Conversa:Chuca
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]Parece ser que tabas é un castelanismo e que o nome deste xogo en galego sería chuca, polo que habería que facer as correccións pertinentes no texto e mudar o nome do artigo.--Servando2 (Dime) 23:49, 13 abril 2009 (UTC)
A chuca xógase en Galicia pero non é especificamente galego.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 18:00 (UTC)
- O DRAG marca expresamente taba como forma incorrecta, non se pode poñer chamado tamén taba, xa que logo teriamos que poñer por exemplo en polbo chamado tamén pulpo que é o que se di realmente en toda Galicia.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 19:49 (UTC)
- Non vexo porqué non se pode incluír denominacións alternativas con múltiples referencias publicadas, por moito que a DRAG marque unha delas como incorrecta. Que se empregue como principal a que a DRAG marca como boa tanto no título coma no corpo e desenvolvemento do artigo si, pero non por iso deixa de ser interesante indicar cómo fontes secundarias publicadas fan ou fixeron no seu momento referencia ó tema do artigo. O mesmo para polbo-pulpo ou calquera outro. ☣Banjo tell me 20 de setembro de 2016 ás 20:07 (UTC)
- Basicamente penso eu por ser esta unha enciclopedia en galego, poderíase indicar que o castelanismo taba é de uso xeral pero non se pode dicir tamén chamado (enténdese que en galego xa que é unha enciclopedia en galego) taba, xa que non é correcto. Pero iso suporía encher a Galipedia de castelanismos e vulgarismos, en moitas zonas e moitos falantes de galego empregan a forma huevo ou muela por ovo e moa, imos tamén incluír esas formas nos artigos?--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 20:27 (UTC)
- De continuar a discusión penso que sería mellor seguir na Taberna, é unha cuestión que vai máis alá dun artigo en concreto.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 20:33 (UTC)
- Se hai referencias fiables e publicadas en galego a esas formas alternativas, castelanismos ou non, non vexo porqué non se poden ou porqué non se deberían incluír. Trasládao alí entón si, cantas máis opinións mellor. ☣Banjo tell me 20 de setembro de 2016 ás 20:35 (UTC)
- De continuar a discusión penso que sería mellor seguir na Taberna, é unha cuestión que vai máis alá dun artigo en concreto.--HacheDous=0 (conversa) 20 de setembro de 2016 ás 20:33 (UTC)
Que alguén que coñeza mais me corrixa pero tras ler a descrición do xogo dos pelouros que aparece na obra que se marca como referencia máis ben parece unha variante moi concreta da chuca e non un sinónimo de chuca. Pode ser tamén que a propia fonte por ser dunha zona moi concreta non o deixe claro.--HacheDous=0 (conversa) 21 de setembro de 2016 ás 14:17 (UTC)