao igual que na guía de edición
  3. Por tradición editora: revisando as prácticas de varias persoas veteranas na edición en Galipedia vin o uso dos devanditos espazos. Tamén o bot de correción de BanjoBOt 2.0 xa facía estas correccións en 2016.

Por todas estas razóns considero xustificado modificar esa parte do texto da política xa que é un texto de consulta frecuente que pode levar a equívocos nas persoas que se inician na edición. Este é un cambio menor que non afecta a filosofía ou o groso do texto que recolle a política. Quen queira opoñerse, por favor, que expoña as razóns neste fío, que para tal cousa o abro. Se alguén coñece algún outro texto do espazo de nomes de Wikipedia que non inclúa os devanditos espazos e que debería ser cambiado, por favor, que o indique tamén aquí. Moitas grazas. Maria zaos (conversa) 30 de xuño de 2022 ás 21:18 (UTC)[responder]