Saltar ao contido

Contraventá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiestra galega coas contras cara a dentro da vivenda.
Reprodución dunha contra galega da época castrexa nunha vivenda no Castro de Vigo.

Unha contra ou contraventá[1] é unha porta pequena que se pon detrás das fiestras para impedir o paso da luz[2].

As contras van incorporadas pola parte exterior do muro (Francia, País Vasco, Cataluña...) ou a rentes da parede interior da casa (Galicia, Reino Unido), fíxanse ao muro mediante gonzos ou bisagras. Teñen unha función semellante á persiana mediterránea: impedir o paso da luz ou a calor.

En Galicia é a forma de impedir o paso da luz no interior das casas nas vivendas tradicionais. Aos poucos foi sendo substituída pola persiana mediterránea. As contras galegas son de madeira, ábrense en dous batentes cara ao interior da casa, xa que é a fiestra a que fica a rentes do muro exterior para que a auga esvare pola fachada. Este tipo de disposición da contra e da ventá dáse noutras zonas de climas semellantes como o Reino Unido. En zonas algo menos chuviosas como o resto de España, Francia ou Alemaña a contra sitúase por fóra protexendo a fiestra que está no interior da soleira.

Materiais

[editar | editar a fonte]

Os materiais máis comúns de fabricación das contras son os seguintes:

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Pola súa estrutura, as contras poden ser:

  • Opacas
  • De batentes fixas
  • De batentes móbiles, que se activan por un mecanismo que as inclina en dous posíbeis sentidos
  • Tamén poden ser dunha soa batente, de varias follas prefolla ou de varias follas pregábeis.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
  2. "Definición no Portal das Palabras da RAG". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 21 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]